Das eleccións europeas e a fronte ampla.

Estas semanas estanse lendo na prensa moitas novas relativas á busca por parte dalgúns partidos políticos de diferentes16551801 alianzas para enfrontar as  próximas eleccións o parlamento europeo.

 Gustaríame compartir con vos as miñas opinións a este respecto.

  O primeiro do que debemos falar é de se é realmente tan importante ter representación no parlamento europeo.

Por suposto. Aló en Bruxelas decídense moitas cousas moi importantes para nos, moitas leis comunitarias que nos afectan directamente. Non esquezamos que, sen ir mais lonxe,  as medidas que esta tomando o desgoberno de Rajoy, como a última reforma laboral ou o ataque as pensións, veñen en gran medida empurradas por Alemaña, gran ditadora europea, coa Merkel de tirana máxima, e con gobernos como o español totalmente rendidos sen tan sequera presentar batalla. Por ese motivo, non podemos deixar de lado a nosa situación dentro de Europa, e por ese motivo debemos buscar a maneira de que a nosa voz teña reflexo no parlamento europeo.

Composición-del-Parlamento-Europeo

Vos credes que un único parlamentario aqui no medio poderia ter forza como para conseguir algo?. Non, por iso os partidos mais pequenos, xeralmente logo das eleccións, se une. Algúns o que non entenden é a necesidade non solo de unirse antes das eleccións, se non ademais  nun grupo amplo e forte, e facer desa forza un elemento aglutinador do voto e do apoio da cidadania.

Ata aquí nada novo, este é un relatorio xa vello. Cal é o problema. O problema son en realidade dous:  o difícil de conseguir representación, pois España conta como unha circunscrición única,  e o tamaño da voz que hai que chegar a ter nese parlamento, con mais de 700 deputados, para que o traballo de ir alí sirva de algo mais que de fonte de ingresos para o partido.

 E aquí é onde aparecen as diferenzas que se están vendo. Porque as dúas grandes forzas nacionalistas galegas, por exemplo, teñen declarada a necesidade de buscar unha unión, un pacto político, que axude a conseguir ese obxectivo da representación en Europa. Pero tamén é certo que o obxectivo final non é (ou non parece)  o mesmo.

O Bng quere unha unión de forzas nacionalistas principalmente galegas, (logo vascas e catalás), que defenda unha visión soberanista dos problemas, e tamén das solucións (estou concretando moito, pero en resumen é así). E algo totalmente lexitimo, e nin siquera é algo novo, pero non deixa de ser o minifundismo de sempre… E eu creo que o único para o que ia servir, caso de lograr representación, seria para que no parlamento europeo alguen falase galego …pero falar é unha cousa, escoitar e outra, e votar nun parlamento e que unha maioría te apoie outra moi distinta. E ir alo solo para predicarlle os paxaros, como San Francisco, a min pareceme unha perda de tempo. Claro que asi garantizanse inya falsa imaxe de traballo, e uns ingresos para o partido, moi bos para manter liberados, pero nada mais.Compre algo mais de seriedade .

Dende Anova defendese unha visión mais ampla: non chega con ter representación en Europa, nin con ir alí a dicir “Eh, que somos galegos e queremos defender o noso, e de paso ser independentes!!”… hai que ir mais aló. Hai que romperlle o xogo ao  dúo PP-PSOE, que en Europa, a conta de que os medios e a opinión pública apenas miran para aló, se adican a facer avións de papel, esquecendo que deben defender os intereses de todo un estado, non os de Angela Merkel, nin os de grandes empresarios como o Botín. É necesario buscar unha alianza que converta a esquerda real (e rupturista) de todo o estado español nunha forza política tan potente que rompa o bipartidismo actual (iso é o que chamamos “ruptura democratica”), e force eses cambios que tanta falta fan, eses cambios que obrigarán aos supostos dous grandes  partidos a mirar cara abaixo, cara a cidadanía, e cambiar o seu modelo ou desaparecer. E isto non é imposible, todo o contrario.

E de conseguirse isto, o primeiro que vai ocorrer é que no Parlamento europeo acabouse o non acudir as votacións, ou votar en contra dos intereses do noso estado e da nosa xente, porque haberá unha voz forte que obrigara as outras dúas voces españolas a traballar e, posiblemente, moitas veces a alonxarse dos seus homólogos europeos en favor por fin dos intereses do noso estado. O segundo será que estaremos abocados irremediablemente a unhas novas eleccións estatais, rupturistas por fin,  porque teremos unha forza política tan forte que o bipartidismo pp-psoe fenderase o medio e fundira como o Prestige anos atrás.

Dende o BNG acusan a Anova de españolistas por querer isto. Unha visión moi simplista, penso eu. Unha visión que leva a un punto morto, pois Anova vai apostar pola fronte ampla, non excluinte,  e no bng van apostar por un pacto de corte nacionalista, excluinte e apartado de todo o resto.

Dende o meu punto de vista, se Anova consegue o seu obxectivo, e o Bng teima no seu capricho, nas eleccións europeas o que vai ocorrer en Galicia será outro batacazo para a segunda forza nacionalista deste pais, e logo, probablemente, un drama, e a condena ao Bng a ser un partido residual.

Claro, isto solo é unha opinión (non un desexo, por certo), eu non son analista político, pero tampouco o era nas pasadas autonómicas e acertei bastante ben.

  Eu creo que son tempos novos, e  que compren solucións novas. A vella política, esa que tanto lles gusta ao PP e ao PSOE, e a outros partidos totalmente institucionalizados e alonxados da realidade, xa non serve. Está totalmente podrecida e anquilosada. E fai falla romper con todo ese sistema e reinicialo de novo. Pero dende a democracia. E para logralo é imprescindible abandonar o minifundismo, e apostar por alianzas claras, asentadas nos mínimos comúns denominadores que estan nas bases de todos os partidos de esquerda e no respecto mutuo. E hai que ir mais aló, e deixar ós movementos cívicos que se unan e que participen, sen tutelas, dun gran proxecto, amplo e liberador …

Pódese cambiar o mundo, claro que si, non seria a primeira nin a última vez, pero claro, para iso fai falla vontade, e iso é o que voto de menos eu hoxe. Vontade dalgúns partidos políticos, encapsulados e encirrados, aplastados por unhas siglas, vivindo no egocentrismo, no fanatismo e seguidismo cuasi relixioso, ou enredados nos trasmallos das vellas estratexas aprendidas de homes que viviron e morreron noutra realidade, fai xa moitos anos, esquecendo que do que se fala aquí, o final, non é de quen sae mais na prensa, nin de quen é o que manda a mensaxe mais chachi, nin quen ten a minga mais grande, do que se trara é de que millóns de persoas  hoxe non terán nada que cear, nin dereito e nin siquera acceso, a unha sanidade e unha educación públicas, nin a unha vivenda, nin a un traballo digno… Do que se trata e de que nos estan sacando o noso dereito a unha vida digna, e de que non podemos permitilo.

 Pero son optimista.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en cousas miñas, politica xeral. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s