Días atrás, falando cunha boa amiga, que xa vai por riba dos corenta anos, contábame que os casos de corrupción son enganosos, porque as persoas inda teñen a peseta na cabeza e non entenden o colosal das cifras dos rescates bancarios ou canto sacaron dos caixeiros os usuarios das tarxetas black de Caja Madrid. Eu quédeime co comentario, e como quizáis teña razón , fixen unha pequena escolma dos gastos que nos levan roubados entre bancos, politicuchos e empresas amigas, para axudar e entender a dimensión do que se di crise pero somentes é unha estafa de nivel estatal.
Imos alo, recordade que os datos van en pesetas ( animovos a que tentedes decir as cifras en alto, toda unha experiencia):
Rescate de Bankia: 5.188.414.638.000 pesetas (mais de 5 billóns, ou sexa, millóns de millóns)
Rescate de Catalunya Banc. 2.271.501.672.000 (dous billóns douscentos setenta e un mil cincocentos un millóns seiscentas setenta e dúas mil pesetas…non sei nin se o escribin ben).
Rescate da CAM: 2.199.955.692.000 pesetas
Rescate de NGB: 1.710.614.466.000 pesetas
Suma de rescate a outras entidades “menores”: 3.840.688.038.000 pesetas
Total do rescate da banca, exercido polo PP coa axuda do Psoe, e en galicia do bng, ascende a 16.652.243.652.000 pesetas. Ou sexa, mais de 16 billóns de pesetas. Non me alcanza a imaxinación para visualizar a cantidade.
Os das tarxetas black gastaron 2.578.983.000 pesetas, dous mil seiscentos millónciños de nada.
Deles Rato gastou 16.478.370 pesetas (mais de 16 millons de pesetas, +/- o que vale o meu piso), e Blesa 72.658.769,568 pesetas mais de 72 millons de pesetas, casi nada). O chico comunista este de Izquierda Unida, José Antonio Moral Santín, gastou 75.963.861 pesetas , mostrando que en cuestión de cartos a algúns os principios ideoloxicos e eticos danlles bastante igual ( a este por certo IU parece que non o quere destituír, nun exercicio de honradez política mais típica do PP que de partidos de esquerda)…E non sigo, o desglose completo en euros destes caraduras tédelo pinchando nos seguintes enlaces:
http://cd00.epimg.net/descargables/2014/10/03/28838b755cf4a7db6d69f1df912f001a.pdf
http://www.eldiario.es/gastos_tarjetas_black/grafico-gastos-opacos-tarjetas-black_0_314269022.html
Solo tedes que coller as cifras, escribilas na calculadora, añadirlle tres ceros porque as cifras veñen en miles de €, e multiplicar x 166 e obteredes o resultado en pesetas. Mellor que cando o fagades esteades sentados, porque vos podedes sorprender do que poden algúns gastarse en según que cousas.
Barcenas supostamente gardoulle 80.198.053.497 pesetas, oitenta mil cento noventa e oito pesetas a outras persoas (que eses cartos sexan solo del si que non o cree ninguen, nin os de El Mundo). Tendo en conta que según declarou o extesoreiro do PP, entre 2009 e 2010 pagoulle en B a Rajoy e Cospedal 14.974.740 pesetas, casi 15 millóns de pesetas, que saían (sempre supostamente) de diferentes empresas privadas que logo recibían contratos públicos, ou sexa, pagados por todos nos, parece evidente que o que había nas oficinas centrais do PP aló en Madrid, non era política, se non era un tráfico continuo de cartos.
Pero vaiamos baixando. Os asesores do goberno de Feijoo levanse do noso peto 1.164.702.000 mais de un billón (con B) de pesetas cada ano. E logo falanos ós demais de recortes e de austeridade.
O gaias custou 49.915.800.000 , redondeando cicuenta mil millóns , cando por fin decidiron parar a sangría. E manter a actual cidade da cúltura, custa 748.737.000, case setecentos cincuenta millóns de pesetas por ano.
Louzan cobra por ser presi da deputación 11.912.072 pesetas, casi doce millóns, un chisco mais do que lle pagaba Nene por facer de porteiro. Pero logo ten (solo para el) 13 asesores que nos levan 88.524.672, outros oitenta e oito millóns.
A pousada de Ribadumia, vainos custar 449.242.200 , catrocentos cincuenta millóns de pesetas, en números redondos.
Os terreos para ese novo campo de futbol costaronnos a todos os veciños, 69.882.120 pesetas, case setenta millóns de pesetas. E facer o campo 332.772.000 pesetas, mais de trescentos millóns. 80.530 pesetas pagamos cada veciño e veciña de Ribadumia solo para facer un campo de futbol sete. ¿Cantos problemas non se arranxaban con todos eses cartos?
E podería seguir así, aportándovos cifras e números un bo anaco. Pero non fai falla. Creo que solo con isto xa se pode apreciar o tamaño da estafa a que nos están sometendo.
O que está claro é que hai que facer, e urxentemente, moitos cambios e sacar a toda esta xente de preto da caixa, porque non están deixando nada, e o que é peor, para compensar todo este roubo e seguir engordando os seus colegas, estannos a recortar os nosos dereitos, recortando as inversións en educación e en sanidade e impulsando as privatizacións e, en definitiva, espoliando o noso país.