Vida e Obra

 O meu oficio e  amañar ascensores, pero actualmente estou en excedencia debido a que son tenente de alcalde liberado no meu concello, Ribadumia. Ademais de tenente de alcalde, son concelleiro de obras,vias e urbanismo, servizos sociais, terceira idade e sanidade, polo que ando bastante entretido.

   Logo disto, cando me queda algo de tempo, cultivo varias aficcións, como a lectura, o cine, a fotografía,   o meu acuario, trastear  algo na cociña,  ir de cañas ou, mellor, gozar dun bo viño  con mellores amigos, facer algo de deporte ou viaxar …

   Neste espazo falo de vez en cando das miñas cousas. E como a miña vida, este espazo vai mudando; o principio dedicaba moito tempo a opinión política, pero unha vez no goberno, os propios medios oficiais do Concello, e os de Somos Ribadumia, a miña forza política, falan sobradamente do meu traballo no Concello, polo que este espazo pouco a pouco foi quedando para compartir máis outras cuestións, como as miñas experiencias viaxando polo mundo, ou os libros que vou lendo, o cine que vou a mirar…

2 Responses to Vida e Obra

  1. moi corta a túa vida e obra jajaaj, queremos saber máis ajjaja

  2. Cando teña unha hora ou duas extendereime mais, se tanto apetito tes jejejeje

Deixa unha resposta a enriqueoubina Cancelar a resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s