Pasaron as eleccións e a prensa encheunos de datos, pero ocultos por uns titulares terriblemente enganosos. É importante analizar os resultados e comparalos cos do ano 2009, para entender o que pasou onte en Galicia.
http://resultados.elpais.com/elecciones/2012/autonomicas/11/
En primeiro lugar, a abstención en Galicia, pasou dun 35,57% o 36,2%, menos dun punto porcentual. Puidera parecer que se mantivo, pero resulta que a suma de votos nulos e brancos, pasou do 2,55% o 5,24%. Así que podemos dicir que con respecto a fai catro anos, o descontento aumentou un 12%.
O 41,44% DOS GALEGOS E GALEGAS (CASE A METADE) OU NON VOTOU, OU VOTOU NULO OU BRANCO.
Unha barbaridade.
Se imos os resultados dos partidos, o PP, ese partido que anda a presumir do enorme apoio dos galegos, perdeu 135.493 votos con respecto o ano 2009. 135.493 persoas menos que votaron o PP. Iso déixaos un 45,72% de votos. E iso significa que menos da metade de persoas que foron a votar, apoiou o PP.
Entón:
¿OBTIVO O PP MAIS APOIO DOS GALEGOS E GALEGAS QUE FAI CATRO ANOS?
NON. ISO É MENTIRA.
A REALIDADE DA “GRAN” MAIORIA DO PP É QUE DE 2.300.435 PERSOAS CON DEREITO A VOTO, SOLO APOIARON O PP 653.934 PERSOAS, O 28,45%, POUCO MAIS DA CUARTA PARTE.
¿Cómo pode ser que un partido goberne con maioría absoluta, cando solo ten a cuarta parte do apoio da poboación?
Gracias a lei D´Hondt, e gracias a que PP e PSOE non queren cambiar un sistema que os favorece. O que é triste é que inda por riba o recen electo presidente Feijoo saia na prensa presumindo de maioría, e de ter máis respaldo por parte da cidadanía, sabedor de que a consigue perdendo unha cantidade de votos equivalente o 5% da poboación con dereito a voto.
QUE NON VOS ENGANEN, O PP VAI GOBERNAR GALICIA SEN TER NIN DE LONXE O APOIO DA MAIORÍA DOS GALEGOS.
NIN SIQUERA DA METADE DOS GALEGOS.
DA CUARTA PARTE E POUCO MÁIS…..
E ESO NON É UNHA MAIORIA, E UNHA ESTAFA ELECTORAL.
….Compartideo porque é importante que se sepan estas cousas….