As pontes funden, as estradas afogan, e Salomé non fai nada.

Hoxe entreguei no concello un escrito do noso grupo, esixindo solucións para os problemas que presentan algunhas  das nosas estradas . transquivolo talmente foi entregado e mais abaixo fago un par de comentarios.

“A Dona Salomé Peña, alcaldesa do concello de Ribadumia.

    Son José Enrique Oubiña Lago, concelleiro non adscrito.  E presento este escrito facéndome eco do sentir que nos transmiten moitos veciños e veciñas do noso concello, preocupados e desgustados  por certas situacións que se están dando, e que poñen moi en dubida, non solo a tua capacidade como alcaldesa para gobernar este concello, se non a capacidade de todo o grupo de goberno para preocuparse dos problemas do concello e dos intereses xerais de todos os veciños e veciñas por riba de intereses persoais ou partidistas.

    Resulta que dende finais de verán a ponte da portela, entre Barrantes e Sisán, permanece pechada o trafico de vehículos por motivos de seguridade (curiosamente, si se permite o paso de persoas, e incluso motos), sen que o concello aporte solucións salvo, iso si, facer anuncios na prensa que non aportan nada nin arranxan nada.    

Por outro lado, en Leiro, existe un tramo dunha vía secundaria, que cada vez que chega a tempada de choivas se inunda complicando e mesmo imposibilitando o paso tanto dos vehículos, como das persoas, e dende o concello, que fai anos xa que prometechedes arranxar o problema, seguides sen facer nada. 

     E indignante que nun concello que presume de servizos, haxa vías nesta situación, cando por outro lado dende o grupo de goberno non tedes escrúpulos en aprobar barbaridades como a compra de terreos por valor de case 430.000€ para poder cumprirlle o capricho a un club de fútbol e a un dos teus compañeiros de partido. Capricho totalmente innecesario, por certo, como xa che deixamos claro dende a oposición no seu momento.

 

 Axúntoche dúas fotos por se non te das conta do que estamos falando.

20130103_125855

20121223_123923

  Unha vez posta no teu coñecemento a situación destes dous viais, que seguramente non serán os únicos, pero que ben valen de exemplo, esíxoche que por favor cumpras coas túas labouras como alcaldesa do noso concello, e das persoas que viven nel, e soluciones as deficiencias viarias que existen o antes posible, pois estas deficiencias provocan non so incomodidade, se non tamén problemas de seguridade para as persoas, algo que un goberno local non debe permitir de ningún xeito.

 Sen mais, recibe un cordial saudo.

 

José Enrique Oubiña Lago.  En Ribadumia, a dia 18 de Xaneiro do ano 2013″

Ben, o texto pareceme bastante claro. Non pode ser que según para que cousas o concello  se move a velocidade da luz, pero para outras que atinxen a seguridade e os servizos polos que todos os veciños e veciñas pagamos impostos, teñan tamaña deixadez.  E menos tendo en conta que cada tres días temos que estar escoitando a letania esa de que Louzan nos xestiona isto e o outro e o de mais aló (campos de fútbol na súa maioría, e asfalto en visperas de eleccións,  pero que lle imos facer) e que menos mal que vive Louzan senón estabamos todos fastidiados…. Si, xa sei, a alcaldesa é Salomé, pero se ela non se  molesta en deixar de ser comparsa e tomar o mando do concello, eu máis non lle podo facer.  Para os que teñades lido na prensa que  “xa se pediron os permisos pertinentes para comezar poder solucionar o  problema da ponte da portela....blablabla…”  , solo vos direi que estamos en Xaneiro, e eses permisos tíñanse que haber pedido cando xurdiu o problema. Notase que a xefa vai para a casa por outro lado.

A min paréceme en calquera caso unha vergoña ter unha alcaldesa que sae na prensa pedindo mantas para os máis necesitados e que non soluciona os problemas dos seus veciños, pero que o mesmo tempo gasta os cartos de todos en comprar terras a precio de ouro para campos de fútbol innecesarios….

Esta entrada foi publicada en Cousas de Ribadumia. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s