Esperanza?

  descarga (2)

Onte indigneime. Indigneime, e cabreeime. Levo mal a demagoxia barata. E que pretendan rirse de min tampouco o asumo ben.

  Onte  sairon os datos do paro do pasado mes. Unha baixada, como corresponde o mes de Xuño. Na comarca do Salnés 909 parados menos (13030 en total). En Ribadumia baixou a cifra en 27 persoas, quedando nos 561. Baixou si, pero sigue sendo unha barbaridade.

 O PP segue sen promover solucións o drama do paro, segue sen facer nada por reducir a sangría de persoas que se van desesperadas a buscar oportunidades no estranxeiro , moitisimas delas con títulos universitarios e unha gran preparación, segue sen tomar medidas para promover a creación de emprego e menos aínda de emprego estable, sen empurrar o noso sistema produtivo, básico para o avance económico, segue defendendo intereses particulares como vimos no caso de Cuca, seguen protexendo a ladróns como Barcenas ou Blesa, mentres a cola na porta de Caritas aumenta sen parar … en fin, que seguimos igual que onte.

descarga (1)

De esperanza que lle falen a esta xente

  Pero os peperos en xeral, e os ribadumienses en particular, levantáronse optimistas e adicáronse a falar de datos esperanzadores, de bos camiños, de que hai motivos de alegría … vamos, faltoulles dicir que xa agromaban os brotes verdes. E iso que a selección de fútbol perdeu a copa confederacións privándonos así dun anestésiante temporal.

Como se pode ser tan cínico?. A realidade deste pais é desoladora, cunhas cifras de paro e de pobreza altísimas, mírense como se miren. E inda por riba a melloría dos datos non ten nada que ver coa actividade do goberno, solo é algo estacional.

E van e dinnos que hai motivos para “a esperanza”.

Esperanza de que?

Esperanza de que catro parados encontren un choiete no verán poñendo cañas nun chiringuito ou facendo camas nun hotel?

Esa é a esperanza pos españois: poñer  cañas e facer camas dous meses no ano?

Esperanza de que  ó  resto de parados non se lles acaben as axudas e poidan cun pouco de sorte seguir comendo cada dia?

Esperanza de que encontremos traballo no estranxeiro, lonxe das nosas familias?

Esperanza de que cando remate o verán teñamos xuntado catro pesos e non teñamos que escoller entre a hipoteca e os libros dos nenos?

Esperanza de que alguén nos ofreza un traballo inda que sexa un curro miserable e por catro patacóns?

Esperanza de que haxa moito viño nas parras?

Esperanza de que nos toque a loteria?

  A esperanza non se come, non lles compra roupa os vosos fillos, nin libros de texto, non paga hipotecas nin a gasolina do coche, nin serve para nada mais que para durmir algo mellor polas noites. Porque sen dubida, cando tes o estómago vacío dende a maña, un pouco de esperanza é unha axuda para poder durmir pola noite. Pero non soluciona nada, por desgraza.

images

É increible que ó goberno do PP, que supostamente carga o lombo cun país en graves apuros, o único que lles quite o sono sexa este individuo.

 O que me indigna é a demagoxia barata, insultante cara todos nos. A propaganda aínda máis barata, orientada a facernos ver e crer que as cousas xa non están tan mal, cando resulta que o que non poden estar é moito peor. E de camiño pasando por alto o feito de que o maior ladrón do reino esta no cárcere, de que cada día é mais evidente que a sede da rúa Xénova é un niño de presuntos ladróns (presuntos si, pero vaia morea ali reunida), e o feito ainda mais grave de que centos de miles de militantes están patrocinando a unha empresa/partido que, según a prensa, os papeles de Barcenas ,os documentos dun Xuíz, e a maioria da opinión pública do pais aparentemente solo se dedica a cría e  o engorde de peixes con penso de 500. E iso sen falar dos amigos narcotraficantes de Feijoo, ou de moitos  concellos galegos gobernados polo PP, que tamen de presunta corrupción andan ben.

  O que me indigna é que un goberno que prometeu  reducir o paro e non subir os impostos, pero que  dende que accedeu o goberno todo o que fixo foi subir impostos e, por si eran poucos, crear outros novos, siga sen facer nada, salvo propoñer reducións salariais, recortes en sanidade  e educación, mandar a policías a golpear manifestantes,  sexan simples indignados ou sexan todo un sector con problemas, como o da flota cefalopodeira….e todo isto mentres as súas contas bancarias engordan cada mes …

O que me indigna é que pretendan rirse de min, como se fora parvo.

13 - 1

Isto repítese todos os días, pero non solo nas grandes cidades. Esta foto foi tomada en Cambados.

  Non hai esperanza. Non con estes gobernos, ben sexa estatal, autonómico ou local. Todos son o mesmo, e todos andan o mesmo, a medrar, a gastar os cartos de todos en beneficio duns poucos, a rirse de nos nas nosas napias, a agardar pacientemente a que non poidamos máis e vaiamos, renunciando por fin a nosa dignidade,  a pedirlles por favor que nos salven a vida….

 A esperanza pasa por sacar a estas persoas do goberno, por saír do noso aletargamento, reaccionar e provocar  dunha vez e de xeito democrático os cambios que fan falta para poder endereitar o rumbo deste barco mal chamado país, mentres ainda estamos a tempo.

Por que os datos e todas as empresas especialistas nese eido, vaticinan ( e estes non fallan) que a baixada do paro e un puro espellismo no deserto, e  anticipan que cara final de ano o paro vaise ir o  28%, e con esas cifras, que supoñen paro estructural (ou sexa, irrecuperable na súa maioria) vai ser case imposible sacar o pais e as persoas que viven nel do burato. E entón veredes, cando teñades que ir a recoller cartillas de racionamento, cal era a España que o PP buscaba… Pero entón igual xa e algo tarde.

Eu teño esperanza, pero non con esta xente levando o timón.

Esta entrada foi publicada en Cousas de Ribadumia. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s