De Chon, Duran, Anova e os presis do PP (vaia semaniña)

  1017096_466035873485935_1848202859_n

 Ultimamente están pasando tantas cousas, que inda que tivera algo de tempo para atender a este mal amaño de bitácora, non sabería moi ben nin que poñer. Pero hai algo do que me gustaria falar. De varias cousas de feito.

Comezarei pola polémica creada por unhas expresións moi inadecuadas de Chon no seu blog  http://atimeucambados.blogspot.com.es/ , que facían referencia como todos sabederedes xa a estas alturas, a materia da que metaforicamente falando están feitas as partes nobres dunha ministra.

  Pobre Chonito. De todo isto falaron moitos e moitas xa, chega con visitar o blog de Chon para comprobalo. Do que vos quero  falar eu é das

chonactuacións de quen ata fai nada (en palabras  do propio Chon) era o seu  partido de. En primeiro lugar debo dicir  eu non comparto a maneira de expresarse no seu blog que ten este home. Si concordo con moitas cousas que conta pois son verdades como puños, mal expresadas para o meu gusto, pero verdades o fin e o cabo. Eu podo entender que o partido deba, ante certas expresións fora de ton, pedirlle a quen as expresa, se ostenta ademais un cargo publico, rectificación ou mesmo chegado o caso  a dimisión. Pero hai maneiras. A min que os compañeiros dunha persoa, política ou non, saian tan violentamente  ó paso dunha nova, por moi complicada que sexa, sen primeiro informarse e tratar de ter todos os datos paréceme simplemente indecente, de malos compañeiros e peores amigos, e no caso dos políticos, moi pouco profesional. As declaracións de Jorquera e de Olaia, seguíndolle o xogo o PP e á caverna mediatica, o silencio da coordinadora comarcal do BNG, e as actitudes de moitos dos seus compañeiros deixan ben claro o camiño que segue ese partido, e como queren gobernar, seguindo a dirección do vento, dando palmadiñas nas costas a quen sexa,, veciños, amigos e compañeiros incluidos ata o momento xusto de clavar os puñais nesas mesmas costas.

  Chon fixo mal en expresarse como se expresou. Fixo  ben en rectificar, fixo ben en deixar o partido e mesmo a acta, pero  o partido non fixo ben (todo isto sempre dende o meu punto de vista) en esixirlle a dimisión dunha maneira tan rapida e taxante sen antes comprobar que había gravidade suficiente como para iso (cousa que persoalmente neste caso dubido). Porque o que foi evidente con esta maneira de actuar é que o BNG cambades morría de ganas de librarse de Chon, quen a parte de non ter carné de upegallo, ia un pouco por libre no seu partido, algo imperdoable polo que se ve (isto último estou en condicións de aseguralo). Claro, todo o traballo que este home pudera haber feito polo e para o  BNG, que supoño que sería moito, nin  agradecido nin devolto. Que boas persoas!

 E fíxose evidente tamén algo que xa teño comprobado, que algúns con tal de liquidar a calquera dos seus que non lles vai ó xogo non teñen reparos nin  en aliarse co inimigo. O mesmiño que fai o PP, mirade vos por onde. Persoalmente, dende logo eu non hubera deixado a acta con tanta facilidade, ou mellor expresado, con tanta presa. Por dous motivos. Primeiro por ver, chegados a este caso, realmente como é o meu partido e como son as persoas que están nel. E en segundo por algo moi simple: responsabilidade. Un (polo menos eu)  metese en política para facer cousas e aportar a sociedade, e cando vai nunha lista e pide votos faino co compromiso intrínseco de traballar, e dende logo renderse e marchar a primeira de cambio sen un motivo realmente claro, e sen loitar, ademais de darlle a razón a quen o crucifica, pode para moitas persoas que o apoian a un por riba das siglas deixar moi mal sabor de boca. Pero claro, eu son eu, teño a miña maneira de ser.E isto solo é unha opinióm persoal.

O que si agardo e que Chon siga sendo el, por moito que eu non concorde coas súas maneiras, e siga defendendo o seu xeito de ver a vida, e de contala. Porque o  final, ninguén morrera por el.

Eu dende logo cada dia que paso alégrome máis de ter tomado outro camiño diferente o do BNG, algo que en certo xeito moitos en Cambados entenderan agora. E dese  outro camiño tamén quería falar. Por esta banda estou moi contento estes días. Porque mentres algúns apuñalan os seus polas costas, os meus compañeiros están (ademais de traballando moito, como se  pode ver nas webs que Anova ten nos concellos da comarca, centralizadas aqui : http://salnesanova.blogspot.com.es/  ) demostrando unha responsabilidade e unha maneira de actuar totalmente comprometida cos seus veciños.

duran2Moitos veriades, escoitariades ou leriades as verbas que o pobriño do alcalde de Vilanova, Gonzalo Duran, nos dedicou ós de Anova, e en concreto o bo de Ricardo Nogueira, responsable local en Vilanova. Non as vou repetir, pero si me gustaría saber porque a este individuo non se lle esixe a súa dimisión dadas as súas formas de actuar, bastante mais graves que unha mala frase nun blog de carácter  satírico.

En calquera caso, e por moito que lle pese o autoproclamado alcalde/tuno/dios de Vilanova e a outra moita xente que usa a política en beneficio propio, os compañeiros de Anova Vilanova, e da coordinadora comarcal están demostrando, poñéndose do lado dos veciños e veciñas  que van perder as súas terras e os seus cartos, nun concello que esta o borde da intervención, 1000162_10151728335434560_1066135926_ncun alcalde irresponsable e mentireiro, que hai outro xeito de facer política, traballando arreo, presentado documentación, atacando os problemas de raíz e dun xeito público, aberto e con criterio, e sen que importe ter representación nun concello ou non, nin que haxa período electoral ou non. Así se fai compañeiros. Forza e adiante. E se a Duran ou a calquera outro lle apetece ladrar, que ladre. Como se decia nalgún lado (e non, non foi no quixote) : ladran os cans, entón é que cabalgamos.

E para rematar un apunte. Os pobres dirixentes deses peperos que nos din que hai que apretarse o cinto, que a cousa esta moi mal pero non por culpa deles, que temos que pagar mais impostos, que as mulleres non poden decidir sobre o seu corpo, que temos que pagar por ter acceso a xustiza, a unha descargaeducación e a sanidade que se supoñen públicas, que nos recortan dereitos, abaratan os despidos e salarios  para protexer os grandes empresarios, dan cartos os bancos mentres permiten que estes  nos deixen sen os nosos fogares sen facer nada  … en resumo, eses que nos queren escravizar, levan anos cobrando sobresoldos millonarios, e nin sequera contan de onde salen os cartos. Iso si que é insultante e indignante e  avergoñante. Na miña humilde opinión, claro.

Pobres?. Pobres  nos.

Esta entrada foi publicada en politica xeral. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s