Remata un ano mais. A min persoalmente gústame facer algo de balance vital nestes días. Penso que de vez en cando convén pararse a repasar o camiño percorrido e, cando menos, mirar cara onde seguir camiñando.
En fin, cando este ano remate, se chego ala, poderei dicir que coñecín lugares novos (navarra, Euskadi, algo de Francia, os Pirineos, esquiniñas do mundo como aquel lugar estraño entre León, Asturias e Cantabria que non ten nome, pero foi colonizado no franquismo e que agora é abandonado polos políticos e as empresas mineiras, ou Sales, a cidade mais pequena de España, con 300 habitantes os dias de festa).
Fun a algunha festa nacional por primeira vez (como o Arde Lucus ou os sanfermíns).
Participei da vida política do meu país e do meu concello ( a veces a gritos), en polo menos dous partidos: o BNG (partido dunha vida que resultou ser un erro descomunal), co mal trago de ter que deixalo e que supostos bos amigos me crucificaran como a Jesusito retirandome ata o saudo (pero bueno, arrieros somos), e Anova, un partido novo e con ansias de medrar e de facer cousas boas e positivas. E participei en tres proxectos políticos, o BNG primeiro, e mais tarde coa Alternativa Galega de Esquerdas( Anova, Esquerda Unida, Equo, Espazo Ecogaleguista e moitas persoas máis) a miña aposta persoal, o mesmo tempo que con Anova.
Fun a innumerables festas gastronómicas.
Participei da evolución da empresa de “Desbroces e Rozas A de Sito”, un club culinario anárquico por completo, onde disfrutei (e seguirei disfrutando) da compañía de grandes viandas e mellores persoas.
Coa Asociación Herminio Barreiro aprendín a xogar a billarda, e mesmo creamos o que ven a ser o equipo mais numeroso e gamberro da “conferencia rías baixas”, os “Casilledin do Umia”. Tamén axudei a organizar o duatlon que vai ter lugar en Xaneiro en Ribadumia, e aprendín a cantar unhas panxoliñas no medio dos nenos(bastante mal, pero por culpa do cantante, non do mestre).
Lin moitos libros.
Fun o cine.
Creei este blog (con axuda) e outro sobre libros…
Coñecín polo menos unha persoa a que valeu a pena coñecer … e con varias das que coñecía descubrín que era mellor non telas visto nunca diante.
Comecei a tomar clases de guitarra.
Comín.
Bebín.
Follei.
Fixen o amor.
Fun a enterros.
Chorei.
Rin.
Gardei segredos.
Vin sufrir a bos amigos ( e sufrín con eles).
Vin a unha manda de Fillos de Puta librarse do cárcere.
Vin como os nosos gobernantes se seguían a rir de nos.
Tiven ganas de matar.
Manifesteime polos meus dereitos e polos de moitos que se quedan na casa ignorando a realidade.
Cambieille a auga o acuario polo menos dez veces.
Disfrutei da familia.
Quedei ata o carallo da familia.
E todo isto levantándome todos os días laborais ben cediño para ir a traballar coa miña empresa de montaxe e mantemento de ascensores.
En resumen: vivín.
E para o próximo ano non sei que vou facer (a parte de traballar) ,nin por onde me vai levar a vida. pero paréceme un plan estupendo.