Estos dias debería chegarvos a casa a todos vos un boletin de “Anova (Alternativa) Ribadumia”, o noso grupo político local, que ademais presentaremos este venres nun acto no centro cultural de barrantes, as 20:30, acto onde rendiremos contas do noso traballo e das nosas intencións, ademais de escoitar e charlar cos veciños que queiran sacar calquera tema. Pois nese boletin aparece unha entrevista realizada fai un par de semanas. Deixovola aqui, xunto co enlace a web do noso grupo..
http://anovaribadumia.blogspot.com.es/
Enrique Oubiña Lago, ten 35 anos, é Técnico en ascensores nunha cooperativa, modelo empresarial que defende a capa e espada, e persoa inquieta onde as haxa. A parte de ao seu traballo, adica moito do seu tempo a facer cousas e loitar por facer de Ribadumia un mellor sitio para vivir e por cambiar esta sociedade para facela máis xusta, ben sexa a traves da súa colaboración con diversas asociacións, como a “a traves da súa condición de CONCELLEIRO DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DE RIBADUMIA, condición pola que lle facemos está entrevista:
¿Primeira pregunta obrigada, como está Ribadumia?
– Pois Ribadumia é un Concello con moitisimas posibilidades, ben situado na comarca e ben comunicado, con recursos en materia agraria e vitivinicola, con posibilidades no turismo, que conta con zona industrial e que está bastante ben ordenado, pero por desgraza tamén está mal gobernado por un Partido Popular e unha alcaldesa que non entende que as necesidades dos veciños agora son outras e non asfalto, losetas e rotondas.
Falanos desas necesidades e problemas que ti ves:
Xa o teño expresado mil e unha veces. A tasa de paro ronda o 30% da poboación activa, 640 persoas están sen traballo, moitos deles xa sen prestacións, co que aumentan os problemas sociais. E que fai o PP? Nin se entera, seguen a gastar en propaganda e en festas.
¿A que te refires con que non se enterán?
– Acaban de aprobar os orzamentos deste ano con toda a oposición en contra e de políticas para a loita contra o desemprego e para tratar de conseguir que as persoas encontren traballo, nada de nada. De políticas para impulsar solucións os problemas dos veciños, nada de nada. De facerse con chan industrial, nada de nada. O que o pase mal, a Caritas e punto.
¿Pero pódese facer algo?
– Iso mesmo preguntáronme os do PP. Polo visto eles non saben que facer e pregúntanlle a oposición. Unha vergoña. Nos presentamos unha serie de propostas que foron totalmente ignoradas. Pódense facer moitisimas cousas, pero moitisimas. Imaxínate que che dan os 426.000€ que gastaron na compra de terreos do campo de fútbol e che din que os uses para facer políticas activas de fomento do emprego … talleres de formación para novos oficios. Viveiros de empresas, impulso as cooperativas do campo, axudas os autónomos que monten un negocio no concello …..
¿Vexo que non valoras ben ao equipo de goberno do PP?
– Os membros do PP son sen dubida na súa maioría moi boas persoas, pero politicamente falando non pasan de ser unha comparsa de incapaces.
Non teñen criterio ningún, nin argumentos, nin ideas. Limítanse a ir os plenos a levantar a man para votar. Non se lles mira ningunha preocupación polos problemas dos veciños, nin mostran responsabilidade e compromiso pola súa labor de concelleiros elexidos polo pobo. Calquera que vaia os plenos pode corroborar o que digo. É moi triste.
Ponnos un exemplo gráfico
– Vivimos nun concello que non ten cartos para comprarlle mantas as persoas que o están a pasar mal pero que quere gastar 185.000€ en luz, 20.000€ en teléfono, ou 3.000 en “gastos de protocolo”.
Cambiamos de tercio. Presentades novo grupo politico.
– Efectivamente. O próximo día 22 de Marzo as 20:30 presentaremos un novo grupo político local, denominado “Anova (Alternativa) Ribadumia”.
Fálanos un pouco del, obxectivos, a razón deste nome …
– A razón do nome e sinxela. Tratase de recoller un pouco o espírito e ilusión na sociedade que está a xerar a Alternativa Galega de Esquerda ( AGE), a mensaxe que lanzou Xosé Manuel Beiras, e darlle unha forma adaptada a realidade do noso concello. Crear unha opción política que una a todas as persoas que queiran traballar para cambiar as cousas, que pense en axudar e aportar solucións aos problemas da maioría dos cidadáns, que este ao lado dos de abaixo e que conte con todo o mundo en pe de igualdade. Temos as portas abertas a todos os veciños e veciñas de Ribadumia que queiran colaborar con nós neste proxecto.
Pero hai outras opcións políticas xa no Concello …
Si, e nos partimos tamén da base dunha formación política, Anova, que xa de principio se diferencia doutras en que non é unha formación tradicional, pois non segue esquemas tradicionais neste país, nin no seu funcionamento interno nin na súa maneira de facer política.
Pero queremos chegar mais alo, rompendo as barreiras do sectarismo político, eliminando eses cortapisas que bloquean o acceso os cidadans de a pe, como son os idearios pechados, as liñas políticas impostas, as asembleas solo de militantes, as reunións a porta pechada, etc, e abríndolle un oco (de ahí o de “Alternativa”) a esas persoas que non queiran integrarse en Anova pero si participar da política do concello, sempre por suposto, dende a visión e as solucións da esquerda.
E vos aportaredes solucións?
Xa o estamos facendo, e pódese ver nos plenos ou neste mesmo boletin. Ademais, o único grupo que se enfronta cara a cara co PP local, é o noso.
Resumindo, o que perseguimos e aglutinar a forza da esquerda no noso grupo, e votar de unha vez por todas o PP do goberno de Ribadumia e poder, por fin, cambiar a situación e sobre todo a maneira de facer as cousas no noso concello, sometido por esas políticas caciquís que todos coñecemos, e de loitar dun xeito adecuado contra a situación na que estamos.
A xente esta cansa dos políticos
– e non me estraña. En España instaurouse unha clase política corrupta, allea a cidadanía, que solo se preocupa de intereses partidistas ou particulares, como se pode comprobar cos últimos escándalos que estamos sufrindo. Hai que cambiar iso. Hai que coller as ferramentas que temos e darlle a volta a tortilla, comezando por votar do poder os que están arruinando este pais. A nivel local o cambio comeza por votar o PP do sillón de mando.
Pero falta moito para as eleccións municipais.
Certo, pero os votos, que son a mostra de confianza dos veciños, non se ganan en quince días de campaña. Dende a oposición, hai moito traballo que se pode facer, especialmente de control e de propostas. Pódense buscar acordos en certos aspectos, e pódese someter o PP a un control moi estrito do que fai, e obrigarlles a certos cambios. O caso das carrozas é un bo exemplo, cun escrito e cunha nota de prensa conseguimos que o concello pagase en dous días unha débeda que non tiña presa por pagar. Polo tanto existen ferramentas para iso, o que pasa en Ribadumia é que outros partidos da oposición están adormecidos, a espera de que os cambios se produzan solos. E os cambios hai que provocalos.
Falando doutras forzas. Fai un ano que deixaches o BNG, como valoras esa decisión?
– Como un acerto. O BNG non era xa aquel bloque que todos recordamos, combativo, con ganas de cambiar cousas. Moitas persoas e colectivos acordaron marcharse descontentos coa organización. Hoxe reafirmome na decisión tomada, eu non me metín nesto para “quentar o sillón” ou medrar, metinme para facer cousas útiles polos meus veciños e veciñas.
Nese momento, por qué decides seguir como Concelleiro?
Porque sentia que tiña un compromiso con todas aquelas persoas que depositaran a súa confianza en min nas votacións e tamén, porque así o entenderon a maior parte dos integrantes da lista da candidatura que eu encabezaba.
Como é a relación actual co BNG?
– Pregunta difícil. Manteño unha moi boa relación con algunhas das persoas que están aínda no Bloque de Ribadumia e sigo a defender na corporación todas as propostas que ían no programa eleitoral, por eso a veces non consigo entender as criticas de algúns membros desa organización, que incluso chegarón a votar co PP en contra de algunha das propostas presentadas por min. Eu sigo e persistirei en defender o proxecto que presentamos as eleicións municipais, outros deberan responder dos seus actos.
¿Que opinas da situación actual do BNG?
– Unha verdadeira pena, pero as cousas non pasan por casualidade, e menos en política. Afortunadamente están saíndo novas opcións políticas que están a recoller o testigo das políticas feitas en favor dos cidadáns e tamén da defensa da nosa terra.
Gústame esto:
Gústame Cargando...
Relacionado