De libros. O Mundodisco de Terry pratchett.

Sin-título

Hoxe vouvos a falar do Mundodisco. O mundodisco non é un libro, é toda uha saga, con mais de trinta volumes publicados en castelán (acabo de contar os que teño eu, e levo 32). Como me resultaría imposible falar de cada un dos libros e rematar este ano, vouvos falar do plantexamento xeral da obra.

Para comezar, é  unha obra de fantasia. Claro, se temos en conta que falamos dun mundo en forma de disco plano, pousado en riba de catro elefantes que ó seu tempo viaxan polo espacio sideral enriba do lombo dunha tartaruga xigante, tampouco había moitas opcións.

  terrypratchett01Un lector agudo, chegado a este punto, por moito que descoñeza a obra de Pratchet, xa se dará conta que moi seria tampouco é. Certamente, os libros da saga do mundodisco conteñen dúas características que os fan fantásticos de ler:  a fina ironia e o humor.

Dende logo que ninguén agarde un “juego de tronos”, nin moito menos “un señor dos aneis”.

Con poucas obras me rin eu tanto. E sen embargo, os temas que trata, que son case incontables,  actuais e universais, e van dende a guerra ó mundo do teatro ou cine, pasando pola morte, que nesta obra é unha personaxe en si mesma, son tratados cunha finura moi pouco común, e cunha profundidade tamen moi pouca común, pois acabas recapacitando sobre todos eses temas sen darte conta. Eso si, logo de que se che pasen os ataques de risa.… Eu deste autor sempre digo que non é o que conta, se non como o conta, por iso tamén sempre digo que a única maneira de entender o que digo é ler un par de volumes desta obra con trinta anos de historia.

Como é unha obra moi extensa, non hai un protagonista principal. Os especialistas desta materia (hai xente moi aburrida no mundo,o fin e o cabo), prefiren entón dividir toda a obra ou ben pro temáticas ou ben por protagonistas, pois moitas das personaxes principais repitense en varias das obras. Eu non vou entrar tanto no detalle, fareino a miña maneira. O que si é certo é que son simples relatos onde se contan historias non moi longas para falar dos temas que lle interesan o autor, algúnhas historias estan relacionadas entre elas,  outras non.

O mundo disco en si mesmo e a condensación de moitos países do noso mundo, e de moitos dos nosos cliches, ou mesmo de moitos e personaxes da literatura universal, vistos a través dun cristal algo especial, que aumenta certos aspectos ata facelos ridículos e polo tanto, desternillantes, pero hai están España, Australia, Exipto, China… Iso si, falamos dun mundo plano, cunha orientación propia, e un oceano que se cae polo borde do disco. O que non se sabe e a donde vai tanta auga.

E se hai países hai habitantes e criaturas: elfos, trolls, ananos, yetis ( os yetis solo aparecen de refilon, pero son fantásticos: comen todo o que se mova, e se non se move, agardan a que se mova e logo cómeno), vampiros, zombis (estes en canto se van as cidades fanse, curiosamente, abogados), igors, lobishomes, heroes, as bruxas e a súa cabezologia…. E non sei xa cantos mais.

Hai deuses, por suposto, que se dedican a xogar cos seres do mundodisco, facendo apostas, e perdendo bastante a miúdo.

Logo esta Ankk-Morpork, unha cidade que ven a ser o mesmo que meter todas as cidades do mundo e pasalas pola batidora. Os asasinos desa cidade están organizados nun gremio, o mesmo que os ladróns e as prostitutas, e calquera que queira adicarse o nobre traballo do roubo, o asasinato ou o cariño negociado debe estar legalizado, cunhas normas de conducta especificas. Hai un tirano que é todo o que Rajoy nunca poderá ser, nin no bo nin no malo.  Hai unha garda da cidade, con todos os defectos das policías locais de todo o mundo e algunha virtude, como a de chegar as pelexas cando xa remataron. Unha garda que aumenta a cada volume que sae, per oque ten persoanxes tan particulares como o cabo Nobby nobs, que necesita un documento para demostrar que é un humano.

E esta a Universidade Invisible. A universidade invisible (remedo das universidades de todo o mundo incluídas as universidades típicas das obras de fantasía) en si mesma é unha institución. E os magos, uns vagos profesionais que nunca estándando clases, comen como se non hubera maña , fuman como descosidos, e non usan a maxia case en ningún caso porque “para iso aprenden maxia”, son encantadores.

MundodiscoE está a Morte. A Morte fala en maisuculas, utiliza frases lapidarias, ten un cabalo branco que se chama Binky, e un dos catro xinetes do “apocrilipsis” (xinetes apócrifos, non saben quen os vaticinou), Ademais padece certo medo escénico, e unha curiosidade inagotable polos seres humanos.

E hai

 mais, moitisimo máis. Pero eu paro aquí. Setedes curiosidade adicadelle unhas horas e lede varios volumes (non son moi extensos, 250 paxinas de media), logo contadesme

.

Esta entrada foi publicada en libros. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s