420.000 € de terra morta

420.000 euros. 72.000.000 das antigas pesetas. Esa é a cantidade que o PP de Ribadumia vai gastar en comprar uns terreos para logo facerlle (a deputación) un campo de fútbol novo o C.D. Ribadumia.  Cando o escoitei quedei parvo. Pero mellor empezo a historia polo principio. E  algo longa, pero interesante.

Fai uns anos o PP fíxolle un campo de fútbol novo o C.D.Ribadumia, e a algúns figuras, entre elas o señor Louzán, non se lles ocorreu mellor cousa que facer o campo de herba natural. A herba natural ten uns coidados que  a parte de caros son delicados,  e en canto o  campo entrou en uso quedou en evidencia o que xa sabiamos, que un campo de herba natural non se pode usar a diario. Pasaron os anos e o deterioro do campo foi a máis. E a directiva do club de fútbol reclamou a Louzán solucións. Como o señor presidente da deputación lle importa moito a opinión publica, pediulle a dirección do equipo de fútbol que reunira unhas firmas antes de facer campo novo ningún. E así foi como o presidente do C.D. Ribadumia, a principios de ano apareceu na miña casa.  “Este é o noso problema, e a deputación,ou mellor dito, quen a goberna, esta disposto a solucionalo, explicoume el, cun campo novo.”  Eu pregunteille se non habería outras solucións, como amañar o actualmente mal aproveitado campo de fútbol de Leiro (é que vos igual non o sabedes, pero en Ribadumia hai tres campos de fútbol para dous equipos. Os concellos ricos somos así), ou se o problema era a herba natural, pois sacarlla e poñerlla sintética. A primeira opción non lle parecía “cómoda” e ante a segunda miroume como se estivera tolo de todo. Ben, falamos un bo anaco, démoslle voltas a outras posibles solucións como unificar as escolas de base ( con esta volveume mirar como se estivera tolo) e o final el deixoume claro que para eles a solución era un campo novo pegado o actual, e eu deixeille moi claro que para min o problema era evidente e requiría unha solución, fora esa ou outra, e que para iso contaba con todo o meu apoio.

Pasaron os meses e a semana pasada o PP chamounos a unha comisión informativa  para tratar este tema, tentando aparentar que era un tema que estaba moi verde, e que aínda se estaban estudando as solucións. Unha mentira descomunal, pois xa se sabia que a compra dos terreos para o novo campo de fútbol estaba bastante avanzada, como nos confirmou esta tarde Salome Peña. Pero naquel momento según eles  o asunto estaba en fase de estudio, non avanzaron cifras, e limitáronse a pulsar a opinión da oposición e a tentar sacarnos un posicionamento favorable o seu plan. No meu caso a cousa esta clara e así llo expresei: “existe un problema, e evidente, pero existen polo menos tres solucións para el. A primeira e a vosa, gastar unha millonada en comprar uns terreos e que veña a deputación a facer un campo máis, cos gastos a maiores que traerá detrás ter outro campo sumado os tres actuais. Outra e atacar o problema de raíz e cambiarlle o campo a herba natural por sintética, algo que a larga por outro lado haberá que facer, pero ó club de fútbol e a moitos afeccionados e unha solución que non lles gusta nada. E a terceira, e para min a única boa, e que a deputación, vista a súa ansia por gastar en campos de fútbol, arranxe o campo de Leiro, que son unhas instalacións deportivas enormes e totalmente desaproveitadas agora mesmo, e  a dous kilometros escasos do campo da Senra. Con esta terceira solución solventariamos o problema do C.D. Ribadumia, poriamos en valor unhas instalacións en desuso e inda por riba non gastariamos un solo euro dende o concello”.

O BNG pola súa parte expresou que en principio se opoñía a construción de campos de fútbol neste momento de crise, pero tampouco aportou solución ningunha, e o PSOE nun primeiro momento mostrouse favorable o campo novo(o argumento de que o campo de leiro cheira mal deixoume anonadado), inda que agora que sabemos o que costa comprar os terreos para o campo a súa idea parece ser outra.

A cousa mentian os do PP que  ia para largo, pero esta semana xa nos chamaron a comisións informativas e maña venres (escribo isto o xoves 15/11/12) aprobarase en pleno, previsiblemente cos únicos votos a favor do PP.  E hoxe foi cando nos deron a cifra e a min case me da un ataque.

E totalmente INDECENTE que na situación actual, onde moitas familias non teñen para comer, onde a moitas familias as están votando da súa casa, onde o paro esta no 25% da poboación activa  e a pobreza no 20%, un concello colla case medio millón de euros que son de todos e os estrague en comprar uns terreos co único fin  de construír un campo de fútbol.

É un INSULTO  os veciños e veciñas de Ribadumia que Salome Peña saia unha semana na prensa pedindo (si, leedes ben, “pedindo”) ós veciños e veciñas que doen mantas para as familias mais necesitadas, e a semana seguinte anuncie un gasto de 420.000€ en terra.

Chegados a este punto eu quedo sen palabras.

Quedo sen palabras porque non entendo como podemos ter unha alcaldesa con semellante grado de incompetencia e de falta de respecto polos seus veciños, en especial polos que peor o están pasando nestes momentos.

Quedo sen palabras porque debemos ser o único concello que paga polos seus terreos, e inda por riba a prezo de ouro, pois os concellos  teñen ferramentas como os PXOM ou os convenios urbanísticos para conseguir terreos sen ter que pagar por eles, algo que por certo xa se fixo antes.

Quedo sen palabras porque Salome Peña ignora casos dramáticos  como o das traballadoras de  Alfageme,  pero esta encantada de gastar esforzos e cartos que non son dela en comprar terra morta.

Quedo sen palabras porque non imaxino cantas mantas se poden comprar con 420.000€. 

Esta entrada foi publicada en Cousas de Ribadumia, cousas miñas, politica xeral. Ligazón permanente.

1 Response to 420.000 € de terra morta

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s