Imos por partes
Tag Archives: PP
Dos datos e das mentiras (II. Ribadumia)
http://resultados.elpais.com/elecciones/2012/autonomicas/11/36/46.html Os resultados destas últimas eleccións en Ribadumia, tamén piden atención. A abstención subiu do 18,71% o 27,12%, case dez puntos porcentuais. A suma de voto nulo máis branco disparouse do 1,66% o 5,72%. Ademais disto, o apoio a partidos … Seguir lendo
Publicado en Cousas de Ribadumia, cousas miñas, politica xeral
Etiquetado Alternativa Galega de Esquerda, eleccionsautonomicas., PP
2 Comentarios
Dos datos e das mentiras (I. Galicia e o PP)
Pasaron as eleccións e a prensa encheunos de datos, pero ocultos por uns titulares terriblemente enganosos. É importante analizar os resultados e comparalos cos do ano 2009, para entender o que pasou onte en Galicia. http://resultados.elpais.com/elecciones/2012/autonomicas/11/ En … Seguir lendo
Publicado en Cousas de Ribadumia, politica xeral
Etiquetado AGE, PP, resultados electorales
Deixar un comentario
Do voto inútil
Esta tarde un bo amigo e mais eu falamos do asunto este do voto útil, se votar o partido co que mais concordemos inda que non vaia a sacar representación ou se é mais responsable votar e reforzar a un … Seguir lendo
Publicado en Cousas de Ribadumia, politica xeral
Etiquetado 21-O, Alternativa Galega de Esquerda, eleccións Galicia, PP, psoe, voto inutil, voto util
Deixar un comentario
Da importancia de votar. (e de porque o PP non quere que votes)
En Galicia, non ir a votar o dia 21 de Outubro, ou votar en branco ou nulo significa votar o PP. E voume explicar.
Estes días falase moito da abstención e dos indecisos a hora de ir a votar. Creo que hai moitísimas persoas que non entenden a importancia de votar nin as consecuencias de non facelo.
O sistema electoral deste pais, coa coñecida lei D’Hondt, e un sistema electoral que de democrático ten ben pouco. Este sistema electoral permite que os partidos mais votados alcancen unha representación maior en proporción que os menos votados (en Ribadumia, sen ir mais lonxe, o PP co 60% dos votos ten 9 concelleiros de 13 posibles, cando nun sistema xusto tería 7), dándolles mais peso, e condenando os pequenos partidos, que debían ser os partidos que equilibrasen a balanza da democracia dun pais, o exilio das institucións, favorecendo gobernos como o de España, con dous partidos en alternancia, que por moitas boas ideas que tiveran fai trinta anos, agora solo son dúas caras dunha mesma moeda, en mans de banqueiros e empresarios. Dous grandes partidos en alternancia que non van a permitir, se poden, que o resto lles cambie as normas dun xogo que controlan e manexan o seu antollo.
Ademais, a realidade do noso tempo é que os partidos políticos maioritarios converteron as campañas electorais en verbenas, con toda esa cartelería inútil, altofalantes que nos machucan os oídos e grandes actos de bandeiriña e bocadillo, con prazas ateigadas de xente e toda esa propaganda e esas mensaxes ocas que o final solo producen rexeitamento porque despois a realidade non ten nada que ver coas promesas feitas (como o PP e o seu “Súmate al cambio” ou “acabarei co paro e a crise en 45 días”).
E estase dando o caso, nos últimos meses especialmente, de que algúns partidos políticos e medios de prensa están dando unha imaxe xeral dos propios políticos tan denigrante e insultante para os cidadáns de a pe que a verdade e que dan ganas de ir a todos os pazos de congresos de España e facer unha tolemia.
Claro, con todo isto ¿para que molestarse en ir a votar? ¿para que pasar o traballo de ir o domingo co D.N.I. o colexio a exercer o dereito a voto se total o partido que escollamos vai ser tan falso como os outros?¿para que votar a políticos que nos prometen cambios se total despois a vida, como na canción, segue igual (ou peor)?
En primeiro lugar, o feito de que dous ou tres partidos se pasen polos forros a democracia e as responsabilidades como representantes da sociedade, non significa que todos os partidos vaian a facer o mesmo.
En segundo lugar, temos os políticos que escollemos. Somos nos os que escollemos votando ou quedando na casa, os políticos que temos. O cambio neste pais vira dado porque escollamos outros políticos. Por moi inxusta que sexa a lei electoral e posible sacalos do seu sillón quente. E posible. Pero a única maneira e indo a votar o domingo e non votar a ningún destes mercachifes. Opcións hai.
En terceiro lugar, temos a lei electoral enfrontada o cabreo dos electores. A lei electoral contabiliza solo os votos emitidos útiles, así que meter un anaco de chourizo no sobre ou quedar na casa, pode facernos graza, alimentar o noso ego enfadado, ou facernos sentir incluso orgullosos, pero solo servira para sumarlle votos e deputados o partido maioritario, neste caso en Galicia, o PP. E o Partido Popular de Galicia sabeo, por iso que quere que quededes na casa.
Non. A nosa reacción ante esta manda de ladróns que están a deixarnos sen dereitos, sen traballo, sen cartos e sen un futuro para nos e para os nosos fillos, ten que vir da man do voto. Cabrearse esta moi ben. Indignarse esta moi ben. E necesario que ocorra, porque a situación para moita xente é desesperada, e os grandes partidos traizoáronnos. Pero é necesario tamén ir mais aló, reaccionar (con cabeza) e facer que o sistema cambie. E o sistema solo se pode cambiar dende dentro.
Eu por exemplo, escollín apoiar a Alternativa Galega de Esquerdas. E non foi por casualidade. Fixádevos que AGE nin sequera ten un candidato a presidir Xunta de Galicia. Iso é porque nos non queremos gobernar, chéganos con ser claves neste próximo goberno. Porque o que queremos e cambiar as cousas, mudar a maneira de actuar e provocar cambios que non solo solucionen os problemas da cidadanía en lugar de agrandarllos, se non que fagan do nosos sistema político o que debe ser, un sistema o servizo da maioría das persoas e non o de catro ladróns.
Pero se calquera de vos cree que a súa opción boa e outra, o que debedes facer e apoiar o partido que creades axeitado. Que teñamos un goberno ou outro e a vosa responsabilidade. Unha responsabilidade enorme, da que depende o futuro do voso pais, dos vosos fillos, dos vosos pais, dos vosos amigos e de vos mesmos, das vosas pensións, da vosa prestación por desemprego, do voso salario, do que valen as cousas …. Unha responsabilidade e todos e todas, sen excepción. E non votar faravos tan responsables do resultado que saia como facelo.
E para os que pensedes que as eleccións o goberno de Galicia non teñen importancia, direivos que se hai cambio de Goberno en Galicia o dia 21 de Outubro, Mariano Rajoy vai ter que rectificar nas súas políticas ou marchar forzado pola cidadanía, porque non vai poder seguir actuando como o esta a facer, sobre todo se AGE consegue a representación e a forza suficiente para bloquear todas esas políticas destrutivas e sacar adiante alternativas que deixen o PP en evidencia no resto de España.
Nunca na historia de España os galegos fomos tan importantes.
Publicado en Cousas de Ribadumia, politica xeral
Etiquetado Alternativa Galega de Esquerda, eleccións, porque non votar, porque votar, PP
Deixar un comentario