Anova Alternativa Ribadumia

549929_310501942409483_789624900_nEste venres pasado tivemos un acto en Barrantes para falar da situación de Galicia e  de Ribadumia, do traballo de AGE no parlamento, de Anova, do que é e de cómo funciona, e tamén do noso propio grupo local .

O longo deste fin de semana (e nas últimas semanas), e máis aló do propio acto, fantastico onde compartimos ideas e experiencias con caras vellas e con caras novas, moitas persoas achegáronse a min ou algúns dos meus compañeiros  para felicitarnos e darnos apoio e ánimos no noso traballo de loita por defender so intereses dos nosos veciños (un orgullo do que xa quixera  poder presumir algún outro partido neste concello, como por exemplo o PP). Constatamos así que ademais das persoas que viñeron o acto hai outras moitas que nos seguen, seguen o noso traballo e nos apoian.

Logo de falar con algunhas persoas que non puderon estar con nos o venres,  ocorréuseme facer un resumo do falado nese  acto , para aqueles que non estivestes alí pero queredes saber …

Foi un acto participativo, aberto, sen tribunas para aleccionar as masas nin estrados que nos dividiran dos noso veciños, un acto  onde calquera era libre de falar e onde os nosos veciños opinaron, e moito, como non podía ser doutro xeito nun acto organizado polo noso grupo.

Pero quizais debamos ser algo ordenados con isto. O primeiro en tomar a palabra foi Ramón Mouriño, que está moi feliz ultimamente coa cantidade de cousas que estamos a facer, e sobre todo con como se esta realizando o traballo. Centrouse en explicar un pouco como se xestou e naceu Anova, e como funcionamos, o noso perfil aberto, horizontal, asembleario  … cousas das que podedes informarvos mellor na nosa web http://anovaribadumia.blogspot.com.es/     ou na propia de Anova  http://anova-galiza.org/

Logo falou Chelo, a parlamentaria de AGE que compartiu con nos a velada. Penso que todos os que estivemos alí e a escoitamos falar nos quedamos algo abraiados. As cousas que contou do parlamento, das súas experiencias cando chegaron alí e viron que efectivamente os  deputados dos outros tres partidos se comportan como se foran unha raza superior (e allea) o resto da cidadanía, quitándolle todo o sentido a esa entidade que non deixa de ser a casa de todos nos, onde se decide o noso futuro. Ou como os parlamentarios do PP non se dignan a ir os debates porque a opinión da oposición non lles importa o mais mínimo, solo acoden a fichar para cobrar a asistencia e acudir cinco minutos cando hai votacións. Eu por exemplo non sabia que na web do parlamento se pode consultar o currículo dos deputados, e se pode comprobar que mais do 90% dos deputados do PP non traballou na súa vida, son simples carrachos que se dedican a chupar dos nosos petos e dos petos dos que pagan a militancia no PP e a axudar os seus colegas, carrachos como eles. Ou de cómo os deputados de AGE lle deron a volta a ese mal chamado parlamento, simplemente  usando unha linguaxe normal, lonxe de altosonancias e de palabras académicas e rimbombantes, levando a voz da cidadanía  alí dentro e demostrando de que lado están uns e de que lado están os outros.

Tamén falou de mais cousas, de cómo esta Galicia, de que nas grandes cidades hai supermercados  que TEÑEN QUE DAR NUMERO (COMO NUNHA PEIXERIA CALQUERA) PARA REPARTIR A COMIDA QUE VAN TIRAR!!! (isto vai moito máis aló da imaxe de persoas recollendo comida dos contedores).  Contounos que os datos de sanidade, eses que a Xunta non conta, son desoladores, que por exemplo  os nenos, OS NENOS, están dando mostras de estar malnutridos, ou sexa, que comen pero comen mal, pouco variado, froito da situación dos seus pais, que os obriga a comprar o mínimo..que as persoas que necesitan unha prótese non a poden pagar e marchan das tendas onde se venden sen elas (actualmente gracias as políticas do PP hai que adiantar os cartos das próteses,que son moi caras con prezos de miles de euros,  algo inasumible en moitos casos dada a situación da xente).. En fin, dounos unha imaxe de Galicia, da Galicia que nega o PP, moi dura, pero por desgraza moi real. Falou tamén da importancia, vista a situación do pais, de unir esforzos para poñerlle freo o PP, da necesidade de votalos do goberno antes de que pasen os catro anos de lexislatura por que nos están sacando todo …

Logo da súa intervención, e das de varios dos presentes contando as suas experiencias e opinións, tomei eu a palabra para falar un pouco da situación de Ribadumia e do noso traballo no último ano.

A situación de Ribadumia é a seguinte. O goberno local do PP di que non hai cartos ou negase a investir cartos en :

– comprar mantas para as persoas que estan pasando un inverno duro(non falemos xa de pagarlle o recibo da luz para que poidan ter un radiador de aceite).

-Destinar fondos a políticas de creación de emprego

-Aumentar as axudas  os mais desfavorecidos . Quen o estea pasando mal, a caritas. Estas son as políticas sociais do PP.

– Manter as axudas a un club deportivo cun currículo de campións internacionais que é a envidia do piragüismo español, o que este ano vai deixar na cuneta, vivindo unicamente das apartacións dos socios que poidan permitirse pagar a cota anual e dunha parte do rendemento do ximnasio, cartos que proceden dos veciños de Ribadumia que imos  alí a facer algo de deporte e non do concello. E todo isto mentres a un club de fútbol (ou mellor dito, a un presidente da deputación)  se lle cumple o capricho de facer un campo novo, totalmente innecesario.

– pagar as súas facturas o dia

– adecuar o persoal laboral as necesidades do concello

….isto todo entre outras cousas………

Sen embargo o PP de Ribadumia gastouse 426000€  de todos e todas nos en comprar terra para facer un campo de futbol que total non fai falta ningunha, liquidando todos os cartos que había na caixa dun plumazo .

Isto, e non outra cousa, é  o que esta a facer o PP de fai un ano para aquí .

Logo deste resumo toca explicar que estivemos, estamos e estaremos facendo nos dende a nosa postura de grupo na oposición.

Explícovolo.

Cando fai un ano , algúns deixamos o BNG, non deixamos de traballar. Mentres por un lado comezaban a darse os pasos que culminarían en Anova e en paralelo en AGE, nos aquí no concello seguimos traballando. Pero con cambios.

O proxecto para o noso concello que firmamos dous anos atrás  habiámolo elaborado entre todos, e seguimos respaldando cada palabra dese proxecto.

Polo tanto, fai un ano, tiñamos un proxecto que defender.  Non eramos un grupo desnortado e sen ideas. Todo o contrario, sabiamos moi ben o que queriamos para o noso concello.  O único que tivemos que decidir foi a maneira de defender ese proxecto tendo en conta que formamos parte da oposición.

Digo “a maneira” porque hai moitas maneiras de facer oposición, e cada partido ten a súa, que moitas veces cambia dun concello a outro.

Eu penso  que hai dúas grandes maneiras de facer oposición.

Unha delas consiste en facer unha oposición estática, de resistencia. En plantarse nos plenos,  limitándose a opoñer uns posicionamentos os do partido que goberna, entrando nesa mala dinámica de “se tis dis branco eu digo negro”, pero sen facer propostas en positivo nin aportar solucións, mais aló das  mínimas para conseguir unha cota de prensa , e todo isto a miúdo coa escusa de que a oposición non ten porque aportar nada porque non goberna , dando por feito  que xa os veciños se darán conta de que os que gobernan o fan fatal e decidiran cambiar de partido… como se os veciños se foran a levantar un dia pola maña iluminados e foran a dicir todos a vez “non volvemos votar o PP!!”

Esta e unha oposición de trincheira, pasiva, aguantar e resistir ata que as cousas cambien solas.

Hai outra maneira de facer oposición, unha maneira que é reaccionaria, no sentido de que é unha reacción case física contra o xeito de facer as cousas de quen goberna, e no sentido de quen  busca cambiar cousas agora,  facendo propostas, plantexando acordos, buscando alternativas, relacionandose cos veciños en todos os eidos, coas distintas entidades ….. Claro, isto da mais traballo , pero é  a maneira que nos escollemos de facer as cousas. Nos non imos os plenos a expoñer posturas, nos imos os plenos a facer propostas ,  a controlar a quen goberna e a conseguir cousas no beneficio de todos.

E agora ríndovos contas do feito. …. Ou mellor , cóntovos que pasaría se nos nos tiveramos marchado para a casa fai un ano, deixando de lado os nosos compromisos.  O que pasaría seria o seguinte:

–         inda agora o PP non se tería dado conta de que na escola infantil de  Ribadumia o valado de bloques estaba a caer. Ou si se tería dado conta, pero como para moitas cousas, non hubera feito nada ata que pasara unha desgraza ou alguén lles chamara a atención como fixemos nos …

–         as  carrozas de reis, e non solo elas, se non tamén moi posiblemente os premios do entroido e algunhas entidades deportivas e culturais do concello inda agora non terían cobrado as súas axudas e os seus premios … Cando nos denunciamos que o PP non había pagado os premios das carrozas o dia seguinte non solo sacaron unha nota de prensa ridícula poñendo escusas avergoñantes, se non que chamaron as entidades as que inda non lles habían pagado as axudas do ano anterior para efectuarlle o pago, non fora a ser que lles sacaramos outra nota nos medios …

–         vos non saberiades, porque ninguén volo tería contado, que o contrato da gardería e unha burla, pois garántelle a empresa que se levou ese contrato, que se non xera  un gasto de 203000 euros o concello vaille pagar o que falte. Co cal a empresa concesionaria, gracias o PP e os cartos de todos, ten asegurados os beneficios si ou si.

–         vos non saberiades, que o campo de futbol que van a facer non é necesario … Saberiades que se fai un campo novo, e saberiades o que custa, pero nos fomos os únicos que falamos de outras posibilidades e as puxemos enriba da mesa, todas elas mais baratas ou incluso gratuitas para o concello. O  PP tivo bo coidado de non dicir nada e o resto da oposición non falou nin defendeu claramente  outras opcións, limitouse a “posicionarse”.

–         Se nos non estiveramos aquí, no debate orzamentario deste ano non habería mais propostas que as do PP. Que vos diredes … e para que, se total non vó-las tiveron en conta?..pois moi sinxelo, para que eles e vos vexades que hai outra maneira de facer as cousas, que é posible, e que se non se fai é porque  o PP non quere.  E ademais fixemos propostas razoables, que buscaban chegar a acordos e atender unha enorme necesidade do concello, que é crear emprego. Pero o PP os 640 parados danlle igual, o único importante é que os seus fillos non manquen os xeonllos cando xogan o futbol.

–         se nos non estiveramos aquí,  o ano pasado protección civil e mais o  club de piragüismo non recibirían axudas do concello. Ese foi un logro do noso grupo, e o que tiven que aguantar a porta pechada, cando ninguén nos oía, barbaridades   como mundos, e insultos e de todo, e non solo do PP e algo que non podo escribir aquí por educación. Un logro que por  certo este ano  salvo hecatombe non se vai repetir, gracias o PP pero non solo a eles , e iso tamén hai que dicilo. Porque nos propuxemos cambiar as bases  para facilitar as cousas e para crear o que debería ser un primeiro paso para conseguir  un consello local do deporte e a cultura, que nos (e tamén o BNG) levamos  no noso  programa,  pero  tanto o PP como inexplicablemente o BNG, opuxéronse, co cal este ano, o club de piragüismo non vai recibir un solo euro do concello, mentres que o F.C. Ribadumia  vai levar un campo novo con instalacións, con herba sintética e con todo ….

Mirade cantas cousas non terían pasado ou vos non huberades sabido se nos non estiveramos na oposición este último ano.

Pero conseguimos mais cousas.

Conseguimos poñer dos nervios o PP, que pensaban que isto de gobernar Ribadumia era un paseo polo campo e agora danse conta que deso nada. E non o digo en broma. Ata fai un ano nos  plenos municipais, Salome que é a xefa suprema permitíanos os membros da oposición dous turnos de  palabra en cada tema que se trataba … agora solo nos permite un, e porque non pode deixarnos calados, porque as veces penso que a min morre de ganas de non deixarme falar.

Iso é porque non lles gusta o que oen, porque non lles fai gracia ningunha que os ridiculicen en publico, que lles poñan as verdades enriba da mesa e que teñan que votar levantando a man mirando  o chan coa vergoña de quen sabe que esta facendo mal …. E agora dinnos que  nos votamos o monte. Claro, eles estaban mais cómodos cunha oposición estática, previsible, simple.

Conseguimos tamén que o PP levase unha moción a pleno. Lastima que non tiña nada que ver co paro nin coas traballadoras de Alfageme, as que traizoou o propio PP,  nin cos problemas do concello, solo era para reprobarme a min por opinar publicamente, unha chorrada como unha catedral, sen ningún sentido político.

En resumo:

o longo deste ano conseguimos forzar acordos entre outras cousas en temas de axudas a entidades,

fixemos propostas alternativas os orzamentos deixando en evidencia que os do PP son uns orzamentos ridículos, que solo serven para pagar facturas,

conseguimos que se pagaran cousas e se solucionaran problemas que parecen menores pero non o son, e sobre todo,

fixemos algo mais que plantarlle cara o PP, en termos de guerra: pasamos o ataque.

E esa para nos , é a liña a seguir. Non podemos quedarnos parados mirando como o PP nos saca todos os nosos dereitos, ou como deixa de lado as persoas que o están pasando mal … non podemos agardar a que a cidadanía se canse, hai que ofrecer solucións agora que é cando fan falla, propostas alternativas, e hai que tirarlle do freo o partido Popular …. E iso solo se consegue traballando …. Os cambios na Xunta e en Madrid comezan sacando o PP dos concellos ….

E agora toca , para rematar , falar de futuro.

Ribadumia é un concello pequeno.  O PP goberna con pouco mais do 60% dos votos (iso é o 40% da cidadanía, co cal mais da metade dos veciños de Ribadumia non son do PP). Non son cifras insuperables. Pódese facer, pódese votar o PP do goberno de Ribadumia, e provocar unha ola de consecuencias impredecibles.  O problema é que agora mesmo hai tres partidos de esquerda. Ben, a situación así complicase. Mais aínda tendo en conta o grado de desapego que hai cara a política.

Pero nos, que pensamos que os partidos políticos tradicionais deben cambiar e que as maneiras de traballar deben ser outras, mais preto do chan e das persoas, decidimos que imos cambiar algo mais que as maneiras de enfrontarse PP.

Imos tamén cambiar as maneiras de posicionarnos diante da cidadanía.

Non queremos ir por diante nin por detrás, queremos ir no medio.

Por iso nos o venres non presentamos nese acto “Anova Ribadumia”… nos imos máis aló, collemos o noso grupo local e falando del como se fora unha casa, votamos portas e paredes abaixo, e quedámonos unicamente coa estrutura e o tellado..ese tellado por suposto e a vision da política dende a esquerda, con solucións de esquerda, e a estrutura é a nosa maneira de traballar, horizontal , participativa e co poder de decisión nas persoas e non no partido, sen imposicións de ninguen,  con reunións abertas, onde ten cabida todo o mundo, sen cortapisas nin idearios pechados, relacionándonos cos nosos veciños, facendo propostas, buscando solucións  e enfrontándonos o PP sen medo.

Por iso presentamos un grupo que se denominara en adiante Anova Alternativa Ribadumia.

483526_132332780255357_415734071_n (2)

E que quere dicir iso exactamente ?

Pois que é  un grupo que ademais dos que estamos en Anova, esta totalmente aberto a todos e a todas aquelas persoas  que sen querer formar parte de Anova, si queredes aportar e axudar a cambiar a política no noso concello, a mellorar as cousas e a tentar axudar ós que o  están pasando mal. Porque para iso non fai falta militar en ningún lado, solo ter ganas de facer algo, por pouco que sexa.

E esa foi  a nosa mensaxe o venres, que o noso grupo transcende  o Partido denominado Anova, dándolle  cabida  a  calquera persoa que dende a visión da esquerda queira  axudarnos a cambiar este mundo para mellor , inda que solo sexa un pouquiño. Pódese facer, pódese votar o PP do concello de Ribadumia, e evitar que nos sigan roubando, asoballando e manexando o concello como un couto privado o servizo dos seus caprichos. Pero  para iso fai falta a unión de todas as persoas que queiramos sacalos de ahí, e cara esa unión debemos camiñar.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Cousas de Ribadumia, cousas miñas, politica xeral. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s