Da Igrexa de Santa baia.

arreglo-iglesia-1Estes días estase falando moito da reparación da Igrexa de Santa Baia, e dende o meu grupo esta maña presentamos un escrito, e emitimos un comunicado de prensa o respecto. Eu pertenzo a esa parroquia, e como veciño ,  quero añadir, mais aló de posicións políticas, as miñas impresións persoais.

En primeiro lugar, a min, que pago os meus impostos (cousa que a Igrexa non fai) ningunha institución pública me arranxa os desperfectos na miña casa, ou nas miñas fincas, nin ningunha institución pública me puxo iluminación arredor da casa para poder vela ben cando volvo polas noites de traballar.

  Por outra banda, hai unha gran  cantidade de persoas que o están pasando mal en Ribadumia, polo que falar de poñer chans de madeira e iluminacións exteriores en igrexas  ou facer campos de fútbol novos cando ademais no concello xa temos campos de sobra, que por certo non se coidan (salvo un), non me parece prioritario, de feito penso que algo así nunca debería ser  prioritario para un goberno. A situación actual de recortes na sanidade, na educación, nos nosos dereitos fai que todo isto sexa aínda mais grave, como para toparse por riba cun PP que esta mais pendente do seu equipo de fútbol e da misa de doce que dos problemas da cidadanía (isto non vos recorda a primeiro gran aficcionado o real madrid, que tamen o era as misas de domingo?? si oh, o fulano aquel, Franco se apelidaba).

  Pero iso  non significa, e hai que dicilo, que calquera equipo de goberno minimamente decente, ou calquera grupo político que aspire a gobernar, ou calquera veciño preocupado por como se invirten os seus impostos, non deba tamén preocuparse por esas cousas, porque se deixaramos de lado todo o que non é prioritario, nunca teriamos parques para que os nenos xogaran, nin instalacións municipais de ningún tipo, e polo tanto, non avanzariamos nada en absoluto. Ser responsables obriga a ter a vista posta en varias cousas. Dende o comezo da humanidade leva habendo “outras prioridades”, e paréceme simplista e ridículo que esta frase se utilice para criticar algo sen ter maior razoamento que ese (Por iso dende Anova nos tomamos con calma facer calquera valoración política do asunto, e por iso presentamos o escrito que presentamos, perfectamente argumentado, mentres outros se limitan a ir a prensa a queixarse de que o PP fai algo malo non prioritario).

 Eu si concordo con que os bens culturais se deben manter en bo estado, pero ten que mantelos o seu propietario,neste caso a Igrexa Católica, que por certo ben que cobra ós feligreses polo seus servizos, e non nos confundamos a hora de facer valoracións polo feito de ter un párroco tan respectable e tan boa persoa  como Don Dositeo, porque a Igrexa non lle pertence a el, e neste caso non deixa de ser un traballador máis o servizo dunha entidade maior, sen responsabilidade ningunha en todo isto. Se o propietario dun ben cultural non pode acometer a súa restauración, as institucións deben facerse cargo, pero non de calquera xeito, e os bens culturais onde as institucións actúen, deben pasar a mans desas institucións, que recordemos traballan cos cartos de todos nos, para que poñan eses bens o servizo da cidadanía.

arreglo-iglesia-2Deixando de lado outras consideracións eu, como veciño de a pé,  podería admitir que se a estrutura da igrexa estivese en mal estado, cumprindo co que acabo de explicar ou sexa, cedendo a titularidade da igrexa a quen pagase a obra, neste caso o concello e a deputación, esta se reparase. O que non concibo de ningunha maneira é que nunha igrexa que non esta no centro de ningunha zona urbana importante, nin soporte unhas visitas turísticas nocturnas que o xustifiquen un mínimo, se acometa a instalación de semellante alumeado exterior que imos ter que pagar entre todos, os de Ribadumia e os de Sisan e o resto de parroquias. Sobre o do chan de madeira, eu persoalmente creo que é totalmente innecesario, que ataca a beleza propia da igrexa, e que non vai resolver problema de humidade ningún, ademais de que a ver quen paga o mantemento dese chan.

Seguramente, co que se vai gastar na Igrexa de Santa Baia, se resolvían os problemas estruturais da maioría das igrexas de Ribadumia, polo que igual deberiamos preguntarnos a que ven este interes do PP de tirar tantos cartos nesa igrexa concreta, que curiosamente esta tan preto do mausoleo do señor L….perdón, das instalacións deportivas  dun club de fútbol, dun tanatorio, un pavillón, dunha casa de cultura e dun auditorio, todos os cales ademais coa característica especial de que se teñen tellado teñen goteiras, unha mostra mais do ben que coida as nosas instalacións o PP.

Esta entrada foi publicada en Cousas de Ribadumia. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s