Casualidade?

   As casualidades existen. Un dia vas andando pola rúa e a volta dunha esquina topaste cunha persoa a que non ves dende fai anos. Alguén pode razoar que iso non é casualidade pois  o encontro prodúcese gracias a unha serie de feitos que conflúen nese momento temporal … pero en fin, para min iso é casualidade.

28140_605334426161626_80637327_n

o paseo fluvial foi desviado ó chegar a cabanelas, outra desas casualidades que rodean a historia de “o atranco”.

 Pero hai outras casualidades  que xa me levantan certa dor de cabeza cando penso nelas.

 Póñovos un exemplo.

A semana pasada nunha zona do río Umia coñecida como “o atranco” levantouse unha represa que bloquea todo o caudal do río creando unha bonita poza, polo visto para evitar que a auga salgada invada a captación que os  comuneiros da illa da Toxa teñen un pouco mais arriba dese punto. Esquezamos por un momento que a auga salgada chega  coa marea chega case a Pontearnelas  e polo tanto facer un atranco tan abaixo por ese motivo e totalmente ridículo. Esquezamos tamén que semellante  obra inda no suposto de que teña todos os permisos e inda no suposto de que bloquee o paso da marea, é un ataque medioambiental brutal o río Umia, pois bloquea a libre circulación de peixes e outros animais.

DSC_1091

Imaxe do atranco, co areal recen feito. E facil observar que isto fixose sobre as beiras dun cauce fluvial. Non o tentedes nas vosas casa sen as autorizacións pertinentes, as multas poden ser de infarto.

Esquezamos todo iso e quedémonos somentes co feito de que alguén fixo un embalse nese punto concreto.

Casualmente xusto nese punto hai un “edificio”, antiga areeira creo e fabrica de bloques de cemento,  coñecido popularmente como “o atranco” onde se reúnen de xeito habitual os membros do Partido Popular, e onde celebran comidas e reunións de nivel non solo local, se non mesmo autonómico ou nacional, cando Rajoy e algún peixe andan por aquí.

Casualmente o mesmo tempo que se realizaba a obra antes mencionada de represa no río, apareceron uns camións de terra e os operarios formaron un chusquiño areal o lado do río no punto onde esta “o atranco” .

Casualmente tamén, parece ser según persoas que estiveron na obra (que poden equivocarse),  resulta que os operarios que fixeron tanto a represa como o areal eran unha cuadrilla da deputación de Pontevedra. Dende logo todos as testemuñas concordan en que  a maquinaria era de Pavimentos Meaño.

DSC_1092

A represa recen feita, Como vedes ten mais dun metro de ancho na parte de arriba, e non ten ningun canal que permita o paso libre da auga e da fauna acuatica.

Casualmente  o dia seguinte de rematar a obra celebrouse unha comida privada do máximo nivel do PP.

Todos estes feitos por separado teñen unha importancia, nalguns casos ningunha … Pero se os poñemos todos xuntos nun espazo xeográfico concreto  (o atranco) en un espazo temporal concreto, topámonos con que alguén fixo unha represa nun río creando unha poza ben xeitosa (cunha escusa que me parece ridicula, inda que podo estar errado), e un areal a xogo (e con tobogán e todo)  nun lugar onde hai un punto de reunión privado dun partido político e onde o dia seguinte de rematar a obra, cando xa estaba todo ben bonito,  se reuniron os máximos popes dese partido a nivel local, comarcal e autonómico, co presidente do estado no centro  da mesa.

E claro, como son concelleiro e da oposición inda por riba , teño que pensar que todo iso foi casualidade, que todo esta legal e ter moito coidado de non lanzar ataques inadecuados, non sexa que me volvan denunciar  ou algo.

Ah. Si claro.

Por suposto, dende Anova estamos a facer o noso traballo e solicitamos  documentación e saber se todas esas obras feitas por casualidade cumpren cos requisitos legais necesarios (preme aquí),  e ademais estamos moi seguros de que é así e todo esta en orde e que salvo o cristo mediambiental montado cos pobres peixes atrancados sen poder subir rio arriba a facer a sua labor non hai nada que dicir (e de non ser asi  vaia escandalo)..

Pero pola noite, cando me quito o traxe de traballar, e apago o ordenador, antes de irme a durmir, tirado no meu sofa, penso: “A cona, de casualidade nada, estes estanse a rir de nos.”.

Rematei as vacacións. Estou de volta e hai moito traballo por diante. Feliz curso a tod@s.

Esta entrada foi publicada en Cousas de Ribadumia, politica xeral. Ligazón permanente.

6 Responses to Casualidade?

  1. Moi bo artigo. Louzán e cía estanse a rir de todos nos e algúns aínda seguen a crer nos Reis Magos.

  2. Sergio di:

    Manos arriba, esto es un “atranco”

  3. xoan di:

    a marea si pode chegar case a pontearnelas,pero a marea,non a auga salgada,por moita marea que sexa a auga salgada non chega nin a ponte da via rapida,asi que escusas baratas.Abra que ir un dia por ali e desfacerlo muro ese,mais o recheo que se fixo,

    • o da auga salgada a min dame un pouco igual, pero en calquera caso aprendin a nadar nese rio e pasei moitos verans bañandome nel primeiro e como palista co nautico despois, e podo asegurar que a auga salgada chega moito mais arriba do atranco, e ademais todo o ano, non solo no veran (ou no veran se me apuras e cando menos auga chega, salvo en periodo de inundacións claro) co cal esa escusa a min non me colle na cabeza moito, pero cada un argumenta o que quere….

  4. xoan di:

    ¿eo pantalan ese conta con permiso?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s