Outro tema que se debateu no pleno do xoves pasado, foi unha moción presentada por nos para que coa maior urxencia o concello xestione o cambio do céspede do campo de a Bouza. Os motivos podedes consultalos aquí:…
http://mocionsescritosanovaribadumia.blogspot.com.es/2013/09/2109013-mocion-para-que-o-concello.html
O que pasou foi que o pleno tomou, como sempre que algo afecta directamente os veciños, un camiño tortuoso e duro. O PP primeiro atacou as formas nas que esta redactada a moción, como escusa para non aprobala. Curiosamente o mesmo PP levaba toda a tarde facendo o contrario, isto é, dicindo que os motivos desta ou aquela moción non lles gustaban, pero preferían centrarse nos acordos propostos. Logo perdéronse en temas de semántica, co concelleiro de deportes perdido en non sei que universo paralelo porque na moción había unha verba corrixida a bolígrafo. Cando por fin volveron o centro da cuestión, resultou que o campo non esta en tan malas condicións ou que o problema era que eu, según o PP, pretendía que a deputación gastara cartos no campo da Bouza pero non que fixera un campo novo en Ribadumia, campo que polo visto vai asumir a sobrecarga que soporta o campo do Umia, inda que eu non sei como van facer no colexio para levar os nenos no recreo ata A Senra. Logo, para rematar de liala un concelleiro pola banda da esquerda nacionalista, opúxose a moción porque non lle parecía adecuado que o concello buscara fondos para manter en perfectas condicións as instalacións municipais.
Unha merenda de negros.
Para cando puiden por fin falar, e lles deixei claro que hai unha diferenza moi grande entre gastar millóns en facer instalacións novas e innecesarias e manter en condicións as instalacións existentes que ademais pagamos entre todos, que se o partido que goberna non cumpre coas súas obrigas actúa con total ineptitude, que hai que ter moita cara dura para logo de visitar o campo e ver como está decir que non “está en tan mal estado”, e que o que propoñía a moción non era que Salomé fora chorándolle a Louzán (alí presente) se non que fixese o que debera facer, xestionando dende o concello a consecución de recursos (se no concello non hai) buscando onde fose necesario para solucionar un problema que xa é vello… logo de todo isto, Salomé, saltándose todo o normal no funcionamento dos plenos en Ribadumia, concedeulle a palabra a Louzán, que no ámbito do pleno municipal solo é un concelleiro máis, que inda por riba apenas vai os plenos. Esperpéndico, faltoulles poñerse en pe e enlazar os dedos das mans como na misa. Rafa Falou dez minutos pero o único que dixo foi que para o campo novo se van licitar agora un millón de euros mais, e que o campo da senra a penas se usa para poder mantelo en condicións. De porque, asumindo que falaba en nome da deputación. non se cambia o céspede do campo de a Bouza ou porque non se arranxa o campo de Leiro nin palabra, , polo visto solo ten ollos para o campo novo.
Eu sigo defendendo o mesmo:
– en Ribadumia actualmente hai instalacións deportivas mais que suficientes para asumir a cantidade de deportistas que temos, pero algunhas delas non estan en condicións e o concello non se esta preocupando por poñelas o dia.
– non estou de acordo en facer un campo mais.
– é a obriga de quen goberna Ribadumia, neste caso o PP, de que as instalacións deportivas estean en perfecto estado de uso, e de que cando o seu estado se degrade, buscar solucións e os fondos necesarios para levalas a cabo.
E contra do que outros din, eu claro que creo que o noso concello ten moitas prioridades, ás que debe atender con urxencia e por suposto dende a responsabilidade e cunha planificación adecuada.
Pero ademais desas prioridades, hai outras cousas. Se o concello solo se adicara, como algún iluminado parece propoñer, a atender os servizos sociais, teriamos nenos sen parques onde xogar, nin instalacións deportivas as que acudir, nin moitas mais cousas polas que un partido que pretenda gobernar, tamén debe mirar. As escusas que algúns están poñendo para votar en contra das nosas mocións, cada día sorpréndenme máis.
Pingback: Fúmonos de pleno I: moción sobre o copago farmaceutico. | ENRIQUEoubiña