Este mércores tivo lugar un pleno extraordinario onde se decidiu de xeito urxente a documentación coas condicións para realizar o concurso da obra do cambio do céspede de A Bouza, co obxetivo e cambialo o antes posible. Eu alegrome de que se vaia cambiar o céspede, evidentemente, pois era moi necesario, e xa sabedes que defendo que as instalacións municipais deben ser mantidas en condicións óptimas, que por algo son de todas e todos nos. Pero hai xeitos e xeitos de facer as cousas.
Podedes ler a posición do meu grupo, nun comunicado de prensa que en parte recollen os medios hoxe, pinchando aquí.
Se queredes unha opinión mais persoal podedes seguir lendo.
Para comezar, esta maneira apresurada de actuar, sen nin sequera ter tempo para realizar unha comisión informativa onde poder debater sobre as condicións que se van requirir para a substitución do dito céspede, pareceme do mais lamentable, sobre todo tendo en conta que en xaneiro foi a pleno unha moción que precisamente pedía o cambio do cespede de A Bouza, que presentamos dende o meu grupo. Unha moción por certo presentada en Setembro pero que o PP se negou a levar a pleno ata o novo ano. Unha moción que si se hubese aprobado entón permitiría planificar a obra con tempo suficiente, mesmo incluila nos orzamentos, para facela durante o período vacacional en que o campo está sen uso, coordinándose co Umia e facendo as cousas ben.
Agora as consecuencias da mala planificación por parte do grupo popular fanse evidentes nos propios prazos, axustadisimos, postos polo PP para executar a obra: 8 días naturais para presentación de ofertas (10 días para recepcionar as presentadas noutras institucións); a apertura de proposicións o 3º día hábil posterior ao peche de recepción de ofertas e adxudicación nos dentro dos 2 seguintes e finalmente o contrato de obra debe formalizarse nos 15 días seguintes tendo un prazo logo a empresa adxudicataria de 30 días para a realización da mesma…
Sendo moi optimistas vai ser difícil que a obra estea rematada antes de finais de setembro ou principios de Outubro. Por este motivo no pleno preguntei como se vai proceder mentres duren as obras co adestramento dos nenos e xogadores do Umia e mais que solución hai prevista para cando comecen as clases no colexio. A sorprendente resposta do PP foi que o Umia xa estaba informado e xa estaba buscando solucións e que os nenos teñen patios e en caso necesario os corredores do colexio poden ser usados durante os recreos. Tamen cabe a posibilidade de que metan os nenos no pabillon de Barrantes, supoño que cando non chova dada a cantidade de auga que ali entra, e supoño que enlatados en aceite, se non non sei como podera ser.
Pero a conclusión que conseguin sacar disto foi que o concello pecha o campo pero non aporta alternativas, deixando o club e o colexio que se arranxen pola súa conta.
Outro asunto que nos chamou a atención foi que, a pesar da grande cantidade de mostras e detalles técnicos esixidos nas bases de contratación, que non sei de onde as sacarían, pero que calquera mais mal pensado que min diría que foron feitas á medida do que xa saben que van poñer, resulta que logo so se lle esixe a empresa instaladora unha garantia de 2 anos, logo dos cales se correría o risco de volver á mesma situación, ou sexa, co céspede desfeito.
Observando isto, e vendo que estes do PP como sempre non se entran de nada e non recordan que o cespede actual somentes durou en boas condicións 3 anos, e outros 4 sendo parcheado sen éxito cada tempada, propuxenlles dúas cousas:
– que se cambiase o criterio de adxudicación final, que é estritamente económico, e se centrase a aceptación da oferta en aprobar uns materiais duradeiros, dentro por suposto do máximo orzamentado. Isto significa que a hora de conceder a licencia, para o caso de que hubera varias ofertas, se tivese en conta como factor principal a durabilidade do céspede, e non somentes o prezo. A fin de contas o orzamento máximo esta estipulado e mentres non se saia del calquera oferta pode ter cabida. Isto o PP non o aceptou, e calquera mais desconfiado ca min pensaría unha vez mais que o PP quere conceder obra a un proxecto xa coñecido.
– e que en calquera caso se esixira unha garantía maior que os dous anos inicialmente propostos polo PP, proposta que afortunadamente foi aceptada. Non concretamos canta garantia se vai pedir, ou valorar, pero agardo que como mínimo se plantexen unha esixencia de cinco anos, se non xa nos vemos dentro de tres recollendo queixas polo estado do céspede.
O feito de que a mesa de contratación estivese integrada por so cinco membros: Alcadesa, o Concelleiro de obras, a Secretaria-Interventora, o Técnico Municipal e un Técnico da Deputación, pareceme ademais totalmente inadmisible. En primeiro lugar pola presenza dun técnico da deputación, cando a Deputación non vai facer aportación ningunha a este proxecto ( Mentres, que curioso, ó Ribadumia lle regala un campo novo e innecesario) , polo que isto supón unha intromisión descarada nun asunto municipal, que a outro mais mal pensado que eu lle levaría a pensar que vai haber un empuxe cara un proxecto concreto do interese da Deputación.
Dende o noso punto de vista nesa mesa deberían participar representantes do Umia, , que son os que mais uso profesional van dar ó campo, e cando menos teñen dereito a que se lles consulte, ou se lles escoite a súa opinión, tanto a hora de licitar a obra como na organización dos tempos para levala a cabo. .
E dende logo é moi censurable que os membros da oposición se lles negue participar da contratación dunha obra que vai supor una importante inversión para todos os veciños de Ribadumia, tanto os que votan o PP como os que votan a outras opcións. Eu sempre insisto no mesmo, en que os proxectos para o concello de Ribadumia non poden ser alleos ós grupos da oposición, pois cando o PP local decide gastar cartos, decide gastar os cartos de todos os veciños, e deixar fora a oposición significa, en Ribadumia, deixar fora a metade da veciñanza.

Este era o estado lamentable do céspede fai un ano. Ó PP entón non llo parecia, e ademais non había cartos. Agora, de repente, o cespede está fatal e hai cartos de sobra para o cambio. Casualidade??
Todo isto mostranos o que acontece cando se pretende politizar o deporte. Resumovos os feitos:
– o pp negase durante anos a cambiar un cespede que da pena. Ata que chega unha directiva mais do gusto do partido.
– de repente, en canto o club esta en mans mais amigas, aparecen cartos por todos lados.
– e logo veñen as presas. Pero non pasa nada. O importante e vender a obra e sacarse fotos bonitas, que estan as eleccións a volta da esquina.
– Ou sexa, o club de futbol, os nenos, a aficción, os veciños, en resumo, non valen nada. O único importante e gañar as eleccións. E para algún pobriño, sair guapo nas fotos.
Eu, como socio, aledome de toda a axuda que o club consiga para sacar adiante o seu proxecto, , pero polo que ó PP respecta, pareceme moi triste esta maneira de actuar. E non é a primeira vez, o contrario, isto eche o xeito habitual. O club de piragüismo neganselle as axudas municipais, pero logo, como os directivos non calan, andan a darlle cartos por outras vías e pasándolle as mans polas costas a directiva para evitar escándalos maiores. O club de tenis-mesa de Sisan debe ser o único club deportivo deste lado do Atlántico ó que se lle nega o acceso ás instalacións municipais no verán, igual que o resto de veciños dunha das parroquias con mais habitantes, que polo visto son de segunda categoría. Solo se salva o Ribadumia, pero a ver canto lles dura a crista da ola.
De un alcalde ou alcaldesa debese agardar, dende o meu punto de vista, un pouco mais de capacidade de goberno, un pouco mais de capacidade organizativa, un pouco mais de lóxica e sentido común cando se gastan os cartos que son de todos. E dun partido político, como mínimo, algo mais de repecto polos veciños.