Do voto inútil

Esta tarde un bo amigo e mais eu falamos do asunto este do voto útil, se votar o partido co que mais concordemos inda que non vaia a sacar representación ou se é  mais responsable votar e reforzar a un partido que sexa o mais próximo posible o noso ideario ….

Nunha democracia mais xusta e con menos partidos farsantes, eu diríalle directamente que o que hai é que votar o partido e o programa electoral que máis se axuste as ideas de cada un. Porque nunha democracia máis xusta os partidos non venderían fume, e realizarían programas acordes coas súas ideas, permitindo a cidadanía decantarse pola opción que lles parecese mais convinte sen remorso ningún.

Pero vivimos no país no que vivimos, con partidos farsantes como o PP, que partindo da premisa de que o programa é solo propaganda para conseguir votos, e que polo tanto non hai obriga ningunha de cumprilo como esta demostrando Rajoy e como demostrou Feijoo estes tres anos e medio, o asunto complicase un pouco.

E na situación actual do pais, con esta estafa chamada crise, levando a familias enteiras a situacións limite cada dia, e moi importante ter claro que se vai facer este domingo.

En xeral defínese de voto “inútil” aquel que unha persoa lle entrega a un partido que a todas luces non vai sacar representación parlamentaria, ou se falamos dun concello, que non vai sacar concelleiro  ningún. E o voto así volvese inútil porque un partido sen representación o único para o que sirve é para restarlle votos a outros partidos, pasando así eses votos inútiles a ter a mesma relevancia que se eses votantes quedasen na casa e non foran votar. Por iso moitos partidos menores e alguns dos grandes cando non ven clara a victoria por maioria absoluta reclaman que se faga outro uso dese voto inútil,  apelando o   “voto útil”.

Por poñer un exemplo sinxelo: nas pasadas eleccións autonómicas o PSOE  sacou 25 deputados. Se nestas eleccións unha parte do electorado  socialista decidise apoiar a un partido que despois non sacase representación, poderían quitarlle un ou dous deputados, que se se mantivesen os resultados nos outros partidos provocaría que o PP, en lugar dunha maioría  absoluta con 38 deputados, a sacase con 39, ou sexa, con mais maioría, pero mantendo os mesmos  votos.

Este resultado era precisamente   o que buscaba Feijoo con ese cambio no numero de deputados que nos quería meter, manter a súa maioría con menor numero de votos,  solo que de maneira artificial e saltándose calquera concepto democrático.

Falando en concreto deste domingo, hai que ter en conta ademais, que inda por riba do sistema inxusto que temos, don Manuel Fraga meteunos fai uns anos unha reforma que para os partidos pequenos foi fulminante, que é a norma do 5%.En Galicia para entrar no parlamento, para sacar un deputado por unha das  catro adscricións que temos (A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra) e necesario nesa adscrición  sacar mais do  5% dos votos. Antes o limiar estaba no 3%, como está actualmente en moitas autonomías españolas, favorecendo que haxa mais variedade política e maior equilibrio nos gobernos.

Por iso, escoller a que partido se vai a votar, cando se teñen certas dubidas, ou simplemente se pertence a ese grupo de persoas librepensadoras  que decide en cada ocasión a quen votar e  que son o final as que deciden as eleccións, e un tema que hai que tomar con calma, con moita calma.

Sinto un enorme respecto por todos os partidos que se presentan, pero é necesario ser responsables. Temos unhas normas inxustas, ata que consigamos cambialas, e non conseguiremos cambialas mentres os pequenos non arrimemos o ombro e xuntemos as nosas forzas, entremos no parlamento e provoquemos os cambios necesarios.

É  moi importante este domingo ir a votar, por que nos xogamos o noso futuro e o dos nosos fillos, pero é igual de importante escoller ben a quen se vota. E é moi importante romper esta alternancia pp-psoe que ten infectado o sistema (en Galicia pp-psoe/bng). Eu xa escollín, e sei seguro que a Alternativa Galega de Esquerda vai entrar no parlamento, ademais con forza,  por que os sondeos  mais negativos así o expresan, pero sobre todo porque a resposta da xente na rúa a este proxecto esta desbancando calquera previsión. Da mesma maneira hai outros partidos que me parece evidente que non van sacar ningunha representación (non os nomeo por respecto) inda que evidentemente ata o domingo a noite será imposible sabelo, e logo hai outros mais dubidosos. Quizais haxa algunha sorpresa neste sentido, pero non me parece probable.

Eu creo que, sexan cales sexan as vosas ideas, e momento de facer uso do voto con responsabilidade, e de elixir con sentido, e se a vosa opción sabedes que non vai ter representación,  e aínda así os votades, debedes saber tamén que estaredes contribuíndo a maioría absoluta do PP, se a chegase a sacar, da mesma maneira que se votarades en branco ou nulo. E triste dicilo, pero é así.

déixovos  enlaces por se queredes máis información, un para que vexades como foi a cousa en anos anteriores, outro a un simulador de resultados electorais, e outro a unha paxina relacionada co voto útil en Cataluña. Para min a este respecto debo dicir que o voto útil este domingo 21 de Outubro é o voto a AGE…

http://www.elmundo.es/especiales/2009/02/espana/elecciones_autonomicas/resultados/galicia/

http://icon.cat/util/elecciones

http://www.nacionred.com/partidos-politicos/aritmetica20n-una-propuesta-para-que-no-les-salgan-los-numeros-votando-util-masivamente

Estas entrada foi publicada en Cousas de Ribadumia, politica xeral coas etiquetas , , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s