Salvapatrias.

ateneo_libertarioHai  políticos e politicuchos. Sempre o digo. Moita xente pensa que o fago con animo ofensivo, pero nin moito menos. Expoño una realidade.

Mentres escribo isto, nun concello preto de aquí hai una charla informativa sobre o asunto referente ós pensionistas emigrados, que logo de anos cobrando a súa pensión , se encontran con que a Axenda Tributaria lles reclama por non haber declarado esas pensións, e non conforme con isto, os multa.

  O partido político que se lanzou a montar unha  plataforma de afectados na comarca, ten moi clara cal é a  problemática, pero esquece que a función dese tipo de plataformas, moi necesarias para visualizar un problema como este e para facer que os gobernos actúen,  é principalmente a de buscar solucións. E a solución, por moito que algún se empeñen, non sempre é votarlle a culpa a Rajoy, ou o inútil político de Feijoo.

No último pleno municipal pasou algo moi curioso. Había unha moción deste partido autoerixido en defensor dos pensionistas. Era unha moción algo longa, pero o final o que propoñía era “Manifestar o apoio aos veciños e ás veciñas afectadas”; “Instar a Xunta de galiza a: Establecer mecanismos para colaborar con este concello na prestación de asesoramento a todas as persoas afectadas que o precisaren” e “Demandar do Goberno do Estado a anulación de todos os expedientes sancionadores e a revisión dos convenios marco con outros países”.

En resumo, case propoñía o imposible (como sempre).

Por que?  Sinxelo. En primeiro lugar, evidentemente todos nos solidarizamos cos afectados. Ata aquí fácil.   O problema é que existe unha lexislación vixente que non se pode saltar  así polas boas. É certo que existen excepcións como  esa amnistía que permitiu os defraudadores legalizar os seus millóns. Pero tamén é certo que quen se votou a polos pensionistas foi o PP, únicos responsables  dende o ministerio de Facenda deste atraco, e que agora dean marcha atrás non parece moi probable. Por outro lado, esa insistencia en instar a Xunta a que tome medidas, queda moi bonita, pero  solo significa votar balóns fora. Inda que todos os concellos votaran a favor desto, cousa que non ocorreu, mentres a Xunta recibe esas instancias e se decide a actuar, poden pasar meses, se non anos.

E mentres tanto? Que pasa ata entón cos pensionistas???.

O curioso do asunto, foi que o PP votou a favor desta moción, liquidando as ganas dos membros do partido que presentaba a moción de reventar o pleno, como viñan de facer en Vilagarcia  (inda que ali con certa razon. A Fole habia que metelo nun reformatorio) . Parece algo curioso, ou unha rareza,  pero logo desta breve explicación anterior, vedes que o PP non fixo nada especial aceptando a moción, solo calarlle a boca a un partido da oposición.

No medio de todo isto, e agora entramos no asunto, dende o meu grupo,  propuxen que se añadiran dous puntos a esa moción: que o propio concello habilitase unha oficina para informar os afectados.

O outro era que se instase a Xunta a algo que si pode facer con certa celeridade, que é acelerar os tramites dos pensionistas retornados con baixa permanente que queiran adecuar a súa situación a do estado español, e evitar así moitos impostos e gravames, que prexudican estas pensións, mais agora que facenda se votou enriba delas.

Eran dúas cousas sinxelas, pero o concelleiro que defendía esa moción opúxose. E por qué,  diredes vos?  Porque o PP xa dixera que a ia aprobar, e esa moción realmente non pretendía ser aprobada, pretendía crear un conflito co PP a conta dos pobres pensionistas, pero sen buscar solucións o problema.   E claro, esta o feito de que se o PP aprobaba isto nos teriamos conseguido un obxectivo, e iso para o concelleiro que defendía a moción, polo visto era  impensable.

Que o PP votara a favor naquel momento a min pareceume, esta é unha opinión somentes, que provocou mais descontento que se lle huberan votado en contra.

Nos, pola nosa parte, temos moi claro cal é o noso interes : buscar solucións os problemas dos cidadáns, e non andar a facer o parvo e a xogar a xogos de política de todo a cen.

Por iso os poucos días volvemos ó concello e presentamos un escrito solicitando que se creara esa oficina de información a afectados que a nos nos parece imprescindible. Porque o que pouca xente sabe (e isto é o mais importante) é que hai moitos casos onde unha simple reclamación administrativa, ben plantexada, pode solucionar o problema e evitar pagar esas multas que chegan os 15000€.  A pelota quedou no tellado do PP. Polos seus actos os recoñeceredes, que dirían os filósofos.

E mentres nos dende Anova tentamos buscar solucións  practicas, reais e cando se pode rapidas, outros adicanse a facer de salvapatrias.

Organizan charlas onde poñen a parir o presidente do estado e da Xunta de Galicia, eríxense en únicos defensores da causa, deixan que os afectados (algúns casualmente con carné de partido) nos emocionen coas súas malas experiencias, levantan puños e prometen iniciativas.

Pero  esquecendo que fai falta algo mais que retorica para solucionar este problema.

Moito levantar brazos, moito levar pancartas dun lado para o outro, pero as solucións nin se propoñen nin chegan.

O final, inda por riba, resultou que unha rapaza doutro concello, moi lista ela, se cabreou porque outros grupos locais de Anova decidiron tamén presentar unha solicitude para que se habilite unha oficina de información a afectados nos seus concellos, e veume a dicir, en resumo, que este tema era potestade do seu partido …..  A ver se evolucionamos, e nos damos conta de que a política, se non se usa para solucionar problemas, non ten sentido, e que os problemas da cidadanía ademais non teñen un titor  ….

Para que quede claro, eu non teño nada en contra das plataformas de afectados, sexa polo asunto que sexa, todo o contrario, penso que son moi necesarias e contarán sempre con todo o meu apoio. E mais, animo a todas as persoas a unirse sempre que sexa necesario para buscar solucións.

Do que estou en contra é das tutelas dos partidos políticos, sobre todo cando eses partidos solo buscan xuntar votos.
Estar cos afectados, si. Manexalos en interes do partido, non.

Déixovos un enlace o escrito que presentamos no concello e outro a entrevista que lle fixemos a Xurxo Charlín, moito mais aclaratoria que os mitins dalgunha deputada que anda por aí.

moción para a creación dunha oficina de información a pensionistas da emigración.

entevista a Xurxo Charlín

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s