Reflexionar: Centrar o pensamento nunha cousa e analizala detidamente.
Moito se vai falar estes días ( xa se esta falando, de feito), sobre reflexionar. Sobre reflexionar, estudar, meditar, facer exame de conciencia (bueno isto igual non) ,concluír, etc, etc… Estes días moito lle vai dar a xente por pensar .
Vouvos contar unha lección que aprendín de novo (de mais novo, quero dicir, que eu aínda son un iogurin). Resulta que nos meus anos mozos practiquei o nobre deporte do piragüismo. Unha das primeiras probas a que me tocou ir, foi o descenso do Eume. Esa proba, ademais de transcorrer por unha paraxe de gran beleza, e unha rompebarcos, con moitos saltos cheos de pedras e zonas mais propias do slálom que dun descenso. O Eume, as piragüas van a morrer, e os homes e mulleres, a mazarse como pulpos. Pois ben, o meu estupendo entrenador, ante a miña cara de “eu aqui vou morrer, con barco e todo”, díxome algo vital : “cando esteas chegando o difícil, párate e pénsao todo canto queiras, pero logo, tírate ou non te tires, e se tiras e sae mal fastidiaste, e se non te tiras e che sae mal, fastidiaste tamén, pero ti pénsao antes, e despois non dubides no que fagas, porque a ostia pode ser de campionato ”. E con ese consello como ferramenta din chegado a meta. Non de primeiro (nin cos primeiros) , que isto non e unha peli americana, pero cheguei. Que pasa, que ninguén dependía de min aquel día naquel río.
O que quero dicir con isto é que para min, que solo son un técnico de mantemento de ascensores( nada que ver con eses intectuais que andan por ahí nalguns partidos políticos aleccionando as masas), as reflexións, as meditacións, e as decisións tómanse antes de actuar. É antes de dedicarse a atacar a quen non é o noso inimigo cando hai que pensar se o noso obxectivo e servir o pobo ou a unhas siglas. É antes de descargar o noso odio contra quen tomou decisións que non nos gustan ou non nos conveñen cando debemos pensar se temos tanta razón como creemos, e se realmente os outros son uns ogros os que hai que exterminar. É antes de rexeitar chamadas a unión cando hai que pensar que é o que mais convén facer vista a situación do pais e das persoas que viven nel. É antes de nomear candidato a calquera cando temos que pensar na súa validez como tal, e se realmente o queremos apoiar. Hai moitas decisións que tomar antes de actuar. Se se reflexiona ben, e se toman as decisións atendendo o que hai que atender, e logo saen as cousas mal, polo menos podemos ter a cabeza alta e dicir que actuamos como criamos correcto. Pero facendo as cousas sen sentidiño, despois, solo podemos reflexionar e laiarnos. O malo é que en política, as accións irresponsables dos partidos, páganas os cidadáns
300.000 parados(entre outras desgrazas) , e uns a atacarse entre eles e outros a atacar a Beiras, os irmandiños, a EU, os das actas …. E o PP campando libremente a tixeirazo limpo. Que ben. Que orgullosos vos debiades de sentir entón. Tanto como agora reflexivos.
Galicia necesitaba de todos os seus partidos políticos de esquerda fai unha, dúas , tres ou catro semanas. Galicia necesitaba que todos os partidos de esquerda se uniran para votar o PP da Xunta de Galicia antes deste domingo. Solo uns poucos o entendemos. Os outros, os que se crían “grandes”, e únicos na súa loita, pensaron que mellor era defender un pazo pequeno e as súas pequenas (ou non tan pequenas) prebendas antes que unirse a outros pazos e atacar o castelo do opresor.
O resultado foi o de esperar. Os galegos pedían unión contra esta lacra que é o PP, e apoiaron a unión. Por desgraza outros encerráronse nos seus pazos e o castelo, por mor desa falta de máis unión no momento crucial, non puido ser tomado.
Feijoo non ganou por carrexar anciáns, nin por ter un gran discurso, nin por facer unha boa campaña. Feijoo ganou porque unha parte da esquerda se esqueceu da cidadanía e de que esa cidadanía esta por riba de calquera partido político.
¿E agora que?. Agora os galegos e galegas que se fastidien. Un partido apoiado polo 28% da cidadanía vainos acabar de arruinar, arrastrandonos a miseria, e o único partido que queda no parlamento para facerlle fronte (que graza esta frase), non é un partido, e unha coalición. Esa mesma coalición da que outros partidos renegaron.
Galicia segue necesitando que as forzas de esquerda se unan. Ese é o camiño que nos indicaron os galegos e galegas, por iso deixaron de lado os partidiños egoístas e soberbios que se crían importantes solo por ter unhas siglas xa rancias e apodrecidas por dentro.
Pero agora xa non hai tanta presa. Vos reflexionade que se ve que vos fai falta. Vos metédevos agora en loitas internas a coitelo, a ver quen se queda co pazo e de paso coa herdanza, que debe ser boa. Facede o que vos saia do carallo e tomádevos o tempo necesario para facelo, pero cando rematedes, o que fagades a continuación, que sexa con sentidiño. É moi necesario para o futuro dos galegos e galegas que actuedes así, con sentidiño, ou iso ou que vos vaiades para a casa e deixedes de facer mais mal que ben.
Vos reflexionade.
Xa mentres imos nos traballando, plantándolle cara a camarilla de Feijoo e a ruína que nos trae.