Non sei se vistes algunha vez o que ven a ser unha moción. Inda que cada grupo político ten o seu modelo estándar, máis ou menos solen ser como estas que colgo eu hoxe.
Así que déixovos as dúas que presentamos onte no concello para o seu debate nas comisións informativas e logo no pleno municipal. Son as dúas mocións que a semana pasada vos dixen que presentariamos, encamiñadas a solucionar os problemas que este ano se deron co reparto das axudas as entidades. Unha delas propoñendo cambios nas bases de adxudicacións, e outra propoñendo un grupo de traballo representado por todos os grupos políticos e as entidades para revisar os convenios e clarificar o alcance das axudas do concello. Como vedes, nos traballamos bastante mais en positivo que outros que andan mais centrados en buscar debates e broncas que en solucionar problemas.
Copienas tal cual do documento do word, igual o programa da bitacora fai algunha chanchullada.
xxxXxxx
“José Enrique Oubiña Lago, concellal non adscrito a ningún partido político, presenta esta Moción para que sexa tratada en Pleno Municipal do Concello de Ribadumia, en base os seguintes motivos:
Logo de producirse o debate entre os diferentes grupos políticos para distribución das axudas do concello de Ribadumia ás asociacións e entidades sen animo de lucro que desenvolvan actividade no noso concello, puidemos constatar que a redacción das bases para ditas subvencións, deixaba demasiada marxe a interpretación por parte dos diferentes grupos, dificultando así chegar a acordos que nos consideramos que neste caso deberían ser unánimes, pois o apoio as entidades e asociacións sen animo de lucro do noso concello non debería ser motivo de debate mais aló das cantidades destinadas nos orzamentos. Esta situación non impediu que todos os grupos chegaramos a acordo para este ano, pero fíxose evidente a necesidade de pulir ou adecuar dunha maneira mais axeitada algúns dos puntos das bases e dos criterios de distribución das axudas, para en anos sucesivos evitar discrepancias..
Con este obxectivo traemos a pleno municipal para a súa aprobación a seguinte proposta:
– Que se sometan a revisión, se debatan e se aproben os cambios propostos ( anexo I ) nas “ bases e criterios de distribución para a concesión das subvencións municipais a asociacións e entidades sen ánimo de lucro que desenvolvan accións no concello de Ribadumia” , de tal xeito que se simplifique a súa interpretación e se clarifiquen no posible todos aqueles puntos, tanto os propostos como outros que os diferentes grupos consideren, que poidan conlevar diferenzas de criterio.”
En Ribadumia, a 3 de Outubro do 2012.
Asinado: José Enrique Oubiña Lago.
ANEXO I.
PROPOSTAS DE CAMBIOS NAS “BASES E CRITERIOS DE DISTRIBUCIÓN PARA A CONCESIÓN DAS SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS A ASOCIACIÓNS E ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO QUE DESENVOLVAN ACCIÓNS NO CONCELLO DE RIBADUMIA.
Os puntos propostos para o seu cambio estan subliñados
[…]
2.- BENEFICIARIOS.
[…]
Así mesmo quedan excluídas as asociación ou entidades que asinen un Convenio específico có Concello, que rexeranse polo devandito convenio, no seu caso.
[…]
9.- CRITERIOS DA CONCESION.
Os criterios que se terán en conta para a concesión das subvencións e a súa cuantía serán as seguintes:
ACTIVIDADES NO EIDO DA CULTURA, DA EDUCACION, PROMOCION SECTORES ECONOMICOS, PROMOCION SOCIOECONOMICA, FESTAS POPULARES E COMERCIO.
-Número efectivo de participantes ou receptores da actividade ou formación (Puntos 0 a 10)
-Número efectivo de participantes ou receptores da actividade ou formación
– Entre 0 e 20 participantes: 3 puntos
– Entre 21 e 50 participantes: 5 puntos
– Entre 51 e 100 participantes: 7 puntos
– A partir de 101 participantes: 10 puntos
– Duración da actividade, horario:
ü Por actividade estable de máis de cen horas: De 0 a 5 puntos
ü Por actividade estable de máis de cen horas: 5 puntos
ü Por actividade estable de menos de cen horas: De 0 a 3 puntos
ü Por actividade estable de menos de cen horas: 3 puntos
Por actividades puntuais a longo do ano: 1 punto
ü Por xornadas, charlas ou conferencias formativas de interese xeral para
colectivos: 1 punto
Desenvolvemento da actividade por instrutores con formación específica.
Puntuarase á entidade que acredite a prestación dos servizos dun adestrador titulado, formador titulado: De punto 0 a 5 puntos
ü Puntuarase á entidade que acredite a prestación dos servizos dun adestrador titulado, formador titulado: De punto 0 ou 5 puntos
Este extremo acreditarase mediante a presentación da fotocopia do título acreditativo de dito profesional e a súa vinculación coa entidade.
– Repercusión social e económica do Concello.
ü Por actividades que recuperen as tradicións e cultura galega, a promoción do Concello, de seu patrimonio, historia ou tradicións asícomo o enxalzamento dos produtos típicos gastronómicos: De 0 a 10 puntos
ü Por actividades que recuperen as tradicións e cultura galega, a promoción do Concello, de seu patrimonio, historia ou tradicións así como o enxalzamento dos produtos típicos gastronómicos: De 0 ou 10 puntos
– Unión ou asociación de beneficiarios para o desenvolvemento dos proxectos.
ü A comisión valorará a necesidade de unión ou asociación para o desenvolvemento da actividade a subvencionar: De 0 a 5 puntos
ü A comisión valorará a necesidade de unión ou asociación para o desenvolvemento da actividade a subvencionar: 0 ou 5 puntos
ü Interese xeral da actividade no ámbito municipal: De 0 a 5 puntos
ü Interese xeral da actividade no ámbito municipal: 0 ou 5 puntos
ü Traxectoria e permanencia da entidade solicitante na vida sociocultural e socioeconómica do Concello: De 0 a 5 puntos.
ü Traxectoria e permanencia da entidade solicitante na vida sociocultural e socioeconómica do Concello: 0 ou 5 puntos.
– A comisión valorará a traxectoria da entidade solicitante no Concello
ü A repercusión para o colectivo ao que van dirixidas e para o que participa nas actividades, en canto á mellora da súa calidade de vida: De 0 a 5 puntos.
ü A repercusión para o colectivo ao que van dirixidas e para o que participa nas actividades, en canto á mellora da súa calidade de vida: De 0 ou 5 puntos.
– Carácter periódico ou permanente das actividades.
ü Por actividades ao longo de 6 ou mais meses do ano (clases de música, teatro… que non sexan impartidas polo Concello): De 0 a 5 puntos
ü Por actividades ao longo de 6 ou mais meses do ano (clases de música, teatro… que non sexan impartidas polo Concello): 5 puntos
ü Por actividades de menos de 6 meses de duración ao ano (clases de música, teatro… que non sexan impartidas polo Concello): De 0 a 3 puntos
ü Por actividades de menos de 6 meses de duración ao ano (clases de música, teatro… que non sexan impartidas polo Concello): 3 puntos
– Implicación financeira do solicitante na actividade a desenvolvan: De 0 a 10 puntos
– Implicación financeira do solicitante na actividade a desenvolvan: De 0 ou 10 puntos
– O grao de innovación: De 0 a 5 puntos
– O grao de innovación: De 0 ou 5 puntos
ACTIVIDADES DESENVOLTAS NO EIDO DA ACCION SOCIAL.
ü Que teñan como fin medidas para encamiñar e corrixir situacións de desigualdade: De 0 a 5 puntos
ü Que teñan como fin medidas para encamiñar e corrixir situacións de desigualdade: 5 puntos
– Que teñan por obxecto potenciar a participación das persoas que sufran algunha marxinación en todos os ámbitos da sociedade (Puntos 0 a 10)
– Que teñan por obxecto potenciar a participación das persoas que sufran algunha marxinación en todos os ámbitos da sociedade : 10 puntos
– Que as actividades programadas estean encamiñadas á integración socio-laboral dos colectivos que representen: (Puntos 0 a 10)
– Que as actividades programadas estean encamiñadas á integración socio-laboral dos colectivos que representen: 10 puntos
ACTIVIDADES NO EIDO DO DEPORTE.
Considerarase club deportivo a aquel que teña como principal o fomento do deporte, e que conten con alomenos algún equipo deportivo federado e con actividade.
– Idoneidade da actividade subvencionable para os fins do fomento do deporte.
ü A comisión puntuará a idoneidade da actividade en relación ao fomento do deporte: (Puntos 0 a 10)
ü A comisión puntuará a idoneidade da actividade en relación ao fomento do deporte: 0 ou 10 puntos
– Segundo as categorías dos clubs federados e o número de licencias federativas:
ü Nª de fichas de inscritos e federados nas escolas deportivas (Puntos 0 a 10)
ü Nª de fichas de inscritos e federados nas escolas deportivas :
– de 0 a 50 fichas: 3 puntos
– de 51 a 100 fichas: 5 puntos
– de 101 a 150 fichas 7 puntos
– a partir de 151 fichas. 10 puntos
ü Nivel de actividade: categoría na que participan (Puntos 0 a 5)
ü Nivel de actividade: según as categorías nas que participan
– Absoluta: 1 punto
– Xuvenil: 1 punto
– Infantil (alevins e infantis): 1 punto
– Feminina: 1 punto
ü Nivel de implicación coas persoas que pertencen o concello
– De 0% a 20% de fichas veciños de Ribadumia: 1 punto
– De 21% a 50% de fichas de veciños de Ribadumia: 2 puntos
– De 50% a 80% de fichas de veciños de Ribadumia: 3 puntos
– A partir do 81% de fichas de veciños de Ribadumia: 5 puntos
xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxXXXxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx
“José Enrique Oubiña Lago, concellal non adscrito a ningún partido político, presenta esta Moción para que sexa tratada en Pleno Municipal do Concello de Ribadumia, en base os seguintes motivos:
No último pleno municipal, celebrado o vinte e catro de Setembro, aprobáronse por unanimidade as axudas económicas para as entidades sociais, culturais e deportivas do noso concello. Este acordo foi posible gracias a vontade dos grupos de chegar a el, pero deixou algunhas tarefas pendentes, que todos estivemos de acordo en que deben realizarse antes volver a tratar este tema o próximo ano. Unha desas tarefas e a de revisar os distintos convenios que as diferentes entidades teñen co concello, co obxectivo de clarificar a situación e alcance dos acordos existentes, evitar calquera tipo de discriminación ou diferenza de criterio, tanto por parte dos diferentes grupos políticos como das propias entidades, e conseguir un mellor plantexamento nos orzamentos municipais e na distribución das axudas, así como un mellor control dos desvíos orzamentarios. E para conseguir este obxectivo cremos primordial a unidade de acción política.
Por estes motivos, traemos a pleno municipal para a súa aprobación a seguinte proposta:
– A creación dun grupo municipal, con representación de todos os grupos políticos e da entidade correspondente en cada caso, que teña como obxectivo revisar os convenios existentes entre o concello e as diferentes entidades sociais, culturais, deportivas e de promoción económica, así como de redactar, cando sexan necesarios, novos convenios que clarifiquen as condicións e os apoios, sexan en forma de cesión ou uso de instalacións municipais, económicos, ou de calquera outro tipo que o concello, dentro das súas posibilidades, vaia a prestar ás entidades .”
En Ribadumia, a 3 de Outubro de 2012.
Asinado: José Enrique Oubiña Lago