Decidín que vou pechar o meu outro blog, onde solo falaba de libros, e que había aberto máis que nada como experimento practico para aprender a usar a ferramenta esa chamada blogger.
Dito isto, hoxe vouvos falar do último libro que rematei de ler, que como mostra a foto titulase “Dime quien soy”, de Julia Navarro.
En primeiro lugar, para quen non o haxa visto na libraría, é un tocho de 1100 paxinas, na edición de tapa dura, cun relato encadrado no xénero de novela histórica.
Sen entrar a fondo no argumento, a novela conta a través da vida dos seus protagonistas, a historia de Europa do século pasado, dende os anos da segunda república española ata o derribo do muro de Berlín, no ano 89. Inda que bastante por riba.
A min non me acabou de gustar.
As personaxes, todas elas, incluída a protagonista Amelia Garayoa, parecéronme algo coxos, floxos e moi ambiguos en canto as motivacións que os moven, por máis que se vexa un esforzo por parte da escritora de darlle profundidade. Penso que é algo que non me gusta en xeral da obra de Julia Navarro, que é evidente que non quere quedar por “anti- nada”, de tal xeito que todas as personaxes parecen vistas un pouco por riba, entrando pero sen profundizar nas súas motivacións, sobre todo cando se trata de falar de cousas como a relixión ou a política. Iso si, os malos son malísimos. Supoño que se ten que facer moi difícil escribir unha novela onde aparece tanta variedade de personaxes e tanta variedade de formas de pensar, pero visto o gasto de paxinas, un pouco máis de valentía no tratamento das personaxes seria de agradecer.
Pero o que menos me gustou foi o plantexamento da propia historia. O fío argumental non ten apenas gancho. Dicíallo o outro dia a unha boa amiga, fáltalle o McGuffinn, ese detalle que fai de correa de transmisión para que teñamos a necesidade de seguir lendo. Ademais a novela e terriblemente estable, con xiros pero non bruscos, e isto a pesar das escenas duras que saen nela, pero que tamén son tratadas na súa maioría con certa delicadeza quitándolles así forza dramática. Ademais, os motivos polos cales o periodista que conta a historia en primeira persoa ten que dar tal cantidade de voltas polo mundo adiante, con personaxes que reparten a información a contagotas, a min pareceume totalmente inverosímil.
Eu se tivera que comparar este libro cunha película, buscaría calquera desas melodramáticas de sobremesa de domingo, boas para durmir a sesta…
Pero claro, coa novela histórica contemporánea, eu teño o padal viciado, logo de ter lido a grandes como Colleen McCullough ou Gary Jennings,