Category Archives: politica xeral

420.000 € de terra morta

420.000 euros. 72.000.000 das antigas pesetas. Esa é a cantidade que o PP de Ribadumia vai gastar en comprar uns terreos para logo facerlle (a deputación) un campo de fútbol novo o C.D. Ribadumia.  Cando o escoitei quedei parvo.

Valorar:

Publicado en Cousas de Ribadumia, cousas miñas, politica xeral | 1 comentario

Reflexión

Reflexionar: Centrar o pensamento nunha cousa e analizala detidamente.    Moito se vai falar estes días ( xa se esta falando, de feito), sobre reflexionar.  Sobre reflexionar, estudar, meditar,  facer

Valorar:

Publicado en Cousas de Ribadumia, cousas miñas, politica xeral | Deixar un comentario

Dos datos e das mentiras (II. Ribadumia)

http://resultados.elpais.com/elecciones/2012/autonomicas/11/36/46.html Os resultados destas últimas eleccións en Ribadumia, tamén piden atención.  A abstención subiu do 18,71% o 27,12%, case dez puntos porcentuais. A suma de voto nulo máis branco disparouse do 1,66% o 5,72%. Ademais disto, o apoio a partidos … Seguir lendo

Valorar:

Publicado en Cousas de Ribadumia, cousas miñas, politica xeral | Etiquetado , , | 2 Comentarios

Dos datos e das mentiras (I. Galicia e o PP)

      Pasaron as eleccións e a prensa encheunos de datos, pero ocultos por uns titulares terriblemente enganosos. É importante analizar os resultados e comparalos cos do ano 2009, para entender o que pasou onte en Galicia. http://resultados.elpais.com/elecciones/2012/autonomicas/11/ En … Seguir lendo

Valorar:

Publicado en Cousas de Ribadumia, politica xeral | Etiquetado , , | Deixar un comentario

Do voto inútil

Esta tarde un bo amigo e mais eu falamos do asunto este do voto útil, se votar o partido co que mais concordemos inda que non vaia a sacar representación ou se é  mais responsable votar e reforzar a un … Seguir lendo

Valorar:

Publicado en Cousas de Ribadumia, politica xeral | Etiquetado , , , , , , | Deixar un comentario

Da importancia de votar. (e de porque o PP non quere que votes)

Da importacia de votar. (e de porque o PP non quere que votes)

En Galicia, non ir a votar o dia 21 de Outubro, ou votar en branco ou nulo significa votar o PP. E voume explicar.

Estes días falase moito da abstención e dos indecisos a hora de ir a votar. Creo que hai moitísimas persoas que non entenden a importancia de votar nin as consecuencias de non facelo.
O sistema electoral deste pais, coa coñecida lei D’Hondt, e un sistema electoral que de democrático ten ben pouco. Este sistema electoral permite que os partidos mais votados alcancen unha representación maior en proporción que os menos votados (en Ribadumia, sen ir mais lonxe, o PP co 60% dos votos ten 9 concelleiros de 13 posibles, cando nun sistema xusto tería 7), dándolles mais peso, e condenando os pequenos partidos, que debían ser os partidos que equilibrasen a balanza da democracia dun pais, o exilio das institucións, favorecendo gobernos como o de España, con dous partidos en alternancia, que por moitas boas ideas que tiveran fai trinta anos, agora solo son dúas caras dunha mesma moeda, en mans de banqueiros e empresarios. Dous grandes partidos en alternancia que non van a permitir, se poden, que o resto lles cambie as normas dun xogo que controlan e manexan o seu antollo.
Ademais, a realidade do noso tempo é que os partidos políticos maioritarios converteron as campañas electorais en verbenas, con toda esa cartelería inútil, altofalantes que nos machucan os oídos e grandes actos de bandeiriña e bocadillo, con prazas ateigadas de xente e toda esa propaganda e esas mensaxes ocas que o final solo producen rexeitamento porque despois a realidade non ten nada que ver coas promesas feitas (como o PP e o seu “Súmate al cambio” ou “acabarei co paro e a crise en 45 días”).
E estase dando o caso, nos últimos meses especialmente, de que algúns partidos políticos e medios de prensa están dando unha imaxe xeral dos propios políticos tan denigrante e insultante para os cidadáns de a pe que a verdade e que dan ganas de ir a todos os pazos de congresos de España e facer unha tolemia.
Claro, con todo isto ¿para que molestarse en ir a votar? ¿para que pasar o traballo de ir o domingo co D.N.I. o colexio a exercer o dereito a voto se total o partido que escollamos vai ser tan falso como os outros?¿para que votar a políticos que nos prometen cambios se total despois a vida, como na canción, segue igual (ou peor)?
En primeiro lugar, o feito de que dous ou tres partidos se pasen polos forros a democracia e as responsabilidades como representantes da sociedade, non significa que todos os partidos vaian a facer o mesmo.
En segundo lugar, temos os políticos que escollemos. Somos nos os que escollemos votando ou quedando na casa, os políticos que temos. O cambio neste pais vira dado porque escollamos outros políticos. Por moi inxusta que sexa a lei electoral e posible sacalos do seu sillón quente. E posible. Pero a única maneira e indo a votar o domingo e non votar a ningún destes mercachifes. Opcións hai.
En terceiro lugar, temos a lei electoral enfrontada o cabreo dos electores. A lei electoral contabiliza solo os votos emitidos útiles, así que meter un anaco de chourizo no sobre ou quedar na casa, pode facernos graza, alimentar o noso ego enfadado, ou facernos sentir incluso orgullosos, pero solo servira para sumarlle votos e deputados o partido maioritario, neste caso en Galicia, o PP. E o Partido Popular de Galicia sabeo, por iso que quere que quededes na casa.
Non. A nosa reacción ante esta manda de ladróns que están a deixarnos sen dereitos, sen traballo, sen cartos e sen un futuro para nos e para os nosos fillos, ten que vir da man do voto. Cabrearse esta moi ben. Indignarse esta moi ben. E necesario que ocorra, porque a situación para moita xente é desesperada, e os grandes partidos traizoáronnos. Pero é necesario tamén ir mais aló, reaccionar (con cabeza) e facer que o sistema cambie. E o sistema solo se pode cambiar dende dentro.
Eu por exemplo, escollín apoiar a Alternativa Galega de Esquerdas. E non foi por casualidade. Fixádevos que AGE nin sequera ten un candidato a presidir Xunta de Galicia. Iso é porque nos non queremos gobernar, chéganos con ser claves neste próximo goberno. Porque o que queremos e cambiar as cousas, mudar a maneira de actuar e provocar cambios que non solo solucionen os problemas da cidadanía en lugar de agrandarllos, se non que fagan do nosos sistema político o que debe ser, un sistema o servizo da maioría das persoas e non o de catro ladróns.
Pero se calquera de vos cree que a súa opción boa e outra, o que debedes facer e apoiar o partido que creades axeitado. Que teñamos un goberno ou outro e a vosa responsabilidade. Unha responsabilidade enorme, da que depende o futuro do voso pais, dos vosos fillos, dos vosos pais, dos vosos amigos e de vos mesmos, das vosas pensións, da vosa prestación por desemprego, do voso salario, do que valen as cousas …. Unha responsabilidade e todos e todas, sen excepción. E non votar faravos tan responsables do resultado que saia como facelo.
E para os que pensedes que as eleccións o goberno de Galicia non teñen importancia, direivos que se hai cambio de Goberno en Galicia o dia 21 de Outubro, Mariano Rajoy vai ter que rectificar nas súas políticas ou marchar forzado pola cidadanía, porque non vai poder seguir actuando como o esta a facer, sobre todo se AGE consegue a representación e a forza suficiente para bloquear todas esas políticas destrutivas e sacar adiante alternativas que deixen o PP en evidencia no resto de España.
Nunca na historia de España os galegos fomos tan importantes.

Seguir lendo

Valorar:

Publicado en Cousas de Ribadumia, politica xeral | Etiquetado , , , , | Deixar un comentario

Originally posted on Cambados(tk):
Un cambadés residente do centro leva semanas tomando imaxes de persoas que se achegan a un coñecido supermercado ao seu peche. Achéganse na hora á que os empregados da superficie comercial tiran nos contedores da…

Valorar:

Publicado en politica xeral | Deixar un comentario

Dos nacionalismos e do noso proxecto

Dos nacionalismos e do noso proxecto

¿É o mesmo ser nacionalista que ser independentista? As dubidas que xorden a redor desta pregunta aliméntanas certos partidos políticos para crear confusión e converternos a todos os que falamos de nacionalismo en radicais, cando non etarras directamente. Eu penso que con isto do nacionalismo , hai varios niveis, e moita confusión. Eu críeme en Galicia, meus país ensináronme a falar en galego. A maneira que teño de entender a vida, o xeito de falar (esa retranca), as festas, a morte, as relacións entre persoas, mesmo os deportes, o amor pola nosa terra( a nosa morriña), tan diferente á maneira que teñen de entender estas cousas noutras zonas de España ou mesmo do mundo, en definitiva, a miña cultura, e galega. E identifico perfectamente ata onde, xeograficamente falando, chega a miña cultura. Entón non son andaluz nin vasco, son Galego.
Solo con isto xa podo sen vergoña dicir que son nacionalista (os da dereita por unha cuestión política, e marcando diferenzas que solo son políticas, prefiren dicir galeguistas, pero é o mesmo).
Agora entra a cuestión política.
O nacionalismo político, por dicilo dunha maneira sinxela, implica entender Galicia como un pais (precisamente por todo o que acabo de dicir), e polo tanto como un pais que pode perfectamente xestionar os seus recursos sen ter que depender das decisións que veñan de Madrid. O que se di ter autogoberno dentro do estado español. Hai quen di que iso e imposible co sistema autonómico que temos actualmente. Eu penso que o que pasa e que este sistema autonómico debe ser revisado, pois xa ten moitos anos e os tempos cambiaron moito. Ademais o PP esta axudando a desmontar este estado das autonomías, baleirándolle as competencias os gobernos autonómicos, recentralizando e privatizando totalmente todo o que poidan mentres teñan o goberno.
Hai partidos que apostan polo federalismo. E outro sistema, que vai mais aló que o noso sistema actual na independencia interna dos estados federais. O caso mais claro son os E.E.U.U. de América, cuxos estados entre outras cousas promulgan as súas propias leis, a pesares de estar integrados na Unión.
Indo aínda mais aló, están os independentistas, que creen que a única solución para que Galicia prospere como pais e independizándose de España.
Unha postura intermedia é a dos que consideran que os galegos deberiamos ter dereito a autodeterminación, ou o que é o mesmo, o dereito a decidir que facer co noso pais. Isto non significa que os que defendan esta idea crean necesariamente que os galegos deban independizarse de España, ou de Europa, solo que deben ter o dereito a decidir se facelo ou non, ou en que medida. Pero a verdade e que a maioría dos que defenden cegamente o dereito a autodeterminación, se de repente o tiveramos e fixeramos iso que di pretender facer Artur Mas, presentar un referendo para que os galegos decidan se independizarse ou non, , seguramente ían levar un gran chasco, porque os galegos na súa maioría non son independentistas.
Todo este lío de idearios estano usando algúns partidos políticos para marcar diferenzas ou para tentar desprestixiar a outros partidos, como por exemplo a “Alternativa Galega de Esquerdas”. A A.G.E. non é un partido, e unha unión de partidos e persoas para defender un obxectivo común, que é, cun proxecto claro feito con obxectivos e ideas comúns, parar as políticas destrutivas do PP e cambiar a maneira de levar Galicia, e así poder solucionar os problemas que xa todos coñecemos, e que o PP solo esta agravando cada dia que pasa..
¿Estase Anova volvendo españolista por unirse neste proxecto con Esquerda Unida? Non, primeiro porque Esquerda Unida, como forza de carácter federalista, non ten inconvinte en aprobar o dereito a autodeterminación dos pobos. E en segundo lugar polo mais obvio. Esquerda Unida e Anova non son o mesmo partido, son partidos diferentes unidos nun momento necesario. Por certo que moitos dos que sosteñen este argumento, son os que pretenden unirse despois das eleccións co PSOE, partido que ata fai dous días non era nin federalista, e nin agora defende o dereito dos pobos a autodeterminación. Se hai forzas que se están volvendo españolistas, con eses argumentos, o BNG é unha delas.
¿Estase volvendo Esquerda Unida un partido nacionalista?, Pois non, e polos mesmos motivos.
¿Por qué deberían aquelas persoas que non se consideren nacionalistas apoiar a Alternativa Galega de Esquerdas ( http://alternativagalega.com )? Polo proxecto político para Galicia. Un proxecto en primeiro lugar de esquerdas, con ideas reais de esquerda (non o como PSOE, cuxa idea de esquerda consiste en conxelar pensións, subir o I.V.E. ou recortar dereitos laborais). Ademais, defender que os galegos teñamos mais autogoberno, non significa que queiramos a independencia, significa que queremos utilizar as competencias autonómicas que xa temos, eliminando estruturas inútiles como as deputacións, e aumentar esas competencias, para dende Santiago poder xestionar mellor os recursos, e non estar tan atados o que ocorra en Madrid, que xa estamos vendo a onde nos esta levando.

Seguir lendo

Valorar:

Publicado en Cousas de Ribadumia, politica xeral | Deixar un comentario