Temas “serios” nos plenos.

Este  pasado xoves, a parte da absurda moción para reprobarme, tratáronse máis temas, e bastante máis interesantes. Fágovos un resumo, coas nosas  posturas.

– En primeiro lugar aprobouse, cos únicos votos do PP, a adxudicación da xestión directa da gardería municipal. Nos dende sempre estivemos en contra de privatizar servizos primordiais como este. Pero vendo como foi a cousa, pois con máis razón. A nos resúltanos moi curioso o feito de que solo se presentara unha empresa o concurso, que casualmente é a mesma empresa que estaba facendo o servizo ata agora, e que tanto lle gustaba a Salomé. Según a
alcaldesa o  motivo non é outro que a falta de garantías de beneficio. Ese é un argumento como outro calquera, o que pasa é que ou ben a alcaldesa non leu as bases que aprobou o seu partido, ou non se entera moito. Con estas bases, o beneficio da empresa adxudicataria está  asegurado. A empresa que finalmente se levou o contrato, fíxoo por unha cantidade anual garantida de 203.000€, mil euros menos do tope posto nas bases.  Isto significa que se a finais do ano, a empresa non xerou esa cantidade de negocio por falta de nenos (este ano parece difícil, pero o contrato e por catro anos, ampliables a seis, e inda poden pasar moitas cousas) o concello cubrira o que falte. Negocio redondo vamos. Con estas  condicións calquera querería tentar conseguir o contrato, e algunhas persoas chegarán sen dúbida a outras conclusións sobre  porque non se presentou ninguén máis. Para nos o que ocorre é que as bases para acceder a adxudicación da gardería eran tan enrevesadas, e estaban tan mal feitas que calquera con dous dedos de fronte pasaría do tema. De feito xa habiamos criticado a redacción das bases no seu momento. Vese que tiñamos razón.

– Aprobouse a Relación de Postos de traballo (RPT), co conseguinte convenio colectivo e o acordo regulador das condicións de traballo dos traballadores do concello.

Logo de revisar a documentación, que era longa e espesiña, concluimos que tanto o convenio regulador como o convenio colectivo eran moi positivos, por tres razóns:

  • EQUIPARA AS RETRIBUCIÓNS SALARIAIS DO PERSOAL LABORAL AO FUNCIONARIO QUE DESEMPEÑE AS MESMAS FUNCIÓNS….
  • E MOI GARANTISTA PARA OS TRABALLADORES, NO QUE SE REFIRE A PERMISOS, A FORMACIÓN E A RESPETAR OS SEUS DEREITOS.  
  • CONSIGUE O PLENO ACORDO DOS SINDICATOS, O GOBERNO E OS TRABALLADORES, COUSA QUE DIFICILMENTE SE DA, AÍNDA QUE DEBERIA SER FACIL….

 

Outra cousa é a RPT. Explícovos a nosa posición.

 

En teoría o que se aproba e a “plantilla de traballadores mínimos que precisa o concello de Ribadumia para levar adiante os servizos que presta aos cidadans”, así como as súas funcións, condicións laborais e retribucións.

 

Loxicamente os traballadores do Concello están de acordo porque o que fixo o documento foi recoller os seus postos de traballo actuais e facer a RTP incluíndoos, os sindicatos tamén de acordo porque se recollen as demandas dos seus afiliados e traballadores

Pero os políticos tamén temos que valorar outras cuestións …,  faise unha RPT que establece 22 postos de traballo, a pregunta que debemos facernos é:  ¿Son estes os postos de traballo fixos que precisa o concello para prestar todos os servizos que presta aos veciños de Ribadumia?? Ou pola contra serian precisos máis (ou menos) traballadores para prestar unha atención de calidade e correcta, porque  non falamos de postos temporais ou eventuais de verán non, POSTOS ESTRUCTURAIS QUE FARIAN FALTA TODO O ANO PARA O BO FACER DO CONCELLO 

 

Analicemos:

–  inclúese un único traballador na area de cultura, e aínda que se chame Chicho (un home incombustible) nun concello con Biblioteca, Auditorio, 5 casas de cultura e toda a programación que desenvolve  pensamos nos se non seria preciso pensar noutra persoa por exemplo para a biblioteca …

– en Servizos Sociais, con todos os programas que desenvolve o Concello e que dí ser prioridade, so aparecen dous postos, encima técnicos …  Non figura ningún posto estrutural por exemplo de auxiliar de axuda a domicilio ou por exemplo para a atención a 3ª idade, ou para o fogar do maior.

– igualmente so aparece un posto fixo en Xardíns, cando sempre hai como mínimo dúas persoas. Tampouco aparece na plantilla fixa ningún posto de electricista ou fontaneiro. Moitos destes servizos están privatizados, pero seguimos defendendo a necesidade de ter técnicos municipais. A min contratar unha empresa solo para cambiar bombillas nun concello de 5000 habitantes  paréceme simplemente ridículo.

Tampouco figura ningún posto  fixo para servizos que se prestan todo o ano como a atención no Tanatorio ou no Punto Limpo, ou o ximnasio…

En definitiva, dáme a impresión de que se limitaron a recoller os postos actuais, pero sen que ninguén fixera unha análise seria  nin de presente nin de futuro dos traballadores que precisa e vai precisar realmente un Concello como Ribadumia. A RPT non se aproba por un ano, se non para varios e debería ter esa visión de futuro, pero no PP a única visión de futuro que teñen é asfaltar  pistas a falta de dous días para as eleccións e así garantizarse o futuro deles.

Por este motivo, como nos estamos moi a favor da realización da RPT, a pesares de que lles levara mais de vinte anos facela, o que non temos tan claro é que esta feita correctamente, por iso nos abstivemos na votación.

Un par de cousas máis a resaltar: esta RPT ponlle dous deberes ao Concello que esperamos que se cumpran:

–  por un lado establece que aqueles traballadores que perciban mais retribución que a que se establece na RPT para o posto que desempeñan RESPETARASELLE A RETRIBUCIÓN, esperamos que se faga así e non sexa utilizada para baixar salarios (xa seria o que nos faltara)…

– E por outro lado establece que deben sacarse as prazas que figuran na mesma e que non están cubertas por funcionarios (por exemp. Arquitecto Tec. Municipal,…). Tamén esperamos que se faga así que sexa mediante un concurso-oposición regrado e con todas as garantidas de igualdade de oportunidades.

Había un punto onde se informaba do estado dos pagos de facturas do último trimestre, froito isto dunha lei de Montoro. No documento que nos entregaron pode comprobarse que o concello pagou 114 mil euros no  período legal, pero 224 mil “fora do período legal” e tamén como tiña a final do trimestre máis de 100 mil euros en facturas pendentes de pago que tamén excedían do período legal… Vaia, isto son algo máis que uns simples premios, esperemos que en adiante o concello, que esta gobernado polo mesmo partido que aprobou esta lei, ande mais áxil cos pagos de facturas, mais aínda tendo en conta que os orzamentos non se fixeron case que para outra cousa.

Había dúas mocións do Psoe e dúas do BNG. As do Psoe era para lograr o asfaltado dunha pista en Sisan que apoiamos todos e outra para levar adiante melloras no punto limpo. Nesta última nos non estabamos de acordo cos motivos que expoñían, pero estabamos moi de acordo con algunha das cousas propostas, como un servizo de recollida de voluminosos a domicilio, ou que se publicitase e se informase da existencia e funcionamento do punto limpo. O bloque estivo de acordo cos mesmos argumentos e o  PP estivo en contra porque eles son así. Están seguros de que o punto limpo funciona perfectamente, e de que inda así todo e mellorable, pero votaron en contra igual porque non estaban de acordo coa exposición de motivos nin con algún punto concreto da proposta.

O BNG levaba dúas moción tipo (das que se escriben na capital. Como polo visto, e disto xa falamos o outro dia, podelo leer premendo aqui, o BNG lle preocupa moito a cantidade de mocións que presentamos nos, voulles contar as que presentan eles, pero solo as relativas o noso concello, que presentar mocións que escriben outros e moi fácil). Unha relativa a lei te taxas xudiciais onde se propoñía instar  a Xunta que instara o goberno a súa eliminación. Solo vos direi unha cousa: non se pode consentir que un goberno queira limitar o acceso a xustiza, facendo que a xente poida denunciar ou non en función de si poden pagar ou non as taxas.   Isto e cargarse un principio constitucional como e o dereito a xustiza ….Por suposto, estivemos a favor.

A outra era referente o plan SOGAMA, e propoñía instar a Xunta abandonar este plan, non facer máis plantas de icineración, investir recursos noutro tipo de plans que camiñaran firmemente cara a reciclaxe ce a reutilización.. Efectivamente, para nos  hai que abandonar o modelo que aboga por queimar o lixo para producir enerxía eléctrica que non nos beneficia en absoluto nas tarifas que abonamos os consumidores, a parte de que é moito máis contaminante e despilfarrador de recursos, e ir cara modelos de aproveitamento dos residuos ben a través da reutilización (envases, …) ou reciclaxe dos mesmos … modelos que ademais serian máis económicos para os petos dos cidadáns que pagamos a taxa do lixo. Por iso estivemos de acordo. O psoe tamen, o PP segue a confiar no seu sistema e votaron en contra.

Un último punto,  añadido a última hora, fai referencia a uns problemas xurdidos co cambio puntual no PXOM que están a elaborar. Simplemente había que aprobar añadir nese documento uns piornos que non figuraban. Algo técnico e administrativo, máis ben.

Nos xa non estabamos a favor deste cambio no PXOM.  O que vemos é que según pasan os meses todo isto non fai máis que xerar gastos, e que neste tempo o concello xa podería ter feito e seguramente aforrando cartos  o PXOM novo do que tanto falaba na campaña electoral e que agora nin esta, nin se lle espera. O curioso é que volvendo a revisar a documentación resulta que a empresa que redacta os cambios do PXOM, ademais de non ser galega, tratase dunha empresa que en Madrid estivo acusada de branqueo de capitais e de fraude fiscal. Para estar en contra da corrupción os nosos gobernantes do PP non dubidan en contratar empresas mais que sospeitosas de ser corruptas. Curioso.

Como vedes unha chea de cousas que afectan o funcionamento do concello dun xeito ou outro, non como a moción esa do PP, que solo lle afecta o seu orgullo e a súa imaxe.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Cousas de Ribadumia, cousas miñas. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s