Falemos de libros.

   Estou rematando as últimas paxinas de “Festin de Cuervos”, cuarto volumen da inmensa “Canción de hielo y fuego”, de George R.R. Martin. Esta era ademáis unha relectura, en principio rapidilla, o final lentisima,  recordatoria para poder poñerme o choio cunha obra cuxo primeiro volumen saiu o mercado en español alo no 2005 e que eu merquei  no 2007, cando xa era un exito  abrumador, pero silencioso, que vai  agora polo  quinto volumen, “Danza de dragones”,  a espera de dous volumes mais, que a saber cando se publican. Sobre os catro volumes que levo o lombo, solo vos podo decir que para min son fantásticos, adictivos en grado sumo, e absorventes como o papel de cociña (o papel de cociña do bo, non o de  marca carrefus). Por eso me puxen a facerlle un repaso rapido os primeiros volumes fai catro meses e quedei de novo totalmente sumerxido na historia (ou historias) .

  Tamen estou lendo, anque mais de vagar, un libro titulado “Las horas oscuras”, de Juan Francisco Ferrandiz. Para o meu gusto non é mal libro (eu non me considero moi esixente, todo hai que decilo), non me esta disgustando, pero é floxeiro e non engancha nada, e  a min sobre todo dame a impresión de que foi escrito co “manual practico do bo escritor” o lado do ordenador, cun resultado bastante  irregular, a pesar de que a historia teña o seu interes, e de que é evidente  que o escritor leva lido moito nesta vida. Por describilo dalgunha maneira rapida, se fora pelicula seria unha de serie B. O que non me explico e como lle puderon diseñar tal campaña publicitaria.

  Pero algo curioso do que vos queria falar e das “50 sombras de Grey” de E.L. James, e as suas dúas continuacións. Non o estou lendo, pero chamame a atención o exito que esta tendo entre as mulleres. E sobre todo a min chamame ainda máis a atención o efecto. Porque agora  as mulleres non solo van pola rúa cun libro porno  na man e a vista, se non que ademáis o comentan nas charlas de cafeteria sen vergoña ningunha. A min esto pareceme moi positivo. Ata o de agora o chamado “porno feminino” ( en xeral  de cara o publico chamabanlles novelas romanticas, pero a min unha colega unha vez fai anos na plaia deixoume votarlle unha ollada a unha paxina e digovos eu que era porno, femenino ou como lle queiran chamar, e coas mismas esaxeracións que sempre se lle achacan o porno da industria do cine: todo moi grande, moi duro e de resistencia eterna con multiexitos totalmente asegurados) eran esas novelas con tapas rosas, con tendencia a estar pobladas de higlanders supercachas,  que habia en moitas casas pero nunca se sabia de onde saian e dende logo nunca se falaba delas nas tertulias dos bares. Agora, un editor espabilado cambioulle a portada o libro e a promocion, dandolle aires de novela negra, e casi cambiou de paso o mundo femenino.  E digo casi porque eso si, se os homes lle damos a volta o As para ver a foto da señorita lixeira de roupa que sae diariamente, somos uns pervertidos e uns corrichos, e nalgun caso carne de divorvio….non digamos xa descargar cine porno do internete. .Asi esta o mundo… En calquera caso parece ser segun se comenta por ahi que alguns maridos a conta ou por mor  deste libro estan notando certos resultados. Cando Tere acabe de ler o libro este contovos a ver.

http://www.periodistadigital.com/ocio-y-cultura/libros/2012/08/18/los-libros-mas-leidos-en-verano-2012.shtml

Estas entrada foi publicada en libros coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s