Dos datos e das mentiras (II. Ribadumia)

http://resultados.elpais.com/elecciones/2012/autonomicas/11/36/46.html

Os resultados destas últimas eleccións en Ribadumia, tamén piden atención.  A abstención subiu do 18,71% o 27,12%, case dez puntos porcentuais. A suma de voto nulo máis branco disparouse do 1,66% o 5,72%. Ademais disto, o apoio a partidos que finalmente non sacaron representación ( o considerado voto inútil,  cuxo   partido máis  votado sacou 88 votos), pasou de 76 a 222 votos, absorbendo así o 10% das papeletas.

A realidade electoral de Ribadumia é que de 4122 persoas chamadas a votar, 1510 (máis das que votaron o PP) mostraron dalgún xeito o seu descontento co sistema que temos, ben non votando ou ben facéndoo en branco, nulo ou apoiando a opcións moi minoritarias. Un dato moi preocupante.

Falando de partidos o PP tamén baixou en Ribadumia, de 1760 a 1469, unha baixada de mais de 4 puntos porcentuais, catro veces a baixada do PP en Galicia. A luz de Rafa Louzán estase apagando.

EN RIBADUMIA, SOMENTES O 35,63% (UN TERCIO) DAS PERSOAS APOIARON O PP. E DOS QUE FORON VOTAR, SOMENTES A METADE VOTOU PP.

PODEMOS CONCLUIR QUE O PP EN RIBADUMIA ESTA MOI LONXE DE TER O APOIO MAIORITARIO DOS NOSOS VECIÑOS E VECIÑAS. E ESA CIFRA BAIXA CADA DIA QUE PASA.

E MENTIRA QUE Ó PP O APOIE A MAIORIA DOS VECIÑOS DE RIBADUMIA. UNHA MENTIRA É UNHA ESTAFA ELECTORAL OS NOSOS VECIÑOS E VECIÑAS.

O PSOE foi o partido dos tres (PP, PSOE e BNG) que mais baixou, de 903 a 519, 10 puntos porcentuais. O BNG perde 120 apoios, pasando de 401 a 281, e quedando relegado a cuarta forza no concello.

A Alternativa Galega de Esquerda (AGE) entrou con forza no noso concello, capitalizando moito voto descontento, que estou seguro que doutro xeito quedaría na casa, xerando moita ilusión nos que participamos na campaña e dando forza a un cambio necesario na política deste pais, que agora hai que levar o parlamento galego, pero tamén  os concellos. Un cambio no xeito de facer as cousas do que algunhas persoas xa levabamos tempo falando. Este apoio a AGE materializouse en 343 votos, o 12% do total, 2 puntos por riba do BNG. Un resultado fantástico.

É MENTIRA QUE EN RIBADUMIA A ESQUERDA NON TEÑA FORZA, E QUE SEXAMOS TODOS PEPEROS.

 EN RIBADUMIA, A PESARES DA GRAN CANTIDADE DE VOTO CAUTIVO POLAS CACICADAS DO PP QUE XA TODOS COÑECEMOS,  E SEN A CAL OS RESULTADOS ELECTORAIS SERIAN MOI DISTINTOS, A METADE DAS PERSOAS QUE VOTAN ESTÁ EN CONTRA DAS POLITICAS DO PP.

Estas entrada foi publicada en Cousas de Ribadumia, cousas miñas, politica xeral coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

2 Responses to Dos datos e das mentiras (II. Ribadumia)

  1. marcosuarez@hotmail.com di:

    Non te engañes, nas municipais cambia o conto, non podes comparar unhas eleccions xerais cunhas autonómicas e menos cunhas municipais. Nas municipais vótase o candidato non o partido. E porque non sacas a conclusion de que a pesar dos recortes, das huelgas, das campañas sucias da izquierda, etc o PP sigue tendo o apoio maioritario dos cidadáns de GALICIA.

  2. Falaba de RIbadumia como concello, non comparei datos coas municipais, onde o PP foi apoiado polo 49% dos veciños (ESO É MAIORIA?). Inda que xa veremos que ocorre en dous anos e medio.

    Os datos colgados son correctos punto por punto, ti mesmo o podes comprobar.
    ¿DENDE CANDO UN 28%, resultado do PP en Galicia, É MAIORIA DE ALGO?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s