O meu oficio e amañar ascensores, pero actualmente estou en excedencia debido a que son tenente de alcalde liberado no meu concello, Ribadumia. Ademais de tenente de alcalde, son concelleiro de obras,vias e urbanismo, servizos sociais, terceira idade e sanidade, polo que ando bastante entretido.
Logo disto, cando me queda algo de tempo, cultivo varias aficcións, como a lectura, o cine, a fotografía, o meu acuario, trastear algo na cociña, ir de cañas ou, mellor, gozar dun bo viño con mellores amigos, facer algo de deporte ou viaxar …
Neste espazo falo de vez en cando das miñas cousas. E como a miña vida, este espazo vai mudando; o principio dedicaba moito tempo a opinión política, pero unha vez no goberno, os propios medios oficiais do Concello, e os de Somos Ribadumia, a miña forza política, falan sobradamente do meu traballo no Concello, polo que este espazo pouco a pouco foi quedando para compartir máis outras cuestións, como as miñas experiencias viaxando polo mundo, ou os libros que vou lendo, o cine que vou a mirar…
moi corta a túa vida e obra jajaaj, queremos saber máis ajjaja
Cando teña unha hora ou duas extendereime mais, se tanto apetito tes jejejeje