Este xoves pasado tivo lugar o primeiro pleno do ano, onde ademais recibimos a nova concelleira do psoe, Silvia Alvarez. Da gusto ver como hai xente nova que decide participar na vida política do noso concello.
Indo a cuestión do pleno. Houbo un pouco de todo. O PP permitiunos defender as mocións que tiñamos presentadas xa para o pleno anterior, e que aprazou intencionadamente, como xa fixo outras veces, buscando que a actualidade desas mocións pasase, o cal provocou neste caso que decaesen unha ou dúas mocións, que a min me parecían interesantes, a pesares da miña opinión contraria a levar mocións que non propoñan solucións concretas a problemas concretos. O curioso é que como da vez anterior, o concelleiro que menos mocións leva a pleno, que son eu, foi o que tivo que defender os dereitos democráticos dos demais grupos e polo tanto dos nosos veciños, voten a quen voten, ante o abuso do PP.
Vouvos resumir a xornada, e solo vou falar de dúas mocións. Unha delas, relativa o copago farmaceutico, propoñia o seguinte:
Era unha moción coa que dende o noso grupo concordabamos case completamente. Pero tiña un problema, que era que no cuarto punto propoñía que o concello se fixera cargo do copago sanitario. Isto en principio pode parecer moi lóxico, e dende logo queda moi ben como titular de prensa, e de feito varios concellos sumáronse a esta iniciativa e nos debatémola no grupo local longamente.
Entón porque iso é un problema? Polos custos. A moción non plantexaba crear unha partida orzamentaria nin presentaba un estudo de custos, nin un plan mais concreto, onde especificara a quen se lle aplica e a quen non, ou sixelamente canto podía, inda que fora dun xeito aproximado, custar (pregunteino e non recibín resposta) e iso pode ser un problema nun concello cunha poboación de 5000 habitantes cunha alta porcentaxe e persoas maiores, pois poderiamos toparnos se a moción se aprobara nestes termos nun momento dado con que fundimos o concello economicamente. A realidade é que varios concellos levaron esta proposta adiante, pero falamos na gran maioria de concellos pequenos, onde economicamente é viable, ou onde o grupo que goberna fixo previamente un estudo de viabilidade. Pontevedra, por exemplo, gobernado polo partido que propón isto, non vai aplicar esta proposta precisamente por motivos económicos (http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2013/10/30/pontevedra-desmarca-municipios-bng-rechaza/905246.html ) .
Eu defendo unha sanidade pública, universal e sufragada como se viña facendo polas retencións para á seguridade social, non con novos impostos. Ademais en Galicia xa pagamos para a sanidade vía seguridade social, e o imposto dos carburantes, que son case catro céntimos en litro, e agora ademais pretenden meternos outro mais, algo que curiosamente Cospedal non vai facer en Castela, co cal deberiamos preguntarnos, e así o plantexei no pleno inda que foi como falarlle a unha parede, se os galegos somos mais ricos que os casteláns ou se os peperos de Galicia pensan que temos menos dereito que o resto do estado español.
O que esta ocorrendo realmente é que o PP pretende asfixiar as clases medias e baixas, e provocar, con medidas como esta que os dereitos mais básicos, como a sanidade e a educación, estean o alcance unicamente de quen poida pagalos.
Chegado o momento de votar a moción, eu ( e tamén o PP curiosamente) pedímoslle o concelleiro que a defendía , que nos permitira votar os catro puntos por separado, para así aprobar os tres primeiros, moi importantes tamén, por unanimidade, pois neles todos estabamos de acordo. O concelleiro negouse e eu vinme obrigado a absterme e o PP votou en contra, co cal unha moción que podía ser aprobada en gran parte foi rexeitada na súa totalidade. Isto demostra quen vai os plenos a buscar acordos e quen non. E por desgracia tamén demostra que hai partidos que se adican a presentar mocións en bloque en todos os concellos onde non gobernan, sen valorar cada concello por separado, porque simplemente buscan a oposición de quen goberna, non que esas mocións saian aprobadas, o cal deixa en moi mal lugar os concelleiros locais, que se limitan a firmar e entregar papeis no concello, no canto de traballar.
Para non cansarvos con artigos extensos, a outra moción, que ademais era o punto forte do pleno, contovola na segunda parte deste artigo (preme aqui )