De contrabandistas e políticos.

 

images

Moito se esta a falar das fotos de Feijoo con marcial Dorado.  As propias declaracións de feijoo dan para falar moito máis de todo isto. E hoxe para darlle animo na comarca ó tema saen novas relacionadas con Jose Ramón Barral “nene”,  pai politico de Louzan, o home este que preside a deputacion de Pontevedra.

A realidade é a que é. Eu vivo en Barrantes. Anteriormente vivín  en Corvillon, Castrelo, Tremoedo, Vilanova… En calquera sitio destes que nomeo, e difícil ir a un bar tomar unha caña  un par de veces por semana e nun momento ou outro  do ano non coincidir con alguén relacionado dalgún xeito co narcotráfico. Os puristas, os defensores de causas perdidas ou os posuidores da moral universal  diranme que cando sexa así debería irme dese bar.Xa. Tamén coincido demasiadas veces con persoas ou  políticos que defenden que se lles recorten os dereitos a cidadanía e non lles atino cunha silla na cabeza, ou con empresarios sen escrúpulos os que habería que queimar nunha praza publica para escarmento dos demais, pero non por iso lles prendo lume. Ser persoa implica deixar vivir os demais. Suponse que temos leis para pararlles os pes a esa xente e ademais a xustiza por linchamento esta mal vista e é ilegal.

Pero dito isto, para todo hai medidas. Unha cousa e coincidir nun bar, ou nun acto de  calquera tipo cun narcotraficante, e outra moi distinta irse de vacacións con el. Unha cousa é coñecer a un narco e outra irse con el a Andorra (Nos picos de Europa hai neve a montes , pero  non hai estación de esqui, así que non imaxino que cousa legal poderían estar facendo estes dous ali)

A min non me sorprenderon demasiado as fotos. Xa Rajoy se paseaba polos barcos dos narcos en Cambados. As explicacións de Feijoo deron risa, sobre todo porque entre os balbuces e o que non dixo demostrou ben que hai moito que rascar de todo isto.

Agora, o que  non deixa de ser interesante a reacción dos políticos do Partido Popular de por aquí preto. Resulta que de repente todos teñen amnesia:

En Cambadimages (1)os non recordan esas fotos de rajoy no barco dun

narco, e iso que Aragunde estaba pegadiño a el, nin  os non tan lonxanos bos tempos de  Sito Miñanco (a este on o recordan nin o PP nin algún concelleiro do bng o que estes días debéselle cortar o leite pensando no mal que lle pode dar se alguén remexe algo  na memoria da localidade) . En Cambados solo teñen boa memoria os  do grupo local de Anova e do Psoe.

Sito gif
En Ribadumia Rafael Louzan esquece (ou iso parece, visto o caladiño que anda) que se nesta vida pasou de ser un simple recadeiro  foi gracias a Nené, suposto contrabandista de tabaco (vox populi, inda que de momento por certo inda non foi condenado, non como o Dorado e outros amigos destes do PP. Digo isto pensando neses que solo aceptan a culpabilidade cando hai cdescargaondena) e alcalde  por decisión democrática varias veces, e home de peso na comarca no PP .

E curioso que os membros da agrupación local de Ribadumia inda non fai moito poñían o grito no ceo por pedirlle que deran un paso ao fronte contra da corrupción do seu partido. Eses mesmos que comen da man dun home elevado gracias a un suposto contrabandista  de tabaco que se non fora pola lei e porque  os seus propios compañeiros, Louzan e Salomé (outra con moita  mala memoria) entre eles, o  apuñalaron cando viron a oportunidade, inda hoxe seria alcalde popular (e os plenos serian dende logo moito mais interesantes). E teñen as narices de falarme a min de dignidade, de moralidade, de etica… a culpa é miña por non lles comprar un diccionario..

No PP esquecen as declaracións de Laureano Oubiña, ese home  polo que a garda civil me pregunta case cada vez que nalgún control de trafico ou no aeroporto presento o carné  (levar os mesmos apelidos cas súas fillas crea todo tipo de situacións curiosas)… No PP esquecen esas (supostas) reunións para falar de financiamento do seu partido….

Pero a pesares da amnesia , hai algo moito máis importante que estes peperos están deixando de lado: a decencia.

Non nos chegaba con escándalos como o da Gürtell ou o de Barcenas, que repartía sobres de miles de euros nas oficinas centrais do PP como quen reparte caramelos, que agora resulta que medio Partido Popular nos 80 e 90 (hoxe en dia non esta demostrado ou polo menos ninguén ensinou probas ou fotos, pero xa vos digo eu que o vicio de ir de festas e viaxes a gastos pagos  e de pasear no iate de outro polas rías e moi malo de deixar), mentres a droga arrasaba a xuventude do país e moi especialmente o Salnés (en Vilanova perdeuse toda unha xeración, non solo os da famosa foto do equipo de fútbol), se sentaba a comer e a falar “do tempo” con quen se ocupaba de traer toda esa droga. E inda por se non nos parecía de película de todo, o noso presidente íase de festa cun coñecido contrabandista..de festa, de vacacións, en iate polas rías … E estes días soubemos que dende a chegada de Feijoo a presidencia da Xunta de Galicia foron paradas moitas accións xudiciais contra narcos ..¿Pero a quen temos nos gobernándonos?

Pero o mais sorprendente é que aqui non  se dimite. No PP non dimite ninguén de ningunha das maneiras. Fai un ano dicíase que antes dimitía o Papa que un político do PP, e era certo. Pero é que isto esta  chegando a extremos insostibles. E indignante e insultante ata un grado .. que mellor non seguir escribindo …

Un home relacionado co narcotráfico non pode gobernar un país.

Esta entrada foi publicada en cousas miñas. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s