Somos maioría

PRESENTACION PARTIDO POLITICO CERNA A MARINA VILAGARCIA /  Cando no verán uns compañeiros e compañeiras presentamos Cerna no Salnés, fixémolo cunha idea moi clara: a necesidade de rexenerar todo o noso sistema político dende a súa base. Por ese motivo incidimos naquela presentación na necesidade de impulsar, de cara as eleccións municipais, candidaturas de unidade cidadá, onde os veciños e veciñas dos distintos concellos colleran o control do proceso, e así rachar un sistema cun funcionamento totalmente pervertido. Pouco despois vía a luz o colectivo Somos Maioría ( http://somosmaioria.org/ ) , que busca levar a practica esa idea, sen intrusismo nin dirixismo de partidos políticos e coa democracia real como base de funcionamento, usando ferramentas como o asemblearismo ou o voto telemático .

  En Maio haberá eleccións municipais, e nunca os partidos políticos “clásicos “ estiveron en horas tan baixas. Quizais se a situación do noso país fose outra,  seria anecdotario que tivesemos uns  partidos que viven a golpe de campaña, prometendo cambiar o mundo con paixón para logo das eleccións dedicarse a outras cousas, a enriquecer a amigos e a colocar a familia en cadeiras importantes e en resumo, a que a cidadanía lles pague a gran vida. Quizais sería anecdotario porque a  fin de contas os seres humanos somos así, se a nosa barriga esta chea o resto non ten demasiada importancia.

  Pero a realidade da situación é outra , moito mais dramática, que penso que non fai falta xa explicar porque todos a vivimos dun xeito ou outro. E con esta realidade, urxe tomar medidas que cambien todo iso. Precisamos con urxencia, como cidadáns que formamos parte da nosa sociedade, que todo cambie, porque se non nos, e sobre todo os nosos descendentes van vivir nun pais sen apenas dereitos, e sen posibilidades dun futuro e unha vida  dignas. Porque non nos enganemos, se deixamos os que están seguir gobernando, a nosa vida non vai volver a ser igual. Acabouse ter dereito a un traballo digno, cun salario digno e unha indemnización digna se me despiden ou unha pensión de xubilación que me permita vivir en paz os últimos anos, ou a unha vivenda digna, a unha educación e unha sanidade públicas e gratuítas. Acabouse ter un sistema de benestar sustentado polos nosos impostos, porque os nosos impostos fai anos que se dedican a pagarlle os bancos e as grandes empresas, que o seu tempo enchen as contas bancarias de ministros e colocan expresidentes.

   Cando digo que urxe tomar medidas non falo de ningún xiro anárquico, queimar os concellos e os congresos dos deputados. Iso deixámosllo o cine e a literatura. Do que falo e de que, usando as ferramentas que temos, saquemos do poder a quen nos esta roubando os cartos e os dereitos, e poñamos persoas que, controladas por fin  pola cidadanía, deixen de impoñernos  problemas e comecen a darnos solucións.

 10547571_350495785100941_8175809399729178912_n   E o primeiro paso, para min, e isto levoo defendendo dende fai anos, é acometer un cambio importante nos concellos. A política caciquil actual, onde solo se fai política para amigos, e se tratan as persoas como votos con pernas (se votas por min falamos, se non estas fastidiado), con concellos que toman medidas de costas aos seus veciños (a barbaridade do novo campo de fútbol ou esa pousada que solo sirve para gastar millóns, por exemplo, o u o derribo da antiga casa do medico  para poñer un cruceiro, mentres, ano tras ano,  non se dedican un solo euro a políticas sociais salvo dar esmolas) , cos partidos de oposición ancorados na política de supervivencia á contra, buscando a representatividade antes que as solucións, non nos leva a ningún lado.

   O concello é a primeira institución pública. O primeiro e mais próximo órgano de goberno, onde se deciden moitas cousas que nos afectan a todos e a todas dun xeito ou outro, como os impostos municipais ou  as políticas sociais, sen ir mais lonxe. E para poder darlle un xiro ao sistema, compre sacar o PP do goberno. Compre acabar con iso de  enriquecer ás construtoras e empresas varias dos colegas cos cartos de todos , e centrarse por fin en dar solución os problemas dos veciños, que non son  a falta de cruceiros nin de campos de fútbol.

  Para iso, eu podería presentarme con Anova, ir na súa  lista e tentar sacar o máximo de votos posibles. Pero ese non é o camiño. O camiño é que os meus veciños e veciñas tomen o mando da situación, sexan do meu partido ou non, se xunten e plantexen cal debe ser o programa de goberno, propoñan a lista de persoas que consideran que poden facer ese traballo, cuns nomes que saian ben por consenso ben por votacións abertas, e logo, coa forza da cidadanía, nas próximas eleccións municipais sacar ó PP do goberno. Dende logo sería moito mais fácil se militantes e persoas afíns ós partidos de oposición deste concello, entenderan a urxencia que estamos vivindo, e se sumasen a este proxecto, deixando os intereses partidistas de lado. Porque se nos xuntamos todos sacar o PP da cadeira de mando sería moi fácil.  E para iso traballo todos os días.

Por ese motivo vos convido a todos e a todas e entrar na páxina de Somos Maioría, a ler o seu manifesto, asinalo se concordades,  participar nas votacións,  acudir as asembleas, e  avanzar para por fin cambiar as cousas.  E moito mais fácil do que parece, solo hai que dar un click e comezar a camiñar, nada mais.

Porque por moito que algúns vos desprecen, sodes mais que eles, e todos xuntos somos maioria.

http://somosmaioria.org/

http://somosmaioria.org/blog/

Esta entrada foi publicada en Cousas de Ribadumia, politica xeral. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s