axudas a entidades 2014

  images (1)     Como todos os anos , onte foi a pleno municipal o reparto das axudas  as entidades deportivas e culturais. Outro ano mais debate sobre como distribuír os fondos. E co mesmo guión de todos os anos: o PP ignorando que inda non fai tres anos que aprobaron unhas bases de adxudicación e repartindo os fondos a boleo e os da oposición, menos o bloque que non estivo, defendendo outra maneira de facer as cousas, e dicíndolle o PP como debería de calcular a distribución dos fondos en función das súas propias bases. Este ano, nembargantes, o final apenas houbo debate, pois o PP fixo evidente que o de poñerse a distribuír puntos en función da documentación aportada  non ia con eles, e ademais este ano sacáronse de enriba por fin o  náutico o muíño que non presentou solicitude, evitando así cometer a enorme e incomprensible  inxustiza de negarlle as axudas as que teñen dereito, polo que  logo de facerlle notar dende o meu asento as diferenzas entre  as actividades que unhas asociacións declararon ir realizar e as que declararon outras e propor un axuste nalgunha cantidade, conseguimos sacar un acordo. Isto na comisión previa do martes, porque logo o psoe onte non as tiña todas consigo (e non lle falta razón) e preferiu absterse.

  Debo dicir antes de nada que o que si hai que recoñecer foi a vontade de todo o mundo presente para acordar axudar a todas as entidades que habían feito a solicitude (por certo xa dixen que o muíño non se presentou, se non outro galo cantaría). Tamén conven dicir que este ano desapareceron varias entidades (algunha delas inxustamente logo de que o PP lle negase o ano pasado  unha axuda mais que merecida), e apareceron tamén entidades culturais novas, as que dende aquí animo a traballar e axudar a facer deste concello un lugar mellor.

   Tanto no debate previo en comisión como no pleno pola nosa banda insistimos moito na necesidade de utilizar as bases para algo mais que para abanarse, que había que léelas, e tomalas como guía para adxudicarlle as entidades unha puntuación que solo despois se debería transformar en euros, de xeito que o sistema de elección deixara a mínima capacidade de movemento ós concelleiros. E insistimos en que se coas bases actuais iso non era posible, como parece ser o caso, entón haberia que axustalas a realidade ou cambialas. Pero como diría un colega meu de Cambados, “no hai manera chico!”, e paseime dúas reunións dándolle cabezadas ás paredes.

   Mención a parte merece o caso de protección civil.  Nos temos moi claro que é unha entidade que xa ten adxudicadas unhas partidas especificas nos orzamentos de cada ano, como corresponde a unha entidade que realiza unha labor tan importante como a deles, polo que non debería estar incluída no reparto destas axudas, en función dun punto das bases de adxudicación que debe ser o único que o PP coñece, e que utiliza para deixar fora a entidades que non lles interesa , como o náutico. Pois logo de moito preguntar resultou que nin no propio PP se poñen de acordo e o final solo saquei a conclusión de que depende de a quen lle preguntes, teñen dereito a unha axuda ou non o teñen pero dáselle igual …

O que si foi evidente é que se segue a politizar a cultura e o deporte, e a usalos como arma arroxadiza e de control da cidadanía, todo desta vez moi agochado baixo palabras bonitas, pero igual de latente. Non consigo entender como pode o PP pensar que inda que algúns non entremos en certos xardíns, e fuxamos de debates ferintes, sabemos perfectamente o que hai no noso concello e de que vai a cousa. E isto prodúceme profunda tristura, porque un pilar fundamental da nosa sociedade asentase na cultura e nos valores positivos que aporta o deporte, e non deberían usarse deste xeito ….pero en fin …

 Se o meu grupo o final estivemos a favor do reparto, e non nos plantamos como seria o lóxico ante a maneira totalmente incompetente do PP de actuar, foi porque o que en todo momento buscamos foi un acordo que contentase de ser posible a todo o mundo, en especial as entidades, e inda que iso resulta o mais difícil, polo menos este ao creo que nos achegamos algo mais, a pesares do mal que se fixeron as cousas.

A nota divertida e interesante do día ( e tamén preocupante) foi ver o señor Serantes pedir a palabra para desdecir a Salomé e darlle a volta ao seu propio argumentario, na comisisón e logo no pleno…cousas veredes.

   O final do pleno alguén do PP se sorprendeu da falta de bronca, especialmente, polo visto, pola miña parte (agora debo ter fama de fulero, eu que como todo o mundo sabe rara vez levanto a voz).  Non entenden que algúns non nos metemos en política para facer méritos, trepar ou ganar un salario. Non entenden que a nosa intención non e gañar votos a conta da bronca e de avergoñar o contrario ( e iso si que me resultaría fácil, podédelo crer).Seguen sen entender que algúns solo buscamos mellorar as cousas un pouquiño, e sorpréndelles que busquemos acordos, que intentemos levar os debates pola vía amable sempre que sexa posible e ceder posturas se o vemos necesario para lograr obxectivos que deberían ser comúns.

O que foi unha lástima é que non imputaran a Louzan onte, asi xa poderiamos ter un pleno como os dos concellos “serios” do PP, con presuntos sentados á mesa… (…teño que buscar a carta esa pola que querian levarme o xulgado…)

 

 P.D. Vouvos contar unha anécdota para que vexades o grado de inutilidade que temos no PP de Ribadumia. No debate para o reparto de axudas do ano pasado (2013), o náutico de piragüismo, en función das bases de adxudicación, solicitou apoio para un rapaz que está chamado a ser un dos grandes do piragüismo mundial. O PP buscou unha e mil escusas, (todas ridiculas e avergoñantes entre as que destacan a de “esas axudas son para deportistas sen clube” ou “esas axudas son para deportistas que entrenan en clubs de fora de Ribadumia”) para non concederlle axuda económica a ese rapaz (axuda que debía reflectirse en forma de barco para remar), ademais de deixar o club que mais alegrías da o deporte local fora das axudas a entidades deportivas … Pois ben, fai unhas semanas o PP local inexplicablemente cambiaba o seu criterio e  facíalle entrega o club de piragüismo dese barco, por outra banda moi necesario. E así nos vai, non queren acordar nada mais que o que a eles lles parece, e logo cando se dan conta dos erros andan a remendar por detrás, indo de paso na busca  de medalliñas e de votos fáciles. Este é o goberno que tedes ….

Esta entrada foi publicada en Cousas de Ribadumia. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s