Somos maioría

PRESENTACION PARTIDO POLITICO CERNA A MARINA VILAGARCIA /  Cando no verán uns compañeiros e compañeiras presentamos Cerna no Salnés, fixémolo cunha idea moi clara: a necesidade de rexenerar todo o noso sistema político dende a súa base. Por ese motivo incidimos naquela presentación na necesidade de impulsar, de cara as eleccións municipais, candidaturas de unidade cidadá, onde os veciños e veciñas dos distintos concellos colleran o control do proceso, e así rachar un sistema cun funcionamento totalmente pervertido. Pouco despois vía a luz o colectivo Somos Maioría ( http://somosmaioria.org/ ) , que busca levar a practica esa idea, sen intrusismo nin dirixismo de partidos políticos e coa democracia real como base de funcionamento, usando ferramentas como o asemblearismo ou o voto telemático .

  En Maio haberá eleccións municipais, e nunca os partidos políticos “clásicos “ estiveron en horas tan baixas. Quizais se a situación do noso país fose outra,  seria anecdotario que tivesemos uns  partidos que viven a golpe de campaña, prometendo cambiar o mundo con paixón para logo das eleccións dedicarse a outras cousas, a enriquecer a amigos e a colocar a familia en cadeiras importantes e en resumo, a que a cidadanía lles pague a gran vida. Quizais sería anecdotario porque a  fin de contas os seres humanos somos así, se a nosa barriga esta chea o resto non ten demasiada importancia.

  Pero a realidade da situación é outra , moito mais dramática, que penso que non fai falta xa explicar porque todos a vivimos dun xeito ou outro. E con esta realidade, urxe tomar medidas que cambien todo iso. Precisamos con urxencia, como cidadáns que formamos parte da nosa sociedade, que todo cambie, porque se non nos, e sobre todo os nosos descendentes van vivir nun pais sen apenas dereitos, e sen posibilidades dun futuro e unha vida  dignas. Porque non nos enganemos, se deixamos os que están seguir gobernando, a nosa vida non vai volver a ser igual. Acabouse ter dereito a un traballo digno, cun salario digno e unha indemnización digna se me despiden ou unha pensión de xubilación que me permita vivir en paz os últimos anos, ou a unha vivenda digna, a unha educación e unha sanidade públicas e gratuítas. Acabouse ter un sistema de benestar sustentado polos nosos impostos, porque os nosos impostos fai anos que se dedican a pagarlle os bancos e as grandes empresas, que o seu tempo enchen as contas bancarias de ministros e colocan expresidentes.

   Cando digo que urxe tomar medidas non falo de ningún xiro anárquico, queimar os concellos e os congresos dos deputados. Iso deixámosllo o cine e a literatura. Do que falo e de que, usando as ferramentas que temos, saquemos do poder a quen nos esta roubando os cartos e os dereitos, e poñamos persoas que, controladas por fin  pola cidadanía, deixen de impoñernos  problemas e comecen a darnos solucións.

 10547571_350495785100941_8175809399729178912_n   E o primeiro paso, para min, e isto levoo defendendo dende fai anos, é acometer un cambio importante nos concellos. A política caciquil actual, onde solo se fai política para amigos, e se tratan as persoas como votos con pernas (se votas por min falamos, se non estas fastidiado), con concellos que toman medidas de costas aos seus veciños (a barbaridade do novo campo de fútbol ou esa pousada que solo sirve para gastar millóns, por exemplo, o u o derribo da antiga casa do medico  para poñer un cruceiro, mentres, ano tras ano,  non se dedican un solo euro a políticas sociais salvo dar esmolas) , cos partidos de oposición ancorados na política de supervivencia á contra, buscando a representatividade antes que as solucións, non nos leva a ningún lado.

   O concello é a primeira institución pública. O primeiro e mais próximo órgano de goberno, onde se deciden moitas cousas que nos afectan a todos e a todas dun xeito ou outro, como os impostos municipais ou  as políticas sociais, sen ir mais lonxe. E para poder darlle un xiro ao sistema, compre sacar o PP do goberno. Compre acabar con iso de  enriquecer ás construtoras e empresas varias dos colegas cos cartos de todos , e centrarse por fin en dar solución os problemas dos veciños, que non son  a falta de cruceiros nin de campos de fútbol.

  Para iso, eu podería presentarme con Anova, ir na súa  lista e tentar sacar o máximo de votos posibles. Pero ese non é o camiño. O camiño é que os meus veciños e veciñas tomen o mando da situación, sexan do meu partido ou non, se xunten e plantexen cal debe ser o programa de goberno, propoñan a lista de persoas que consideran que poden facer ese traballo, cuns nomes que saian ben por consenso ben por votacións abertas, e logo, coa forza da cidadanía, nas próximas eleccións municipais sacar ó PP do goberno. Dende logo sería moito mais fácil se militantes e persoas afíns ós partidos de oposición deste concello, entenderan a urxencia que estamos vivindo, e se sumasen a este proxecto, deixando os intereses partidistas de lado. Porque se nos xuntamos todos sacar o PP da cadeira de mando sería moi fácil.  E para iso traballo todos os días.

Por ese motivo vos convido a todos e a todas e entrar na páxina de Somos Maioría, a ler o seu manifesto, asinalo se concordades,  participar nas votacións,  acudir as asembleas, e  avanzar para por fin cambiar as cousas.  E moito mais fácil do que parece, solo hai que dar un click e comezar a camiñar, nada mais.

Porque por moito que algúns vos desprecen, sodes mais que eles, e todos xuntos somos maioria.

http://somosmaioria.org/

http://somosmaioria.org/blog/

Publicado en Cousas de Ribadumia, politica xeral | Deixar un comentario

Sobre o cambio do céspede do Umia. E de repente ó PP, logo de 4 anos, chegoulle a presa.

 cesped artificial Este mércores tivo lugar un pleno extraordinario onde se decidiu de xeito urxente a documentación coas condicións para realizar o concurso da obra do cambio do céspede de A Bouza, co obxetivo e cambialo o antes posible. Eu alegrome de que se vaia cambiar o céspede, evidentemente, pois era moi necesario, e xa sabedes que  defendo que as instalacións municipais deben ser mantidas en condicións óptimas, que por algo son de todas e todos nos. Pero hai xeitos e xeitos de facer as cousas.

Podedes ler a posición do meu grupo, nun comunicado de prensa que en parte recollen os medios  hoxe, pinchando aquí.

Se queredes unha opinión mais persoal podedes seguir lendo.

 Para comezar, esta  maneira apresurada de actuar, sen nin sequera ter tempo para realizar unha comisión informativa onde poder debater sobre as condicións que se van requirir para a substitución do dito céspede, pareceme do mais lamentable, sobre todo tendo en conta que  en xaneiro foi a pleno unha moción que precisamente pedía o cambio do cespede de A Bouza, que presentamos dende o meu grupo. Unha moción por certo presentada en Setembro pero que o PP se negou a levar a pleno ata o novo ano. Unha moción que si se hubese aprobado entón  permitiría planificar a obra con tempo suficiente, mesmo incluila nos orzamentos,  para facela durante o período vacacional en que o campo está sen uso, coordinándose co Umia e facendo as cousas ben.

   Agora as consecuencias da mala planificación por parte do grupo popular fanse evidentes nos propios prazos, axustadisimos, postos polo PP para executar a obra:   8 días naturais para presentación de ofertas (10 días para recepcionar as presentadas noutras institucións); a apertura de proposicións o 3º día hábil posterior ao peche de recepción de ofertas e adxudicación nos dentro dos 2 seguintes e finalmente o contrato de obra debe formalizarse nos 15 días seguintes tendo un prazo logo a empresa adxudicataria de 30 días para a realización da mesma…

    Sendo moi optimistas vai ser difícil que a obra estea rematada antes de finais de setembro ou principios de Outubro.  Por este motivo no pleno preguntei como se vai proceder  mentres duren as obras co adestramento dos nenos e xogadores do Umia e mais que solución hai prevista para cando  comecen as clases no colexio.  A sorprendente resposta do PP foi que o Umia xa estaba informado e xa estaba buscando solucións e que os nenos teñen patios e en caso necesario os corredores do colexio poden ser usados durante os recreos. Tamen cabe a posibilidade de que metan os nenos no pabillon de Barrantes, supoño que cando non chova dada a cantidade de auga que ali entra, e supoño que enlatados en aceite, se non non sei como podera ser.

Pero a conclusión que conseguin sacar disto foi que o  concello pecha o campo pero non aporta alternativas, deixando o club e o colexio que se arranxen pola súa conta.

Outro asunto que nos chamou a atención foi que, a pesar da grande cantidade de mostras e detalles técnicos esixidos nas bases de contratación, que non sei de onde as sacarían, pero que calquera mais mal pensado que min diría que foron feitas á medida do que  xa saben que van poñer, resulta que  logo so se lle esixe a empresa instaladora unha garantia de 2 anos, logo dos cales se correría  o risco de volver á mesma situación, ou sexa, co céspede desfeito.

Observando isto, e vendo que estes do PP como sempre non se entran de nada e non recordan que o cespede actual somentes durou en boas condicións 3 anos, e outros 4 sendo parcheado sen éxito cada tempada, propuxenlles dúas cousas:

–  que se cambiase o criterio de adxudicación final, que é estritamente económico, e se centrase a aceptación da oferta en aprobar uns materiais duradeiros, dentro por suposto do máximo orzamentado. Isto significa que a hora de conceder a licencia, para o caso de que hubera varias ofertas, se tivese en conta como factor principal a durabilidade do céspede, e non somentes o prezo. A fin de contas o orzamento máximo esta estipulado e mentres non se saia del calquera oferta pode ter cabida. Isto o PP non o aceptou, e calquera mais desconfiado ca min  pensaría unha vez mais que o PP quere conceder obra a un proxecto xa coñecido.

–  e que en calquera caso se esixira unha garantía maior que os dous anos inicialmente propostos polo PP, proposta que afortunadamente foi aceptada. Non concretamos canta garantia se vai pedir, ou valorar, pero agardo que como mínimo se plantexen unha esixencia de cinco anos, se non xa nos vemos dentro de tres recollendo queixas polo estado do céspede.

O feito de que a mesa de contratación estivese  integrada  por so cinco membros: Alcadesa,  o Concelleiro de obras, a Secretaria-Interventora, o Técnico Municipal e un Técnico da Deputación, pareceme ademais totalmente inadmisible. En primeiro lugar pola presenza dun técnico da deputación, cando a Deputación non vai facer aportación ningunha a este proxecto ( Mentres, que curioso, ó Ribadumia lle regala un campo novo e innecesario) , polo que isto supón unha intromisión descarada nun asunto municipal, que a outro mais mal pensado que eu lle levaría a pensar que vai haber un empuxe cara un proxecto concreto do interese da Deputación.

Dende o noso punto de vista nesa mesa deberían participar representantes do Umia, , que son os que mais uso profesional van dar ó campo, e cando menos teñen dereito a que se lles consulte, ou se lles escoite a súa opinión, tanto a hora de licitar a obra como na organización dos tempos para levala a cabo. .

 E dende logo é moi censurable que os membros da oposición se lles negue participar da contratación dunha obra que vai supor una importante inversión para todos os veciños de Ribadumia, tanto os que votan o PP como os que votan a outras opcións. Eu sempre insisto no mesmo, en que os proxectos para  o concello de Ribadumia non poden ser alleos ós grupos da oposición, pois cando o PP local decide gastar cartos, decide gastar os cartos de todos os veciños, e deixar fora a oposición significa, en Ribadumia, deixar fora a metade da veciñanza.

DSC_1291

Este era o estado lamentable do céspede fai un ano. Ó PP entón non llo parecia, e ademais non había cartos. Agora, de repente, o cespede está fatal e hai cartos de sobra para o cambio. Casualidade??

Todo isto mostranos o que acontece cando se pretende politizar o deporte. Resumovos os feitos:

– o pp negase durante anos a cambiar un cespede que da pena. Ata que chega unha directiva mais do gusto do partido.

– de repente, en canto o club esta en mans mais amigas, aparecen cartos por todos lados.

– e logo veñen as presas. Pero non pasa nada. O importante e vender a obra e sacarse fotos bonitas, que estan as eleccións a volta da esquina.

– Ou sexa, o club de futbol, os nenos, a aficción, os veciños, en resumo, non valen nada. O único importante e gañar as eleccións. E para algún pobriño, sair guapo nas fotos.

  Eu, como socio, aledome de toda a axuda que o club consiga para sacar adiante o seu proxecto, , pero polo que ó PP respecta, pareceme moi triste esta maneira de actuar. E non é a primeira vez, o contrario, isto eche o xeito habitual. O club de piragüismo neganselle as axudas municipais, pero logo, como os directivos non calan,  andan a darlle cartos por outras vías e pasándolle as mans polas costas a directiva para evitar escándalos maiores. O club de tenis-mesa de Sisan debe ser o único club deportivo deste lado do Atlántico ó que se lle nega o acceso ás instalacións municipais no verán, igual que o resto de veciños dunha das parroquias con mais habitantes, que polo visto son de segunda categoría. Solo se salva o Ribadumia, pero a ver canto lles dura a crista da ola.

 De un alcalde ou alcaldesa debese agardar, dende o meu punto de vista,  un pouco mais de capacidade de goberno, un pouco mais de capacidade organizativa, un pouco mais de lóxica e sentido común cando se gastan os cartos que son de todos. E dun partido político, como mínimo,  algo mais de repecto polos veciños.

Publicado en Cousas de Ribadumia | Deixar un comentario

Recordando a I República Galega e a Castelao.

O dia 27 de Xuño de  de 1931 proclamouse a I República Galega. Foi efémera si, pois apenas durou 48 horas, pero significou un fito histórico na loita pola nosa dignidade como país.

Se picades aquí podedes acceder a un artigo extenso pero moi interesante sobre como foron eses meses da nosa historia. Ese artigo recolle parte do traballo de Lois Perez Lema sobre ese episodio historico. Deixovos tamen o documental do mesmo autor, A República Galega: unha historia non oficial .

    O día 28 de Xuño de 1984, os restos mortais de Castelao foron trasladados a Galicia, en medio de manifestacións  nacionalistas  que acusaban as autoridades de que “os que o exiliaron agora fanlle honores”.  En honra a súa figura, déixovos a emisión na televisión do seu traslado a Bonabal, narrado entre pasaxes de Sempre en galiza e un artigo de Uxio Novoneira, pola grandísima xornalista Tereixa Navaza, unha transmisión que lle daría mais dunha dor de cabeza, e mesmo provocaría a destitución de Alexandre Cribeiro, director do centro territorial de TVE en Galicia.

CASTELAO: Traslado dos seus restos a Bonaval from cifejo on Vimeo.

E para os que estades interesados na vida de Castelao, déixovos o  enlace ao extenso artigo biográfico que a Asociación Herminio Barreiro lle dedicou a principios de ano:

http://ascuncasculturais.files.wordpress.com/2013/01/castelao.pdf

Publicado en cousas miñas | Deixar un comentario

¿Comedores escolares en verán?

 comedor-escolar-740x400 A semana pasada abriuse nos medios de prensa o debate sobre se deben abrirse os comedores escolares no verán ou non, debido a situación de carencia alimentaria de miles de nenos en Galicia e España. O grado de demagoxia e falta de sentido común que mostraron a partires disto algúns políticos deste país dá vergoña allea.

   Por un lado ós do PP, non se lles ocorre cousa mellor que dicir que   abrir os comedores escolares no verán solo serviría para visualizar a pobreza (preme aqui), como se a pobreza fose unha vergoña que a sociedade tivese que agochar, ou como se os nenos non se coñeceran entre eles. Logo pola mesma banda política, a dos fachas , viñeron outras barbaridades como a que escoitei a un concelleiro aló polo profundo da vella castela dicindo que “toda a vida houbo familias que pasaban fame” (preme aqui). Sen comentarios.

  Pero logo pola outra banda, os da esquerda tamén mostraron andar algo perdidos. E de repente encontrámonos cunha manda de políticos de todo o espectro zurdo dicindo que por suposto que hai que abrir os comedores escolares no verán, e algún, que non sei en que colexio se sacaría o graduado, chegando a dicir que nos colexios de hoxe en día non se estigmatiza a ninguén, e que polo tanto non pasa nada porque uns nenos sepan que os outros son pobres, nin os nenos pobres senten vergoña algunha .

   E con isto armouse o lio. Uns que si, outros que non . Uns que a urxencia da situación obriga, outros que hai xeitos de facelo, por exemplo abrindo os colexios con actividades de verán para que comeran todos os que foran, e os que pasaran necesidade quedaran disimulados no medio do resto, e outros que a ver quen paga iso …. Un despropósito de debate.

1402502453172ninio-galc4   Vaiamos por partes. Primeiro o problema. ¿ É un problema que un neno non teña de comer na súa casa? Claro, pero ademais diso é o  síntoma de algo moito mais grave. Pois o neno que pasa fame ten con el uns pais que pasan o triple de fame.  Púxose o foco nos nenos, por que son a parte mais feble, visible, e para os medios a mais lacrimónexa (éxito seguro de audiencia) dunha situación familiar dramática e en moitos casos insostible, pero paréceme infame que se fale de solucionarlle a papeleta aos nenos con medidas de trazo gordo, bagoa fácil e gran venta de periódicos e votos, en lugar de poñer o foco e as solucións  no problema real, que é a falta de ingresos das familias que se quedan sen axudas.

  E fixadevos como centrándonos no problema real a cousa cambia. Porque se en lugar de mirar o neno que non se alimenta ben miramos o que acontece no seu fogar, o drama multiplicase, e iso non se soluciona abrindo comedores escolares, unha medida por certo moi cara. Entón hai que falar de políticas sociais. Porque é aí onde reside  parte da solución, cando menos a  parte mais urxente:  poder comer.

   ¿E como lle facemos fronte á situación desas familias sen recursos? Según o PP mandando a xente a Caritas (en Ribadumia faise así, por certo).  Pois eu dígovos que non. O único que se precisa para dar un remedio temporal a esta situación é mudar as políticas sociais nos concellos e nos diferentes gobernos autonómico e estatal, e abandonar a política da caridade a favor da política da dignidade. Xa sabedes, políticas de esquerdas, de xustiza social, non de facherío. Foi por certo a proposta que lle presentamos ó PP cando se falou dos orzamentos deste ano, pero xa sabedes o que pasou: o deles é que a xente lles vaia a pedir piedade.

Vouvos  explicar como facer isto dende o concello en tres simples pasos:

1-      Colles a partida para asuntos sociais.

2-      Retiras a maior parte das axudas a entidades tipo Caritas e Amigos de Galicia, e asumes a túa responsabilidade.

3-      Reorganizas e usas  a maior parte deses fondos (logo tamen teras que atender a outros problemas, como a ausencia de luz electrica nalguns fogares, emerxencias varias…) para abrir unha conta nun supermercado local e ocúpaste de que as familias sen recursos poidan ir ao supermercado (vía cheque ou tarxeta moedeiro) e realizar unha compra mínima ( e controlada, limitando  por exemplo o acceso ao alcohol, para evitar certas circunstancias). Sen ter que ir a porta de Caritas a pedir.

Que fácil resulta.

    A idea non é nova nin invento meu, e as novas tecnoloxias permiten que se poida dun xeito controlado proveer a unha familia sen recursos dun pequeno fondo económico co que facer fronte ao mais urxente, pagar a luz, comprar alimentos…) Se a isto lle sumamos outras políticas sociais de xeito, alugueres sociais (a quen o precisa, non o cuñado do primo de..), exencións temporais de impostos, etc, conseguiremos cando menos aportar un pouco de aire a todas esas familias. Pero claro, para iso fan falla alcaldes comprometidos e valentes, e que sepan xestionar os orzamentos dun concello,  e gobernantes do mesmo calibre, non quentasillas nin chupóns abrecartas como os que temos agora.

  Por certo que  isto que vos conto xa se esta facendo. A propia Caritas (digo Caritas por ser a mais coñecida) utiliza este método en moitos casos. E un xeito de conseguir que as familias poidan acceder a alimentos frescos e básicos, sen necesidade de mendigar axudas, e sen pasar por situacións de vergoña. E un xeito de permitirlle a xente manter a súa dignidade incluso en situacións difíciles.  E sae moito mais barato que abrir uns comedores, pagar uns caterings e manter un persoal e unhas instalacións todo o verán.

  E non vos equivoquedes, estas solucións son simples remedios de emerxencia, non arranxan  nada. O problema e moito maior. O problema esixe políticas activas de loita contra o paro, de crecemento estrutural, abandonar as políticas do PP e da señora Merkel, romper un sistema que nos esta afogando e saír adiante. E para iso é evidente que hai que sacar a toda esa panda de políticos mediocres dos diferentes  gobernos, e en especial ó PP, que é o  máximo responsable do que esta acontecendo. E iso comeza sacando ó PP dos concellos, e liquidando o sistema caciquil que tanto lles esta permitindo engordar a conta dos demais, que as teñen que pasar canutas, e moitos inda por riba rezar para que lle abran o comedor escolar e que polo menos, dado que os politicuchos lles dín que non hai outro remedio,  o neno poida comer.

Publicado en politica xeral | Deixar un comentario

Monarquía&República (Galega)

   Estes días estase a falar moito da abdicación do  Juanca e da coroación do seu fillo. Eu a verdade é  que non teño nada en contra do “Rey de España” nin dos Borbóns, o Juanca ata me cae ben,  pero  considero á coroa española como unha entidade que non ten ningunha utilidade para a cidadanía a día de hoxe. Xa temos un xefe do goberno escollido pola cidadanía , agora mesmo Rajoy (triste pero certo) , e xa temos un ministro de exteriores ó que mandar polo mundo adiante a vender a “marca España”, e unha recua de ministros, viceministros, secretarios  e lambes varios  mais ós que mandar polas vilas  de España a facer propaganda de estado e participar nas comedelas. Xa por non falar do que custa manter a familia real, mentres a cidadanía as pasa canutas.

 descarga (1)    Isto lévame a pensar no debate que se abriu no estado sobre monarquía&república. É curioso como os medios de prensa tratan o tema, en xeral defendendo e enaltecendo  á monarquía, esquecendo que o rei actual foinos imposto por Francisco Franco, durante a ditadura. Vendo a televisión un case podería pensar que a coroación de Juan Carlos I se realizou durante a transición , cando a realidade é que non solo non foi así, se non que os diferentes partidos, comunistas e republicanos incluídos, non foron capaces  de sacar á monarquía da baralla da democracia durante esa mal chamada transición.

      Dende o meu punto de vista, a abdicación do Juanca xusto neste momento, logo de que o bipartidismo pp/psoe sufrira un descalabro electoral, iniciando a senda dun cambio democrático xa irrefreable, e de que as aspiracións soberanistas dos cataláns case chegaran a un punto sen retorno abríndolle quizais a porta a lograr o dereito a autodeterminación as outras nacións sen estado , Euskadi e Galicia, unido ós escándalos de corrupción no salón da súa casa (estes xenros …), e todo en vésperas dun mundial de fútbol, coa “Roja”, facendo apoloxía do “yo soy español” a todas horas ,  obedece a unha moi calculada estratexia política, consistente en machucarnos coa idea unionista de España (aquilo de una, grande y (digamos que)libre) e do valor da realeza, co obxectivo de  debilitar o movemento catalán e as consecuencias da debacle electoral , e de   facernos apartar a ollada dos problemas legais desa realeza e  dun país que esta rachando por todos os costados, cunha cidadanía que esta ao borde do colapso, sufrindo unha crise (estafa mais ben)  e uns recortes de dereitos brutais, e que xa non aguanta os desmáns dos políticos que podería aguantar noutro tempo.

 ondeando la bandera republicana Pero na rúa a resposta está sendo outra. Lonxe de levantarse un clamor a favor da realeza, o que se está levantando e un berro inmenso en prol do cambio no sistema democrático deste país, nomeadamente a abolición da realeza e implantación da III República. E ese berro non pode ser ignorado, por moito que o PP teña maioría absoluta, ou por moito que Rubalcaba e a cúpula do PSOE se pase as peticións da súa base militante (baróns incluídos) polos forros, e por moito que algúns medios de prensa estean a outra cousa.

  Pero isto vai mais aló dun sinxelo cambio baseado en quitarlle a familia real o seu carácter de real. Isto vai mais aló de permitir que os cidadáns escollan quen son os seus representantes ante o resto do mundo. O que a xente esta pedindo e un cambio completo no sistema. Un cambio na democracia deste país, que por fin asuma as diferenzas territoriais e culturais, e evolucione cara o que debe ser, deixando que as nacións sen estado decidan como queren afrontar o seu futuro, pero sobre todo, permitindo que a cidadanía teña nas súas mans a través dun sistema democrático xusto e co uso da formula dos referendos vinculantes ante decisións importantes, o poder para decidir o futuro  do seu país.  .

 descarga (2) Por iso nas plazas galegas ( a imaxe das catalanas e vascas) se ven estes días manifestacións en prol da República Galega, que por certo xa fora proclamada o 27 de Xuño do 1931, nun episodio histórico que debería ser explicado nos colexios. Hai quen pensa que agora é mais importante loitar pola III República Española e logo atender os nacionalismos, pero e que este é o momento de acometer por fin a reparación, dunha sola vez, de  todo o que se fixo  mal na transición, incluidos o tratamento as nacións que conforman esta España tan plural, e tan alonxada da “unha, grande e libre” .

Pero sobre todo é o momento  de entender por fin que exercer o  dereito a decidir  o futuro de España e de Galicia a través de referendos ou consultas a cidadanía non implica en si mesmo cambiar nada, e que de decidirse cambio algún, será por vontade do pobo, e polo tanto non pode ser negativo.

 

 

Publicado en cousas miñas, politica xeral | Deixar un comentario

axudas a entidades 2014

  images (1)     Como todos os anos , onte foi a pleno municipal o reparto das axudas  as entidades deportivas e culturais. Outro ano mais debate sobre como distribuír os fondos. E co mesmo guión de todos os anos: o PP ignorando que inda non fai tres anos que aprobaron unhas bases de adxudicación e repartindo os fondos a boleo e os da oposición, menos o bloque que non estivo, defendendo outra maneira de facer as cousas, e dicíndolle o PP como debería de calcular a distribución dos fondos en función das súas propias bases. Este ano, nembargantes, o final apenas houbo debate, pois o PP fixo evidente que o de poñerse a distribuír puntos en función da documentación aportada  non ia con eles, e ademais este ano sacáronse de enriba por fin o  náutico o muíño que non presentou solicitude, evitando así cometer a enorme e incomprensible  inxustiza de negarlle as axudas as que teñen dereito, polo que  logo de facerlle notar dende o meu asento as diferenzas entre  as actividades que unhas asociacións declararon ir realizar e as que declararon outras e propor un axuste nalgunha cantidade, conseguimos sacar un acordo. Isto na comisión previa do martes, porque logo o psoe onte non as tiña todas consigo (e non lle falta razón) e preferiu absterse.

  Debo dicir antes de nada que o que si hai que recoñecer foi a vontade de todo o mundo presente para acordar axudar a todas as entidades que habían feito a solicitude (por certo xa dixen que o muíño non se presentou, se non outro galo cantaría). Tamén conven dicir que este ano desapareceron varias entidades (algunha delas inxustamente logo de que o PP lle negase o ano pasado  unha axuda mais que merecida), e apareceron tamén entidades culturais novas, as que dende aquí animo a traballar e axudar a facer deste concello un lugar mellor.

   Tanto no debate previo en comisión como no pleno pola nosa banda insistimos moito na necesidade de utilizar as bases para algo mais que para abanarse, que había que léelas, e tomalas como guía para adxudicarlle as entidades unha puntuación que solo despois se debería transformar en euros, de xeito que o sistema de elección deixara a mínima capacidade de movemento ós concelleiros. E insistimos en que se coas bases actuais iso non era posible, como parece ser o caso, entón haberia que axustalas a realidade ou cambialas. Pero como diría un colega meu de Cambados, “no hai manera chico!”, e paseime dúas reunións dándolle cabezadas ás paredes.

   Mención a parte merece o caso de protección civil.  Nos temos moi claro que é unha entidade que xa ten adxudicadas unhas partidas especificas nos orzamentos de cada ano, como corresponde a unha entidade que realiza unha labor tan importante como a deles, polo que non debería estar incluída no reparto destas axudas, en función dun punto das bases de adxudicación que debe ser o único que o PP coñece, e que utiliza para deixar fora a entidades que non lles interesa , como o náutico. Pois logo de moito preguntar resultou que nin no propio PP se poñen de acordo e o final solo saquei a conclusión de que depende de a quen lle preguntes, teñen dereito a unha axuda ou non o teñen pero dáselle igual …

O que si foi evidente é que se segue a politizar a cultura e o deporte, e a usalos como arma arroxadiza e de control da cidadanía, todo desta vez moi agochado baixo palabras bonitas, pero igual de latente. Non consigo entender como pode o PP pensar que inda que algúns non entremos en certos xardíns, e fuxamos de debates ferintes, sabemos perfectamente o que hai no noso concello e de que vai a cousa. E isto prodúceme profunda tristura, porque un pilar fundamental da nosa sociedade asentase na cultura e nos valores positivos que aporta o deporte, e non deberían usarse deste xeito ….pero en fin …

 Se o meu grupo o final estivemos a favor do reparto, e non nos plantamos como seria o lóxico ante a maneira totalmente incompetente do PP de actuar, foi porque o que en todo momento buscamos foi un acordo que contentase de ser posible a todo o mundo, en especial as entidades, e inda que iso resulta o mais difícil, polo menos este ao creo que nos achegamos algo mais, a pesares do mal que se fixeron as cousas.

A nota divertida e interesante do día ( e tamén preocupante) foi ver o señor Serantes pedir a palabra para desdecir a Salomé e darlle a volta ao seu propio argumentario, na comisisón e logo no pleno…cousas veredes.

   O final do pleno alguén do PP se sorprendeu da falta de bronca, especialmente, polo visto, pola miña parte (agora debo ter fama de fulero, eu que como todo o mundo sabe rara vez levanto a voz).  Non entenden que algúns non nos metemos en política para facer méritos, trepar ou ganar un salario. Non entenden que a nosa intención non e gañar votos a conta da bronca e de avergoñar o contrario ( e iso si que me resultaría fácil, podédelo crer).Seguen sen entender que algúns solo buscamos mellorar as cousas un pouquiño, e sorpréndelles que busquemos acordos, que intentemos levar os debates pola vía amable sempre que sexa posible e ceder posturas se o vemos necesario para lograr obxectivos que deberían ser comúns.

O que foi unha lástima é que non imputaran a Louzan onte, asi xa poderiamos ter un pleno como os dos concellos “serios” do PP, con presuntos sentados á mesa… (…teño que buscar a carta esa pola que querian levarme o xulgado…)

 

 P.D. Vouvos contar unha anécdota para que vexades o grado de inutilidade que temos no PP de Ribadumia. No debate para o reparto de axudas do ano pasado (2013), o náutico de piragüismo, en función das bases de adxudicación, solicitou apoio para un rapaz que está chamado a ser un dos grandes do piragüismo mundial. O PP buscou unha e mil escusas, (todas ridiculas e avergoñantes entre as que destacan a de “esas axudas son para deportistas sen clube” ou “esas axudas son para deportistas que entrenan en clubs de fora de Ribadumia”) para non concederlle axuda económica a ese rapaz (axuda que debía reflectirse en forma de barco para remar), ademais de deixar o club que mais alegrías da o deporte local fora das axudas a entidades deportivas … Pois ben, fai unhas semanas o PP local inexplicablemente cambiaba o seu criterio e  facíalle entrega o club de piragüismo dese barco, por outra banda moi necesario. E así nos vai, non queren acordar nada mais que o que a eles lles parece, e logo cando se dan conta dos erros andan a remendar por detrás, indo de paso na busca  de medalliñas e de votos fáciles. Este é o goberno que tedes ….

Publicado en Cousas de Ribadumia | Deixar un comentario

Orzamentando o 2014

Andamos a voltas cos orzamentos deste ano 2014. E este ano ademais con novidades moi importantes en canto os plantexamentos.  A semana pasada tivemos unha comisión informativa. Previamente dende o noso grupo presentamos unha serie de propostas para facelas entrar no debate. O Psoe tamén fixo un par delas na propia comisión, moi interesantes. O PP aceptou falar de todas elas, e mesmo conseguimos dende a oposición que se realice unha segunda comisión antes do pleno do próximo mércores. Na prensa, logo disto, saíron recollidas as diferentes propostas, incluída a opinión do concello, que aparentemente deixa claro que os do PP non se van mover da súa posición. Ou sexa, nada de loita activa contra o paro, nada de propostas para defender o dereito dos nosos veciños a levar  unha vida digna, e non ter que pedir esmola, solo mais do mesmo, pagar facturas sen control algún, e buscar obras chulas para vender nas eleccións municipais  do próximo ano.

  Dende a nosa posición, logo do debate da comisión, e de conseguir que o PP aplazase falar do asunto, volvemos a replantexarnos as nosas propostas, recollendo os diferentes recados que nos deixou o PP na comisión, e tentar dalgún xeito que se dean conta de que se non se cambia a maneira de facer as cousas, se non acaba ese xeito de tirar cos cartos  acabaremos tendo moitos problemas, e ademais non conseguiremos axudar os nosos veciños en nada, algo inaceptable nun concello. Deixovos integro o documento presentado no concello, pois penso que fala por si solo.

  José Enrique Oubiña Lago, como Concelleiro non adscrito da corporación municipal, o abeiro do debate creado en torno a elaboración dos orzamentos para este ano 2014, e vista a disposición do PP local a, cando menos, falar de propostas e alternativas coa oposición, e logo do aplazamento acordado na comisión informativa do pasado xoves dia 20 de Febreiro, para reflexionar e estudar as diferentes propostas, presenta a seguinte serie de propostas orzamentarias, que clarifican as presentadas na pasada comisión,  para que o equipo de goberno as considere:

 

   Antes de nada queremos aclarar que dende o grupo do concelleiro non adscrito entendemos que a responsabilidade última de mudar, eliminar ou crear partidas orzamentarias pertence o Partido Popular, partido que o conxunto da cidadanía de Ribadumia decidiu escoller para que levara adiante o goberno do noso concello e para o cal dispón de todas as ferramentas democráticas e administrativas, e dende a nosa postura como grupo de oposición somentes podemos aportar os nosos puntos de vista, eivados moitas veces pola falta de información concreta,  opinións e propostas sobre cales son as partidas ou políticas e accións de goberno que consideramos necesarias, pero non podemos saber nin nomear con exactitude cales das partidas orzamentarias propostas polo equipo de goberno son imprescindibles para o correcto funcionamento do concello. Consideramos ademais, e polos mesmos motivos, e sen entrar a valorar a idoneidade ou non das inversións plantexadas para este ano 2014,  que non estamos capacitados para decidir se as  partidas plantexadas para esas inversións son adecuadas, excesivas ou insuficientes para a realización dos proxectos propostos.

 

    Por iso, a nosa primeira proposta é a seguinte:

 

–       Que o grupo de goberno, tendo en conta o histórico contable do concello de Ribadumia, onde no ano 2010 quedaron sen gastar 744.766,53€ dun orzamento inicial de 2.821.892,00€, no ano 2011 quedaron sen gastar 416.920,82€ dun orzamento inicial de 2.653.790,50€, e que no 2012 quedaron sen gastar 451.242,43 dun orzamento inicial de 2.545.222,00, revise as partidas orzamentarias e , atendendo a responsabilidade que lle corresponde como equipo de goberno, decida cales de todas as partidas propostas se poden reducir, ou se mesmo eliminar, para dar cabida as propostas que nos faremos a continuación.  Así mesmo, se o equipo de goberno considerase que esa responsabilidade debe ser compartida co resto de grupos da oposición, estamos a súa disposición para, dun xeito sosegado, sentarnos coas diferentes propostas, e realizar o estudo orzamentario necesario, analizando cada partida polo miúdo e con todos os datos necesarios,  para poder achar formulas de aforro e de adecuación orzamentaria, e dar cabida así a todas as propostas que puidera haber.

 

 

 

   Logo disto, nos entendemos que a proposta orzamentaria do PP adoece de varias faltas que consideramos necesarias incluír. Tamén entendemos que se fai necesario, en vista da situación xeral do país, adecuar as políticas municipais as necesidades dos nosos veciños e veciñas, e cambiar sustancialmente o xeito de elaborar os orzamentos, aumentando o dialogo entre os diferentes grupos políticos con representación, e mesmo cos diferentes entes que cohabitan no concello, dende as asociacións de comerciantes ata entidades deportivas, culturais e sociais, e incluíndo finalmente partidas onde se aposte claramente pola loita contra o paro e pola defensa da dignidade das persoas. Por ese motivo, logo do debate da semana pasada,  onde as diferentes posturas sobre cara onde debía camiñar a realización dos orzamentos quedaron claras, o grupo do concelleiro non adscrito decidimos revisar e clarificar as nosas propostas, tendo en conta o aportado polo equipo de goberno,  e plantexalas aquí.  E son as seguintes:

 

 

–       Crear unha partida e denominala “cobertura de necesidades e axuda a reinserción socio – laboral”, que dea contido económico a creación dun grupo de traballo , que mesmamente pode ser o conformado pola comisión de asuntos sociais onde xa estan representados todos os grupos políticos,  xunta a oficina de servizos  sociais do concello, e sumando a colectivos que traballen na axuda a persoas, que asuma a xestión dos fondos orzamentados para axuda social, e traballen nun plan que teña como obxectivo non solo axudar as familias deste concello que están atravesando un momento critico, se non tamén establecer ferramentas que permitan axudar a esas familias e persoas a levar unha vida digna e lonxe da caridade a pesares da súa situación.

 

–       A creación dunha partida orzamentaria denominada “axuda económica ós estudos”, destinada a  persoas con poucos recursos, que sexa unha bolsa  regulada e adxudicada baixo uns criterios claros, de xeito que calquera veciño de Ribadumia, sexa cal sexa a súa situación económica, teña garantida a posibilidade de realizar o curso escolar, pagar matriculas e taxas universitarias, e facer fronte a compra do material esixido para poder sacar adiante os seus estudos

 

–       A creación dunha partida coa denominación “acción no agro”,  destinada a creación dun grupo de traballo local, con expertos en asuntos do campo e incluíndo a sectores agrarios e sindicatos, coa misión de proporcionar impulso, a través da formación, da información e do   apoio institucional, as diferentes saídas profesionais que poida proporcionar o noso agro,  poñendo especial fincapé no impulso e apoio  da creación de entidades cooperativas, que permitan coa solidariedade laboral e unha correcta organización empresarial, a realización de proxectos cooperativistas de explotación ou servizos agrícolas.

 

–       Creación dunha partida especifica destinada a recuperar os terreos do polígono da Grenla que non se están utilizando, moi necesarios como primeiro paso para que as empresas poidan acceder a chan industrial no noso concello.

 

 

–       a creación dunha partida especifica para dar a poio a creación dun consorcio empresarial local, que reúna a concello, con todos os grupos políticos representados, os sindicatos e as empresas que existen no noso concello, e impulse políticas e accións comúns, que poidan favorecer a recuperación económica e a mellora polo tanto das cifras de contratación. E tamén impulsar dende ese consorcio a atracción o noso concello de empresas de novos sectores. En resumo, contribuír dende este concello a reconstrución do tecido empresarial, case desaparecido da nosa comarca.

 

–       Unha partida especifica que sirva para  apoiar as novas empresas no seu asentamento no noso concello e as pemes existentes a levar a mala situación económica actual. Dentro disto, unha partida especial para o apoio, mais forte se cabe,  a xovenes empresarios que queiran iniciar a súa aventura empresarial no noso concello. Revisar o mesmo tempo os mecanismos para a creación e apertura de novos pequenos negocios, axilizando os tramites das licencias e promovendo a súa apertura con descontos nas licencias ou execcións temporais dalgúns impostos, como o lixo ou a auga. Que estas axudas ou exencións  sexan extensivas a pemes do concello que manteñan ou creen emprego e a aquelas que demostren unha importante baixada de ingresos e polo tanto precisen, en función dunhas bases que deberan ser determinadas,  de certo apoio institucional.

 

–       A eliminación do convenio coa empresa que leva o mantemento do alumeado, que lle custa a este concello 25.000€ anuais, realizando unhas labouras que poden perfectamente realizar o persoal municipal, adecuando as partidas orzamentarias de mantemento as necesidades reais do concello..

 

  Ademais de todos isto, propoñemos o grupo de goberno e o resto de oposición as seguintes medidas, paralelas o orzamento, e con vistas a facilitar a xestión económica do concello e que para o próximo ano se poidan adecuar moito mellor as propostas orzamentarias coa realidade que vivimos en Ribadumia:

–       Eliminar a base do Orzamento que autoriza a alcaldía a contratar todas as partidas do orzamento (os gastos superiores a 6.000 euros deben ir ao Pleno).

 

–       Compromiso de participación da oposición nos Grupos de Traballo que se Constitúan.

 

–       Compromiso de que o remanente económico que haxa do 2013 pase a engrosar estas partidas e non se use para comprar terreos ou outros investimentos menores.

 

–       Un control exaustivo do gasto eléctrico, para o que este ano hai previstos case 100.000€ mais que o ano pasado, a barbaridade de 279.695€, tomando as medidas necesarias para reducir a descomunal factura.

 

 

–       Actuar con mais responsabilidade con certas partidas, creando antes dos orzamentos uns plans de traballo e inversión para o ano económico, en areas como xardinería ou obras menores, e tamén un plan de mantemento das instalacións municipais, dotando das cantidades precisas pero controladamente a través dun orzamento clarificado, evitando no posible os gastos superfluos e incontrolados, culpables do enorme descontrol dos gastos correntes.

 

–       Recuperar outros servizos públicos, como a gardería municipal, a asistencia  ou o lixo, para que o concello reciba  os ingresos por beneficios  que agora se levan empresas privadas ou a Deputación de Pontevedra, podendo ademais mellorar o servizo e ofrecer mellores descontos a usuarios.   

 

Dende o noso grupo agardamos que o PP local, teña en conta as nosas propostas, as estude con calma, e mostre unha disposición o dialogo  que nos permita chegar a un acordo para que os orzamentos deste anos sexan o mais axustados posibles a realidade do nosos concello e se poidan levar a cabo accións reais que axuden a loitar contra situación na que o noso país se atopa.

Publicado en Cousas de Ribadumia | Deixar un comentario

Da Igrexa de Santa baia.

arreglo-iglesia-1Estes días estase falando moito da reparación da Igrexa de Santa Baia, e dende o meu grupo esta maña presentamos un escrito, e emitimos un comunicado de prensa o respecto. Eu pertenzo a esa parroquia, e como veciño ,  quero añadir, mais aló de posicións políticas, as miñas impresións persoais.

En primeiro lugar, a min, que pago os meus impostos (cousa que a Igrexa non fai) ningunha institución pública me arranxa os desperfectos na miña casa, ou nas miñas fincas, nin ningunha institución pública me puxo iluminación arredor da casa para poder vela ben cando volvo polas noites de traballar.

  Por outra banda, hai unha gran  cantidade de persoas que o están pasando mal en Ribadumia, polo que falar de poñer chans de madeira e iluminacións exteriores en igrexas  ou facer campos de fútbol novos cando ademais no concello xa temos campos de sobra, que por certo non se coidan (salvo un), non me parece prioritario, de feito penso que algo así nunca debería ser  prioritario para un goberno. A situación actual de recortes na sanidade, na educación, nos nosos dereitos fai que todo isto sexa aínda mais grave, como para toparse Seguir lendo

Publicado en Cousas de Ribadumia | Deixar un comentario