Da Billarda

Da Billarda

Este verán inicieime no noble e tradicional  xogo da Billarda. Fixeno da man dos amigos de O Varal,  http://ovaral.blogspot.com.es  , da Conferencia das Rias Baixas.  http://conferenciariasbaixas.blogspot.com.es , e da Asociación Cultural Herminio Barreiro de Ribadumia, da que son socio, gracias a una colaboración coa organización do Umiarock. Dunha tarde de verán chea de diversión e de golpes o aire (cando foi tomada esta foto), naceu o equipo de Billarda “Os Casilledin do Umia”, radicado en Ribadumia,. E nada máis nacer xa nos convertemos nun dos maiores equipos en número de participantes. Participamos dúas tardes de sábado cada mes, e debo dicir que non solo me atopei xente estupenda neste mundiño, se non que ademais o pasamos de medo con eles. ¿Os resultados? Que mais da.

  A Billarda, que é do que vos quero falar, e un deses deportes tradicionais, case condenado a desaparecer se non fose por asociacións como estas que o manteñen non solo vivo, se non en claro rexuvenecemento. Para os que non o coñezades, e un xogo moi simple, consistente en levantar e golpear unha billarda ( pequeno pau de aprox 20cm de longo coas puntas afiadas co fin de poder levantalo no aire) cun varal (pau mais longo, sobre 60cm, anque nalgúns lugares usábase un artiluxo con forma de pa) co obxectivo de cruzar a extensión do terreo de xogo (entre 25 e 50 metros) e traspasar unha meta, no mínimo numero de golpes posibles. Xogase de maneira individual, sen diferenciación por sexos ou idades (mellor exemplo de igualdade no deporte non o ides encontrar)  inda que na liga se contabilizan os puntos tamén por equipos.

 Pero non e solo un xogo. E unha forma de contacto social. Mentres se desenrola a partida, a necesidade de atención solo a ten quen ten que lanzar, co cal o resto de persoas pode tranquilamente charlar das cousas da vida, compartir unha cervexa, lanzarse desafíos de toda índole….O que ven a ser facer vida social, algo cada vez máis raro de ver nestes tempos de contactos on-line, por twiter, whatsapp, etc. .E resulta moi agradable falar coa xente, inda que solo sexa do tempo. Fainos recordar que somos humanos e animais gregarios, e que necesitamos o contacto entre nos. E mais que ningunha outra raza ou etnia do mundo, a galega, que levamos esa ansia de compartir totalmente fundida nos nosos xenes, como se pode ver a través de costumes como a de axudarnos entre nos nas labores do campo, colocar bancos de pedra no exterior das casas tradicionais para charlar a caída da tarde, as nosas comedelas con esas sobremesas interminables. Por iso me alegra tanto ver que hai moitos nenos e xoves participando. Non é solo que estes xogos sexan unha tradición que debemos conservar porque forman parte da nosa identidade como pobo, se non que son unha forma de que os nenos saian a rúa e compartan xogos e experiencias con outros nenos, e con persoas maiores , que son os espellos onde deben mirarse (e non os produtos televisivos) para medrar como persoas.

Esta entrada foi publicada en cousas miñas. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s