Dos actos de campaña

Dos actos de campaña

   Este mediodía participei activamente no acto de campaña da Alternativa Galega de Esquerda.
Os actos de campaña son unha cousa difícil para os que nos toca falar publicamente neles. A min persoalmente róubanme moitas horas de sono, non solo polos nervios de ter que falar en publico, ou polo traballo propio de preparar unha intervención mais ou menos longa,  se non tamén pola responsabilidade de ter que transmitir unhas mensaxes claras e concisas, que non so convenzan (iso case é o de menos), se non que fagan entender as persoas que nos acompañan a situación a que nos enfrontamos e as propostas que nos temos para solucionar todo isto.
Hai dúas maneiras, penso eu sen ser especialista nin moito menos na materia, de conseguir obxectivos cos actos de campaña: unha e cos mitins tradicionais, onde un orador dende un estrado arenga o seu publico, con mensaxes que incitan a risa ou a emoción ou a indignación, ou o aplauso, segundo lle conveña o orador en cada momento. Son actos xeralmente estudados o milímetro. Estudados e controlados, de tal maneira que o publico actúa mais como comparsa que como publico. Na tele vedes anacos así todos os días. E non son, por certo anacos de mitins o azar, pois os partidos informan de cales son eses quince segundos de todo o mitin que queren que se vexa na tele.
A outra maneira é a maneira que a min me gusta. Con actos abertos, sen unha liña predeterminada nin un guión milimetrado, onde o publico participa activamente, se implica e aporta posicións e puntos de vista. Son actos moito mais difíciles de preparar, e certo, pero dende logo son actos moito mais agradecidos e amenos.
Hoxe participei nun acto así. Foi un acto mais longo que o que marcan os canons e as normas impostas por non sei que publicistas ou entendidos en campañas, pero foi así de longo porque o publico asistente fixo que fora desa maneira. Tivemos tempo a rirnos un pouco e a indignarnos moito, e a ver cales son as dubidas que sofren a maioría nosos dos veciños de a pe. E aprendemos moito, porque unha señora que foi emigrante trinta anos nos fixo ver que nos, precisamente nos, os galegos, “que non hai un galego na lúa porque non hai un posto de traballo alí”, estamos tratando os inmigrantes de maneira vergonzosa. Porque un señor de Valencia nos fixo ver a necesidade de ir mais aló nos pactos entre partidos de esquerda, e de forzar chegado o caso a saída do PP do goberno da Xunta, e tamén que é necesario non caer nos erros doutras veces e doutras comunidades, onde os intereses partidistas fixeron que as alianzas foran o final para beneficio dos partido e non do pobo o que dicían representar. Porque un señor dixo en alto algo que é evidente pero que tamén parece que non nos damos conta: que a dereita esta ensinando a súa verdadeira cara, unha cara de ultradereita, de machistas e retrogados, a cara dun partido que busca a escravitude do pobo e da muller, e a diferenciación clara das clases, reducíndonos a maioría a simple man de obra o seu servizo.
Eramos catro persoas a falar hoxe, en principio: Chus, Narda, Moncho e mais eu, e expuxemos, creo, moi ben a nosa alternativa e as nosas solucións, pero eu aprendín mais do que dixeron todas as persoas que non estaba previsto que falaran.
Moitas gracias a todos e a todas. Foi un acto produtivo e un dia redondo.
P.D. Dous Agradecementos especiais. Un bo amigo, moi pouco amigo da política e dos políticos, puxo o espertador, levantouse contra as súas propias costumes e con poucas horas de sono, e acompañounos cun sorriso na cara, e ademais gravounos coa súa super-camara durante todo o acto. E a Tere, miña pobre, que a traio pola rúa das amarguras cada vez que hai campaña electoral. E nunca se queixa (bueno, case nunca).

Esta entrada foi publicada en Cousas de Ribadumia, politica xeral. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s