orzamentos 2013 (I)

images (1)Esta semana van a pleno os orzamentos para este ano.  E un tema da máxima importancia para todos os que vivimos en Ribadumia, pois decídese como se van gastar os nosos cartos. Isto de momento resúmese, según o documento presentado polo PP e salvo novidades de última hora, que este ano o concello vaise dedicar a pagar facturas … pero inversións as xustas e preocuparse polos parados e os que peor o están pasando, Seguir lendo

Publicado en Cousas de Ribadumia | Deixar un comentario

As pontes funden, as estradas afogan, e Salomé non fai nada.

Hoxe entreguei no concello un escrito do noso grupo, esixindo solucións para os problemas que presentan algunhas  das nosas estradas . transquivolo talmente foi entregado e mais abaixo fago un par de comentarios.

“A Dona Salomé Peña, alcaldesa do concello de Ribadumia.

    Son José Enrique Oubiña Lago, concelleiro non adscrito.  E presento este escrito facéndome eco do sentir que nos Seguir lendo

Publicado en Cousas de Ribadumia | Deixar un comentario

I Duatlon Cross Ribadumia, asi se organizou

65865_10200218139913249_1774281639_n

O domingo, no transcurso do I Duatlon Cross Ribadumia, dúas señoras recrimináronlle a un membro da organización que estaba todo moi mal montado e que inda tiñamos moito que mellorar. Este compañeiro preguntoulles, ante tal alarde de coñecementos organizativos , que probas deportivas organizaban elas, a resposta foi que ningunha, o cal provocou que o enfado do meu compañeiro fora maior. Cando mo contou tiven a idea de redactar esta crónica de cómo se organizou unha proba deportiva que non solo se realizaba por primeira vez no noso concello, se non tamén na nosa

Seguir lendo

Publicado en cousas miñas | 2 Comentarios

de libros

http://antilecturas.blogspot.com.es/2013/01/el-nombre-del-viento-e-el-temor-de-un.html

Publicado en cousas miñas, libros | Deixar un comentario

Final de ano. Ano novo.

SAM_0765 Remata un ano  mais. A min persoalmente gústame facer algo de balance vital nestes días. Penso que de vez en cando convén pararse a repasar o camiño percorrido e, cando menos, mirar cara onde seguir camiñando.

En fin, cando este ano remate, se chego ala,  poderei dicir que coñecín lugares novos (navarra, Euskadi, algo de Francia, os Pirineos, esquiniñas do mundo como aquel lugar estraño entre León, Asturias e Cantabria que  non ten nome, pero foi colonizado no franquismo e que agora é abandonado polos políticos e as empresas mineiras, ou Sales, a cidade mais pequena de España, con 300 habitantes os dias de festa).

Fun a algunha festa nacional por primeira vez (como o Arde Lucus ou os sanfermíns).

Participei da vida política do meu país e do meu concello ( a veces a gritos), en polo menos dous partidos: o BNG (partido dunha vida que resultou ser un erro descomunal),  co mal trago de ter que deixalo  e que supostos bos amigos me crucificaran como a Jesusito retirandome ata o saudo (pero bueno, arrieros somos),  e Anova, un partido novo e con ansias de medrar e de facer cousas boas e positivas. E participei  en  tres proxectos políticos, o BNG primeiro, e mais tarde coa  Alternativa Galega de Esquerdas( Anova, Esquerda Unida, Equo, Espazo Ecogaleguista e moitas persoas máis) a miña aposta persoal,  o mesmo tempo que con Anova.

Fun a innumerables festas gastronómicas.

Participei da evolución da empresa de “Desbroces e Rozas A de Sito”, un club culinario anárquico por completo, onde disfrutei  (e seguirei disfrutando) da compañía de grandes viandas e mellores persoas.

Coa Asociación  Herminio Barreiro aprendín a xogar a billarda, e mesmo creamos o que ven a ser o equipo mais numeroso e gamberro da “conferencia rías baixas”, os “Casilledin do Umia”. Tamén axudei a organizar o duatlon que vai ter lugar en Xaneiro en Ribadumia, e aprendín a cantar unhas  panxoliñas no medio dos nenos(bastante mal, pero por culpa do cantante, non do mestre).

Lin moitos libros.

Fun o cine.

Creei este blog (con axuda)  e outro sobre libros…

Coñecín polo menos unha persoa a que valeu a pena coñecer … e con  varias  das que coñecía descubrín que era  mellor non telas  visto nunca diante.

Comecei a tomar clases de guitarra.

Comín.

Bebín.

Follei.

Fixen o amor.

Fun a enterros.

Chorei.

Rin.

Gardei segredos.

Vin sufrir a bos amigos ( e sufrín con eles).

Vin a unha manda de Fillos de Puta librarse do cárcere.

Vin como os nosos gobernantes se seguían a rir de nos.

Tiven ganas de matar.

Manifesteime polos meus dereitos e polos de moitos que se quedan na casa ignorando a realidade.

Cambieille a auga o acuario polo menos dez veces.

Disfrutei da familia.

Quedei ata o carallo da familia.

E todo isto levantándome  todos os días laborais ben cediño para ir a traballar coa miña empresa de montaxe e mantemento de ascensores.

En resumen: vivín.

E para o próximo ano non sei que vou facer (a parte de traballar) ,nin por onde me vai levar a vida. pero paréceme un plan estupendo.

Publicado en cousas miñas | Deixar un comentario

Un xesto de 30 euros

O

Esta maña presentei no concello unha petición para que se carguen na partida de emerxencia social a cantidade que me correspodería a cobrar pola falsa Comisión Informativa de Deportes celebrada en Novembro. (abaixo deixovola enteira).

 É un xesto simbólico, pois a cantidade e relativamente pequena :30 euros.

  Pero é un xesto  que busca chamar a atención sobre dúas cousas:

A primeira é a utilidade dos plenos municipais, e de paso das comisións informativas previas. Moitos de vos
Seguir lendo

Publicado en Cousas de Ribadumia | Deixar un comentario

http://antilecturas.blogspot.com.es/2012/12/el-pasaje-de-justin-cronin.html

Publicado en cousas miñas, libros | Deixar un comentario

SUBIR (OU NON) AS TAXAS

No pasado pleno municipal pasaron mais cousas ademais das que falei noutros artigos.  Unha delas foi que a  alcaldesa Salomé Peña anunciou as taxas municipais non subiran o próximo ano.

En primeiro lugar unha puntualización. O PSOE presentou unha moción , que dou pe o anuncio  da alcaldesa, pedindo a conxelación das taxas municipais.. Queda moi bonito presentar mocións así. O que non queda tan ben é que  o faga o Seguir lendo

Publicado en Cousas de Ribadumia, cousas miñas, politica xeral | Etiquetado | Deixar un comentario