Chorar no pleno

Chorar no pleno.

Este venres(16/11/2012), como moitos e moitas de vos saberedes sobre todo pola prensa, celebrouse un pleno polémico no concello de Ribadumia. Foi polémico e foi difícil. A prensa centrou o asunto nas protestas das traballadoras de Alfageme, pero a realidade é que pasaron moitas cousas, en temas moi variados e moi importantes para o noso concello. Xa sei que sempre escribo moito, pero é que ocorren moitas cousas e paréceme importante explicalas ben, inda que sexa longo.

Neste pleno tratáronse varios asuntos, solo me referirei os mais importantes, por que o son moito. Pero antes, quero remarcar algo, E UNHA VERGOÑA QUE  RAFAEL LOUZAN, CONCELLEIRO DO PP, CANDO SE TRATAN NOS PLENOS MUNICIPAIS TEMAS DE MAXIMA IMPORTANCIA, NON SE DIGNE APARECER, SALVO QUE SEXA PARA SALIR NA TELE FACENDO PROPAGANDA DE ALGO…UNHA VERGOÑA E UNHA FALTA DE RESPETO  CARA TODOS OS VECIÑOS.

O primeiro asunto de certa importancia foi o  expediente onde se marcan as condicións para a concesión da xestión da gardería municipal, que sairá a concurso proximamente. Nos opoñémonos a privatización dos servizo básicos como este. Pero non foi por isto polo que nos opuxemos a este documento. Foi simplemente porque este expediente protexe dunha maneira total a empresa que se leve o concurso. Explícome. O prezo máximo da concesión estableceuse en 204.000€ o ano, durante un máximo de 6 anos, millón e pico de euros en total. Case nada. A empresa ganadora do concurso terá que realizar todo o traballo deixando o concello fora de  todo control sobre a gardería. Pero é que ademais o prezo no que saia adxudicada, será por ano e fixo, e a empresa cobrara esa cifra, teña 70 nenos, ou teña 20 nenos. Sen riscos. Unha administración publica podería sacar adiante a gardería  gastando o xusto, repercutindo os beneficios, ou os cartos que non se gastaran,  nos veciños ou nos propios usuarios. Así vanse entregar sobre  200.000€ o ano a unha empresa, e se esa empresa en lugar de 8 aulas, utiliza 2, gastara moito menos en persoal, limpeza, calefacción, comida e material, pero cobrara o mesmo que se a gardería estivera a plan de nenos. Un roubo os veciños e veciñas en toda regra. O peor de todo foi que a alcaldesa véuselle o plumeiro, pois mentres poñía nun altar a actual xestora da gardería daba a entender que se se volven presentar xa o teñen ganado. Claro, en canto lle mencionei o detalle negouno todo, porque o concurso e totalmente transparente. Claro.

O segundo punto polémico do dia foi o roubo o que se nos vai someter a todos os veciños e veciñas de Ribadumia para beneficiar o capricho dun presidente da deputación e de paso dun club de fútbol, comprando uns terreos valorados en mais de 420.000€. . Xa falei noutro artigo desto. O máis indignante, curiosamente pasou o 5 de Novembro, dúas semanas antes do pleno municipal. Fomos chamados a unha comisión informativa de deportes para falar deste asunto da compra de terreos. A asistencia as comisións esta remunerada. E esa remuneración sae dos petos de todos os veciños. E unha vergoña e un insulto que os do PP nos fagan ir o concello a perder o tempo. Porque resulta que inda que alí o negaron (negaron alí o que despois Salome confirmou) o tema xa estaba totalmente avanzado e solo faltaba sometelo a votación no pleno. Chamáronnos para acudir  alí, fixéronnos perder o tempo en preparar  alternativas e argumentos inútiles por que todo era unha mentira, e pretenderon rirse de nos. En resumen, que non lles interesaba a opinión da oposicion o mais minimo, solo querian cobrar a asistencia. Deberían ser eses peperos os que nos   pagaran a oposición a asistencia  a esa comisión, pero como non quero ser eu o responsable de poñer en perigo a economía de ningun deses pobres, o que vou facer e entregar un escrito no concello pedindo que en lugar de pagárseme pola asistencia a esa comisión, se carguen eses cartos na remesa dedicada a emerxencia social, e polo menos non destinamos os cartos dos veciños a perder o tempo.

Insisto no dito, existían outras opcións, moitas e variadas, de resolver o problema plantexado polo C.D. Ribadumia sen tirar 420.000€ que son de todos. Tamén sei que unha directiva  dun club deportivo cunha mínima conciencia social, non tardaría logo do exposto o venres no pleno, nin dous días en presentar un escrito no concello renunciando a solución aprobada e pedindo que se opte por outra das formulas propostas. Por que en Ribadumia, asuntos sociais deriva a Caritas a persoas sen recursos, que non teñen para comer, que non teñen nin para pagar a luz, ou quentar unha cunca de auga, ou que non poden comprarlle zapatos novos os seus fillos,  todos os días, todos os puñeteros días, e é totalmente inmoral que tal como esta  a situación, un concello gaste os seus cartos, non en axudar os seus veciños a saír dunha situación difícil, senón en comprar terra para que catro poidan xogar o fútbol sen manchar os xeonllos. Crieime preto da Senra, e fun seguidor do Ribadumia toda a vida, inda que  fai  anos que  non vou os partidos, e sempre apoiei e apoiarei o deporte e os beneficios que aporta as persoas, pero logo do visto este venres, de verdade espero que os socios deste club tomen medidas ou rompan os carnés

O terceiro punto polémico foi unha moción de emerxencia presentada polo bloque co apoio de toda a oposición, unha moción que, en  resumo,  pedía responsabilidades por como foi levado o asunto de Alfageme e tamén medidas paliativas que evitaran males maiores. Isto foi o mais difícil. A moción incluía un punto onde se pedían dimisións, en concreto a da nosa alcaldesa, Salome Peña, do presidente da deputación Rafael Louzán e do conselleiro Javier Guerra. Claro, faládelle vos o PP de que se responsabilice de algo. Pero iso non foi o peor.

O peor foi ver como Salomé e Serantes se dedicaban a desprezar a situación na que quedaron esas mulleres pola incompetencia dos políticos do PP. Deixar a esas mulleres sen un futuro, logo de marealas durante tres anos, dicíndolle primeiro que si e logo que non de maneira continua, e despois limitarse a negar a evidencia da mala actuación do PP  e simplemente, desexarlles sorte nesta vida …..en fin.

Fai un ano todos os concelleiros e a propia alcaldesa asumimos un compromiso. A máxima valedora dese compromiso por razóns obvias debe ser quen goberna o concello, ou sexa Salome Peña. Non cumpriu un solo dos compromisos, supoño que porque se pensa que solo é unha funcionaria e que o único que ten que facer e vir todos os días a quentar o sillón, e como moito facer e firmar todo o que lle diga o presi. Ser alcalde é moito mais que iso. Un alcalde debe defender os seus veciños e chegado o caso, opoñerse incluso o seu propio partido se este  actúa incorrectamente. Non seria o primeiro caso nin o último, nin hai mal algún en ser honesto. Claro que pedir honestidade as xentes do PP e como pedirlle peras a un olmo.

Dimite Salomé, non cumpriches coas túas obrigas como alcaldesa, e debes irte.

Os do PP molestáronse moito coas mulleres de Alfageme, que explotaron no pleno levadas pola indignación e o sentimento frustrante de levar anos pelexando por nada, de que todo foi unha broma. Eu chorei por dentro. Porque dende a miña posición naquel momento non podía facer nada, solo expresar apoio e indignación, e eso non se come.

O que teño claro é que este venres o PP cruzou varias liñas vermellas. As cousas deben cambiar.

Esta entrada foi publicada en Cousas de Ribadumia, cousas miñas, politica xeral. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s