Dos nacionalismos e do noso proxecto

Dos nacionalismos e do noso proxecto

¿É o mesmo ser nacionalista que ser independentista? As dubidas que xorden a redor desta pregunta aliméntanas certos partidos políticos para crear confusión e converternos a todos os que falamos de nacionalismo en radicais, cando non etarras directamente. Eu penso que con isto do nacionalismo , hai varios niveis, e moita confusión. Eu críeime en Galicia, meus país ensináronme a falar en galego. A maneira que teño de entender a vida, o xeito de falar (esa retranca), as festas,

a morte, as relacións entre persoas, mesmo os deportes, o amor pola nosa terra( a nosa morriña), tan diferente á maneira que teñen de entender estas cousas noutras zonas de España ou mesmo do mundo, en definitiva, a miña cultura, e galega. E identifico perfectamente ata onde, xeograficamente falando, chega a miña cultura. Entón non son andaluz nin vasco, son Galego.
Solo con isto xa podo sen vergoña dicir que son nacionalista (os da dereita por unha cuestión política, e marcando diferenzas que solo son políticas, prefiren dicir galeguistas, pero é o mesmo).
Agora entra a cuestión política.
O nacionalismo político, por dicilo dunha maneira sinxela, implica entender Galicia como un pais (precisamente por todo o que acabo de dicir), e polo tanto como un pais que pode perfectamente xestionar os seus recursos sen ter que depender das decisións que veñan de Madrid. O que se di ter autogoberno dentro do estado español. Hai quen di que iso e imposible co sistema autonómico que temos actualmente. Eu penso que o que pasa e que este sistema autonómico debe ser revisado, pois xa ten moitos anos e os tempos cambiaron moito. Ademais o PP esta axudando a desmontar este estado das autonomías, baleirándolle as competencias os gobernos autonómicos, recentralizando e privatizando totalmente todo o que poidan mentres teñan o goberno.
Hai partidos que apostan polo federalismo. E outro sistema, que vai mais aló que o noso sistema actual na independencia interna dos estados federais. O caso mais claro son os E.E.U.U. de América, cuxos estados entre outras cousas promulgan as súas propias leis, a pesares de estar integrados na Unión.
Indo aínda mais aló, están os independentistas, que creen que a única solución para que Galicia prospere como pais e independizándose de España.
Unha postura intermedia é a dos que consideran que os galegos deberiamos ter dereito a autodeterminación, ou o que é o mesmo, o dereito a decidir que facer co noso pais. Isto non significa que os que defendan esta idea crean necesariamente que os galegos deban independizarse de España, ou de Europa, solo que deben ter o dereito a decidir se facelo ou non, ou en que medida. Pero a verdade e que a maioría dos que defenden cegamente o dereito a autodeterminación, se de repente o tiveramos e fixeramos iso que di pretender facer Artur Mas, presentar un referendo para que os galegos decidan se independizarse ou non, , seguramente ían levar un gran chasco, porque os galegos na súa maioría non son independentistas.
Todo este lío de idearios estano usando algúns partidos políticos para marcar diferenzas ou para tentar desprestixiar a outros partidos, como por exemplo a “Alternativa Galega de Esquerdas”. A A.G.E. non é un partido, e unha unión de partidos e persoas para defender un obxectivo común, que é, cun proxecto claro feito con obxectivos e ideas comúns, parar as políticas destrutivas do PP e cambiar a maneira de levar Galicia, e así poder solucionar os problemas que xa todos coñecemos, e que o PP solo esta agravando cada dia que pasa..
¿Estase Anova volvendo españolista por unirse neste proxecto con Esquerda Unida? Non, primeiro porque Esquerda Unida, como forza de carácter federalista, non ten inconvinte en aprobar o dereito a autodeterminación dos pobos. E en segundo lugar polo mais obvio. Esquerda Unida e Anova non son o mesmo partido, son partidos diferentes unidos nun momento necesario. Por certo que moitos dos que sosteñen este argumento, son os que pretenden unirse despois das eleccións co PSOE, partido que ata fai dous días non era nin federalista, e nin agora defende o dereito dos pobos a autodeterminación. Se hai forzas que se están volvendo españolistas, con eses argumentos, o BNG é unha delas.
¿Estase volvendo Esquerda Unida un partido nacionalista?, Pois non, e polos mesmos motivos.
¿Por qué deberían aquelas persoas que non se consideren nacionalistas apoiar a Alternativa Galega de Esquerdas  (http://alternativagalega.com/ )? Polo proxecto político para Galicia. Un proxecto en primeiro lugar de esquerdas, con ideas reais de esquerda (non o como PSOE, cuxa idea de esquerda consiste en conxelar pensións, subir o I.V.E. ou recortar dereitos laborais). Ademais, defender que os galegos teñamos mais autogoberno, non significa que queiramos a independencia, significa que queremos utilizar as competencias autonómicas que xa temos, eliminando estruturas inútiles como as deputacións, e aumentar esas competencias, para dende Santiago poder xestionar mellor os recursos, e non estar tan atados o que ocorra en Madrid, que xa estamos vendo a onde nos esta levando.

Esta entrada foi publicada en Cousas de Ribadumia, politica xeral. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s