Chorar no pleno

Chorar no pleno.

Este venres(16/11/2012), como moitos e moitas de vos saberedes sobre todo pola prensa, celebrouse un pleno polémico no concello de Ribadumia. Foi polémico e foi difícil. A prensa centrou o asunto nas protestas das traballadoras Seguir lendo

Publicado en Cousas de Ribadumia, cousas miñas, politica xeral | Deixar un comentario

420.000 € de terra morta

420.000 euros. 72.000.000 das antigas pesetas. Esa é a cantidade que o PP de Ribadumia vai gastar en comprar uns terreos para logo facerlle (a deputación) un campo de fútbol novo o C.D. Ribadumia.  Cando o escoitei quedei parvo. Seguir lendo

Publicado en Cousas de Ribadumia, cousas miñas, politica xeral | 1 comentario

Casilledin

 

Esta e parte do noso fantastico equipo de Billarda, o “Casilledin do Umia”. Estamos moi orgullosos do exito que estamos tendo, non nos resultados, que van mellorando eu diria que sin querer,  pero si na posta en valor do xogo no meu concello, Ribadumia, pois cada vez que hai xornada, non sei como é, pero sumanse un par de persoas máis.  Pareceme unha maravilla ver as nais xogando cos seus fillos e maridos, disfrutando os máis vellos tanto ou máis que os máis novos… Ademais este é con diferencia o equipo mais ruidoso, verbeneiro e divertido  de toda a liga…..

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Reflexión


Reflexionar: Centrar o pensamento nunha cousa e analizala detidamente.

   Moito se vai falar estes días ( xa se esta falando, de feito), sobre reflexionar.  Sobre reflexionar, estudar, meditar,  facer Seguir lendo

Publicado en Cousas de Ribadumia, cousas miñas, politica xeral | Deixar un comentario

Dos datos e das mentiras (II. Ribadumia)

http://resultados.elpais.com/elecciones/2012/autonomicas/11/36/46.html

Os resultados destas últimas eleccións en Ribadumia, tamén piden atención.  A abstención subiu do 18,71% o 27,12%, case dez puntos porcentuais. A suma de voto nulo máis branco disparouse do 1,66% o 5,72%. Ademais disto, o apoio a partidos que finalmente non sacaron representación ( o considerado voto inútil,  cuxo   partido máis  votado sacou 88 votos), pasou de 76 a 222 votos, absorbendo así o 10% das papeletas.

A realidade electoral de Ribadumia é que de 4122 persoas chamadas a votar, 1510 (máis das que votaron o PP) mostraron dalgún xeito o seu descontento co sistema que temos, ben non votando ou ben facéndoo en branco, nulo ou apoiando a opcións moi minoritarias. Un dato moi preocupante.

Falando de partidos o PP tamén baixou en Ribadumia, de 1760 a 1469, unha baixada de mais de 4 puntos porcentuais, catro veces a baixada do PP en Galicia. A luz de Rafa Louzán estase apagando.

EN RIBADUMIA, SOMENTES O 35,63% (UN TERCIO) DAS PERSOAS APOIARON O PP. E DOS QUE FORON VOTAR, SOMENTES A METADE VOTOU PP.

PODEMOS CONCLUIR QUE O PP EN RIBADUMIA ESTA MOI LONXE DE TER O APOIO MAIORITARIO DOS NOSOS VECIÑOS E VECIÑAS. E ESA CIFRA BAIXA CADA DIA QUE PASA.

E MENTIRA QUE Ó PP O APOIE A MAIORIA DOS VECIÑOS DE RIBADUMIA. UNHA MENTIRA É UNHA ESTAFA ELECTORAL OS NOSOS VECIÑOS E VECIÑAS.

O PSOE foi o partido dos tres (PP, PSOE e BNG) que mais baixou, de 903 a 519, 10 puntos porcentuais. O BNG perde 120 apoios, pasando de 401 a 281, e quedando relegado a cuarta forza no concello.

A Alternativa Galega de Esquerda (AGE) entrou con forza no noso concello, capitalizando moito voto descontento, que estou seguro que doutro xeito quedaría na casa, xerando moita ilusión nos que participamos na campaña e dando forza a un cambio necesario na política deste pais, que agora hai que levar o parlamento galego, pero tamén  os concellos. Un cambio no xeito de facer as cousas do que algunhas persoas xa levabamos tempo falando. Este apoio a AGE materializouse en 343 votos, o 12% do total, 2 puntos por riba do BNG. Un resultado fantástico.

É MENTIRA QUE EN RIBADUMIA A ESQUERDA NON TEÑA FORZA, E QUE SEXAMOS TODOS PEPEROS.

 EN RIBADUMIA, A PESARES DA GRAN CANTIDADE DE VOTO CAUTIVO POLAS CACICADAS DO PP QUE XA TODOS COÑECEMOS,  E SEN A CAL OS RESULTADOS ELECTORAIS SERIAN MOI DISTINTOS, A METADE DAS PERSOAS QUE VOTAN ESTÁ EN CONTRA DAS POLITICAS DO PP.

Publicado en Cousas de Ribadumia, cousas miñas, politica xeral | Etiquetado , , | 2 Comentarios

Dos datos e das mentiras (I. Galicia e o PP)

 

 

 

Pasaron as eleccións e a prensa encheunos de datos, pero ocultos por uns titulares terriblemente enganosos. É importante analizar os resultados e comparalos cos do ano 2009, para entender o que pasou onte en Galicia.

http://resultados.elpais.com/elecciones/2012/autonomicas/11/

En primeiro lugar, a abstención en Galicia, pasou dun 35,57% o 36,2%, menos dun punto porcentual. Puidera  parecer que se mantivo, pero resulta que a suma de  votos nulos e brancos, pasou do 2,55% o 5,24%. Así que podemos dicir que con respecto a fai catro anos, o descontento aumentou un 12%.

 O 41,44% DOS GALEGOS E GALEGAS (CASE A METADE)  OU NON VOTOU, OU VOTOU NULO OU BRANCO.

Unha barbaridade.

Se imos os resultados dos partidos, o PP, ese partido que anda a presumir do enorme apoio dos galegos, perdeu 135.493 votos con respecto o ano 2009. 135.493 persoas menos que votaron o PP. Iso déixaos un 45,72% de votos. E iso significa que menos da metade de persoas que foron a votar, apoiou o PP.

Entón:

¿OBTIVO O PP MAIS APOIO DOS GALEGOS E GALEGAS QUE FAI CATRO ANOS?

NON. ISO É MENTIRA.

  A REALIDADE DA “GRAN” MAIORIA DO PP É QUE DE 2.300.435 PERSOAS CON DEREITO A VOTO, SOLO APOIARON O PP 653.934 PERSOAS, O 28,45%, POUCO MAIS DA CUARTA PARTE.

¿Cómo pode ser que un partido goberne con maioría absoluta, cando solo ten  a cuarta parte do apoio da poboación?

Gracias a lei D´Hondt, e gracias  a que PP e PSOE  non queren cambiar un sistema que os favorece. O que é triste é que inda por riba o recen electo presidente Feijoo saia na prensa presumindo de maioría, e de ter máis respaldo por parte da cidadanía, sabedor de que a consigue perdendo unha cantidade de votos equivalente o 5% da poboación con dereito a voto.

QUE NON VOS ENGANEN, O PP VAI GOBERNAR GALICIA SEN TER NIN DE LONXE O APOIO DA MAIORÍA DOS GALEGOS.

NIN SIQUERA DA METADE DOS GALEGOS. 

DA CUARTA PARTE E POUCO MÁIS….. 

E ESO NON É UNHA MAIORIA, E UNHA ESTAFA ELECTORAL.

….Compartideo porque é importante que se sepan estas cousas….

Publicado en Cousas de Ribadumia, politica xeral | Etiquetado , , | Deixar un comentario

Do voto inútil

Esta tarde un bo amigo e mais eu falamos do asunto este do voto útil, se votar o partido co que mais concordemos inda que non vaia a sacar representación ou se é  mais responsable votar e reforzar a un partido que sexa o mais próximo posible o noso ideario ….

Nunha democracia mais xusta e con menos partidos farsantes, eu diríalle directamente que o que hai é que votar o Seguir lendo

Publicado en Cousas de Ribadumia, politica xeral | Etiquetado , , , , , , | Deixar un comentario

Da importancia de votar. (e de porque o PP non quere que votes)

Da importacia de votar. (e de porque o PP non quere que votes)

En Galicia, non ir a votar o dia 21 de Outubro, ou votar en branco ou nulo significa votar o PP. E voume explicar.

Estes días falase moito da abstención e dos indecisos a hora de ir a votar. Creo que hai moitísimas persoas que non
Seguir lendo

Publicado en Cousas de Ribadumia, politica xeral | Etiquetado , , , , | Deixar un comentario