¿Comedores escolares en verán?

 comedor-escolar-740x400 A semana pasada abriuse nos medios de prensa o debate sobre se deben abrirse os comedores escolares no verán ou non, debido a situación de carencia alimentaria de miles de nenos en Galicia e España. O grado de demagoxia e falta de sentido común que mostraron a partires disto algúns políticos deste país dá vergoña allea.

   Por un lado ós do PP, non se lles ocorre cousa mellor que dicir que   abrir os comedores escolares no verán solo serviría para visualizar a pobreza (preme aqui), como se a pobreza fose unha vergoña que a sociedade tivese que agochar, ou como se os nenos non se coñeceran entre eles. Logo pola mesma banda política, a dos fachas , viñeron outras barbaridades como a que escoitei a un concelleiro aló polo profundo da vella castela dicindo que “toda a vida houbo familias que pasaban fame” (preme aqui). Sen comentarios.

  Pero logo pola outra banda, os da esquerda tamén mostraron andar algo perdidos. E de repente encontrámonos cunha manda de políticos de todo o espectro zurdo dicindo que por suposto que hai que abrir os comedores escolares no verán, e algún, que non sei en que colexio se sacaría o graduado, chegando a dicir que nos colexios de hoxe en día non se estigmatiza a ninguén, e que polo tanto non pasa nada porque uns nenos sepan que os outros son pobres, nin os nenos pobres senten vergoña algunha .

   E con isto armouse o lio. Uns que si, outros que non . Uns que a urxencia da situación obriga, outros que hai xeitos de facelo, por exemplo abrindo os colexios con actividades de verán para que comeran todos os que foran, e os que pasaran necesidade quedaran disimulados no medio do resto, e outros que a ver quen paga iso …. Un despropósito de debate.

1402502453172ninio-galc4   Vaiamos por partes. Primeiro o problema. ¿ É un problema que un neno non teña de comer na súa casa? Claro, pero ademais diso é o  síntoma de algo moito mais grave. Pois o neno que pasa fame ten con el uns pais que pasan o triple de fame.  Púxose o foco nos nenos, por que son a parte mais feble, visible, e para os medios a mais lacrimónexa (éxito seguro de audiencia) dunha situación familiar dramática e en moitos casos insostible, pero paréceme infame que se fale de solucionarlle a papeleta aos nenos con medidas de trazo gordo, bagoa fácil e gran venta de periódicos e votos, en lugar de poñer o foco e as solucións  no problema real, que é a falta de ingresos das familias que se quedan sen axudas.

  E fixadevos como centrándonos no problema real a cousa cambia. Porque se en lugar de mirar o neno que non se alimenta ben miramos o que acontece no seu fogar, o drama multiplicase, e iso non se soluciona abrindo comedores escolares, unha medida por certo moi cara. Entón hai que falar de políticas sociais. Porque é aí onde reside  parte da solución, cando menos a  parte mais urxente:  poder comer.

   ¿E como lle facemos fronte á situación desas familias sen recursos? Según o PP mandando a xente a Caritas (en Ribadumia faise así, por certo).  Pois eu dígovos que non. O único que se precisa para dar un remedio temporal a esta situación é mudar as políticas sociais nos concellos e nos diferentes gobernos autonómico e estatal, e abandonar a política da caridade a favor da política da dignidade. Xa sabedes, políticas de esquerdas, de xustiza social, non de facherío. Foi por certo a proposta que lle presentamos ó PP cando se falou dos orzamentos deste ano, pero xa sabedes o que pasou: o deles é que a xente lles vaia a pedir piedade.

Vouvos  explicar como facer isto dende o concello en tres simples pasos:

1-      Colles a partida para asuntos sociais.

2-      Retiras a maior parte das axudas a entidades tipo Caritas e Amigos de Galicia, e asumes a túa responsabilidade.

3-      Reorganizas e usas  a maior parte deses fondos (logo tamen teras que atender a outros problemas, como a ausencia de luz electrica nalguns fogares, emerxencias varias…) para abrir unha conta nun supermercado local e ocúpaste de que as familias sen recursos poidan ir ao supermercado (vía cheque ou tarxeta moedeiro) e realizar unha compra mínima ( e controlada, limitando  por exemplo o acceso ao alcohol, para evitar certas circunstancias). Sen ter que ir a porta de Caritas a pedir.

Que fácil resulta.

    A idea non é nova nin invento meu, e as novas tecnoloxias permiten que se poida dun xeito controlado proveer a unha familia sen recursos dun pequeno fondo económico co que facer fronte ao mais urxente, pagar a luz, comprar alimentos…) Se a isto lle sumamos outras políticas sociais de xeito, alugueres sociais (a quen o precisa, non o cuñado do primo de..), exencións temporais de impostos, etc, conseguiremos cando menos aportar un pouco de aire a todas esas familias. Pero claro, para iso fan falla alcaldes comprometidos e valentes, e que sepan xestionar os orzamentos dun concello,  e gobernantes do mesmo calibre, non quentasillas nin chupóns abrecartas como os que temos agora.

  Por certo que  isto que vos conto xa se esta facendo. A propia Caritas (digo Caritas por ser a mais coñecida) utiliza este método en moitos casos. E un xeito de conseguir que as familias poidan acceder a alimentos frescos e básicos, sen necesidade de mendigar axudas, e sen pasar por situacións de vergoña. E un xeito de permitirlle a xente manter a súa dignidade incluso en situacións difíciles.  E sae moito mais barato que abrir uns comedores, pagar uns caterings e manter un persoal e unhas instalacións todo o verán.

  E non vos equivoquedes, estas solucións son simples remedios de emerxencia, non arranxan  nada. O problema e moito maior. O problema esixe políticas activas de loita contra o paro, de crecemento estrutural, abandonar as políticas do PP e da señora Merkel, romper un sistema que nos esta afogando e saír adiante. E para iso é evidente que hai que sacar a toda esa panda de políticos mediocres dos diferentes  gobernos, e en especial ó PP, que é o  máximo responsable do que esta acontecendo. E iso comeza sacando ó PP dos concellos, e liquidando o sistema caciquil que tanto lles esta permitindo engordar a conta dos demais, que as teñen que pasar canutas, e moitos inda por riba rezar para que lle abran o comedor escolar e que polo menos, dado que os politicuchos lles dín que non hai outro remedio,  o neno poida comer.

Esta entrada foi publicada en politica xeral. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s