Axudas a entidades 2013.

E volvemos falar das axudas as entidades culturais e deportivas que se aprobaron fai pouco máis dunha semana ( si,ando algo retrasado, pero é que non dou feito ultimamente).

Xa vos había dito eu que isto ia volver saír. A opinión de partido podedes lela premendo aquí, na estupenda web de Anova Alternativa Ribadumia, eu déixovos un punto de vista  mais persoal do asunto, que me parece moi importante.

images (9)

As axudas as entidades culturais e deportivas serven para que no noso concello se realicen actividades o longo do ano, e non sexamos unha vila durmitorio, como quere o PP

¿Non vos había dito que tal como estaban redactadas as bases de adxudicación había demasiado marxe a  interpretación?

¿Non vos había dito que tal como estaban redactadas as bases de adxudicación os partidos políticos podían xogar o seu xogo de espellos?.

Si, habíavolo dito (premede aquí  e aquí para facer memoria) e este ano demostrouse que tiña razón.

Imos por partes. Houbo dúas comisións  para tratar o tema das axudas a entidades deportivas e culturais. Eu solo puiden estar na primeira, pero visto o que aprobou o PP no pleno do outro dia a segunda comisión debeu ser para tomar unha caña. Non o digo a lixeira. Explícovos.

Na primeira comisión, falamos de todas as entidades e do reparto que se ia facer. Contrariamente o que pasou o ano pasado, apenas houbo debate. ¿Por qué? Por dous  motivos. Por un lado apenas había cambios nas peticións das entidades, así que   o PP expuxo (cun morro e un exemplo de vagancia descomunal) que a puntuación do ano pasado era perfectamente valida este ano pois a maioría das entidades presentaran a mesma documentación. Claro, isto esta ben se esquecemos que o ano pasado tampouco se adxudicaron puntuacións en función das bases de adxudicación que aprobaran os do PP, PSOE e BNG, se non que se deron os cartos de maneira aleatoria, dando por feito que todas as entidades tiñan a máxima puntuación, unha máxima puntuación que inda por riba levaba cantidades de cartos igual de aleatorias. En calquera caso, visto que esta batalla estaba perdida, eu igual que o ano pasado, defendín que mentres se mantivesen as cantidades do ano anterior en contra non ia votar. Para o caso de estar no pleno, polo resto que vos vou contar, no grupo de Anova tiñamos decidido que me abstería.

Por outro lado,  as axudas a entidades que podían dar pe a un debate quedaron aprazadas para a seguinte comisión. Estas eran a agrupación de protección civil, que aparecía como adxudicataria a pesar de que debía estar fora das axudas e sobre a que o PP correu un estúpido velo e non deu explicación algunha, a pesar das preguntas pola miña parte e pola parte do concelleiro do BNG, un club de pensionistas que en principio non cumpría requisitos, os dous clubs de fútbol ós que lles faltaban datos para poder darlles a concesión, pero que en principio ían recibir o mesmo do ano pasado (como así foi), e unha petición de patrocinio para un deportista en particular, feita polo club de piragüismo, que a min non me gustaba como estaba redactada, pero que pedín que se estudara independentemente das formas, pois efectivamente hai un rapaz cun futuro prometedor e as bases en principio establecen que se poida dar este tipo de patrocinios.

O que pasou na seguinte comisión, seino por voz da secretaria do concello. Aparentemente, salvo o caso da petición de patrocinio particular que non se concedeu ( xa habían informado o club que nin de coña lles ían dar axuda algunha neste sentido), o resto saíu según o proposto polo PP.

Cando digo “saíu” digo que se chegou a un consenso. Claro, os que imos as comisións sabemos que isto é moi elástico, pois algún concelleiro a conta de que ninguén nos mira ten a costume da facerse o avión, e no canto de dicir “si” ou “non”, ou dicir que non se pronuncia, pois ninguén esta obrigado a facer unha pronunciación de partido en comisión, adicase a rumiar cousas inintelixibles, que logo nos plenos as veces correspóndense co que entendemos os demais e as veces non.

¿Qué pasou enton? que o chegar o pleno a oposición abstívose, cada un cos seus argumentos.  Sobre os do PSOE non podo opinar porque me faltan datos e os do BNG  algúns poden ter certa  lóxica pero claro, se había consenso, a ver a que andaban xogando entón e a que foron a comisión.

Hai moito politiqueo aquí.

O asunto da cuestión é como se aprobaron as axudas as entidades.

NINGUNHA ENTIDADE RECIBIU UNHA AXUDA ECONÓMICA EN FUNCIÓN DUNHA PUNTUACIÓN OBTIDA A TRAVÉS DAS BASES DE ADXUDICACIÓN. Recórdovos que esas bases foron aprobadas polo PP, PSOE e BNG fai pouco máis dun ano.

As axudas déronse ou negáronse con criterios totalmente interesados.

O club de piragüismo negóuselle toda axuda por ter outro convenio co concello. Pola contra, a protección civil, na mesma situación, déuselle axuda. A unha entidade cultural que presentou a mesma documentación que o ano anterior, subíuselle a axuda económica porque según a concelleira do PP, a dirección da entidade colleuna xente nova e van a facer uns cursos“, mentres que a outra asociación, que presentou unha lista de actividades moito mais diversa e interesante, apenas lles concederon unha cantidade mínima  de maneira aleatoria porque é o seu primeiro ano,..de puntuacións sobre as bases nada de nada. Para a proposta de patrocinio a un deportista, tiven que preguntar un par de veces cal era o criterio para este tipo de patrocinios porque non me quedaba claro (si, hai unhas bases, pero facedeme caso, mellor preguntar). Da primeira o concelleiro de deportes do PP, un crack, díxome que eses patrocinios se daban a deportistas particulares que ían pola súa conta sen estar en ningún club federado. Cando lle expliquei (si, o concellal de deportes é  el, pero xa vedes, teño que andar eu a explicalo  todo) que todos os deportistas de elite deben por forza formar parte dun club federado, resultou que entón eses patrocinios solo se dan a deportistas que non estean nun club local. Ou sexa, que coa norma na man se podería patrocinar a deportistas que estiveran en clubs de fora do concello, inda que eses clubs estiveran sobrados de fondos. O final, sigue sen quedarme moi claro, pero creo que o punto das bases de adxudicación que di “No caso dos deportes minoritarios ou individuais, para aqueles deportistas que sobresaian de forma excepcional na súa faceta deportiva, será a Comisión a encargada de valorar o seu posible patrocinio por parte do Concello”, significa que para acceder a este tipo de patrocinio hai que practicar un deporte minoritario, nun club de fora do concello e ademais caerlle ben os do PP, independentemente de que estamos falando dun campión europeo ou mesmo mundial, pois  a calidade do deportista non será tida en conta. Non fun quen de encontrar outra explicación. Por certo que o resto da oposición tampouco o ten moi claro. Un destes compañeiros da oposición, logo dun medio debate  defendendo a postura do PP de non dar patrocinios a deportistas individuais de deportes minoritarios (pasándose as bases que tanto  defendeu polos forros) acabou por preguntar o que tiña que preguntar antes de falar nada, quen era o deportista e a que nivel estaba no seu deporte. Ou sexa, primeiro disparamos contra quen nos cae mal, logo se tal facemos as preguntas.

Co PP xa me vai mal porque non se enteran de nada e son unha panda, pero cunha  oposición así, non hai xeito.

O asunto, o final , é que aquí ás entidades e clubs deportivos, salvo que sexan do interés do PP (non lles interesan todas non. Solo aquelas que teñen na súa directiva a persoas con carné do PP ou que lles seguen o xogo. E isto por desgraza e indiscutible), non teñen moito que facer, e tanto da a cantidade de papeles que presenten ou as propostas que fagan.

O asunto, o final, é que en Ribadumia existen unhas bases para a adxudicación de axudas a entidades culturais e deportivas aprobadas por PP, PSOE e e BNG, que non se utilizan máis que para poder bloquear a ou favorecer a quen o PP, ou mesmo a oposición, lles caia ben ou lles pase polo aro.

Xa o sabedes, nos propuxemos inda non fai moitos meses, axustar as bases para que foran máis fáciles de aplicar e eliminar criterios políticos ou interesados, pero iso non lles interesaba os outros partidos. A ningún. O único que lles interesa e poder facer propaganda e politiquear co reparto das axudas, e vender favores.

E os feitos falan por si solos.

Claro, o final a oposición tampouco estivo de acordo, e logo algúns venderan esa postura como positiva. Xogo político a conta das entidades culturais e deportivas  do concello. A min persoalmente danme algo de asquito. A política eu penso que sirve para outras cousas (resolver os problemas da cidadania, por exemplo), non para manexar opinións publicas nin para vender favores, iso é outra cousa. O que pasa é que fascistas hainos pola dereita e pola esquerda, e todos me tocan a min.

E claro,  o PP inda por riba xoga a practicar o caciquismo en plan moderno chachiguay, vendendo  axudas pola porta de atrás os mesmos os que llas negan  nos plenos municipais.

A vos tócavos decidir que clase de políticos queredes manter neste concello, uns que miren polo de todos  ou uns que miren polo seu.

Recórdovos que mentres hai asociacións que se volven tolas para conseguir calquera tipo de axuda que lles permita facer a súa labor, imprescindible para  promoción do deporte e da cultura no noso concello, sen que o goberno de Salome Peña se mate en absoluto en apoialas máis aló do mínimo para quedar ben,  a outras, afíns ao PP, regálanlles campos de fútbol, instalacións ou o que faga falta.

E a  triste realidade de todo isto, o final, que é o importante, é que moitas asociacións pasan xa de todo, e ou liquidan a súa actividade, ou se limítan a manter o mínimo, no canto de tentar medrar en facer cousas, porque con esta maneiras e formas de repartir axudas e animos, e de querer term sometidas as entidades, é  normal que a xente o final se canse.

Esta entrada foi publicada en Cousas de Ribadumia. Ligazón permanente.

1 Response to Axudas a entidades 2013.

  1. Anónimo di:

    Que conste o piragüismo e un deporte minoritaro, sólo o fui grande traballo q sefai no club obtenido unas resultados excepcionales .
    2 o piragüismo neste concello e o q non recibe subvención de deporte base cando no club 2012 tivo mais base los dous equipos de fútbol, e decir unas categorías benjamín , alevin , infantil tubose 98 licencias, sen contar cadetes e juveniles, e decir golease o fútbol no traballo con base e sen esos 3000 euros . Nada sólo toca traballar hasta q nos cansemos .

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s