Bueno, bueno, bueno. Este xoves tivemos pleno e os do PP levaron a moción da que vos falei con intención de reprobarme e de pedirme a dimisión. Déixovos aquí colgadas a carta a que fan referencia, a moción (estou pensando enmarcala), e a nota de prensa en referencia a esta historia.
carta aberta os membros do PP de Ribadumia
nota posicionamento reprobación PP
Para comezar, levar unha moción a un pleno municipal relativa a unhas opinións expresadas na prensa, non ten sentido ningún. Psoe e Bng tamén o pensaron así e desmarcáronse deste desvarío. Ademais, eu firmei esa carta como
membro de Anova, non como concelleiro, e no pleno municipal non me represento a min mesmo, represento a un grupo de persoas, que poderían perfectamente non estar de acordo coas opinións expostas nesa carta.
A min, o ser o aludido non me quedou mais remedio que volver a explicar a miña postura con isto da corrupción e, por suposto, reafirmarme nas miñas palabras.
Sendo ordenados, primeiro o PP, en boca de Martín Serantes, explicou a súa postura e porque levaban semellante moción a pleno. Foi digno de ver. Incluso coa indignación levantou a voz e petou na mesa e todo. Eu agora teño claro que se un dia precisara dun avogado unha opción seria Serantes, se non fora que non me vai querer representar, e que tampouco me fío moito de que non o traizoen os odios políticos. Según eles, na mencionada carta acuseinos de corruptos, cometín inxuria, calumnia e ataqueilles o honor, e polo tanto pedíronme que rectificara porque eles son unhas persoas completamente legais e dunha ética e unha moral intachables e as miñas opinións ofendéronlles moitísimo. Con Ramón Mouriño, coautor da carta, non deben saber que facer. Serantes fixo por añadidura unha defensa encomiable do seu traballo político, que polo visto o esta a levar pouco menos que a ruína económica. Descoñezo se ten avoa pero non lle fai falta. Non entendo moito como alguén tan apaixonado a metade das veces chega as comisións sen ter moi claro o que se vai falar ou nos plenos se fai un lío e despois non sabe que lle toca votar. Pero en fin, non serei eu quen dubide das paixóns de ninguén, e a verdade e que debería haber moita mais xente con ganas de facer política en todos os partidos.
Logo tocoume falar a min. A carta foi publicada nun contexto concreto, o 23 f e toda unha serie de concentracións por todo o país de repulsa a corrupción na política, repulsa que o PP di compartir inda que polo visto ten problemas para expresala publicamente.
Comparto a critica e a indignación dos cidadáns que se manifestan todos os días contra a corrupción na política, fartos non solo de que saia un escándalo de presunta corrupción cada dia, se non de que algúns dirixentes ou membros políticos solo non mostren dureza e tomen medidas contra eses supostos corruptos, se non que amparen estas actitudes, que as intenten xustificar ou que as oculten.
Cospedal falando da indemnización diferida e simulada dou vergoña e o feito de que estando Barcenas imputado pola Gürtell ninguén o apartara do partido e pola contra se lle mantiveran privilexios e un salario de 21000€ o mes, ou que a dia de hoxe inda teña carné de militante parece unha burla.
Si a corrupción fosen casos illados e non unha actitude permitida e encuberta por moitos cargos, concelleiros e militantes, no momento que se destapase un caso quen estivera no allo seria rapidamente expulsado do partido e repudiado para sempre, pero non pasa iso, e hai que criticar aos que coa súa omisión permiten que compañeiros certos comportamentos, propiciando que se cree un descrédito cara os políticos. E se non lles gusta oír isto entón que fagan algo. O peor de todo é que ese descrédito a cidadanía llo aplica a todos os políticos incluído eu mesmo. E moitos coa súa actitude danlle ánimos, inda por riba, pois enchen a boca con discursos sobre a moralidade e a ética e a loita contra a corrupción , pero logo non son capaces de dicir nada para condenar os casos de corrupción do seu partido, e pedirlle explicacións aos seus dirixentes.
A corrupción ten moitas formas de expresarse: non son soamente os traxes regalados a Camps ou os supostos sobres pagados por empresas a Barcenas, mentres foi tesoreiro do PP, para facilitar contratacións ou para repartir con outros, ou algúen pensa que chupamos o dedo, que lle daban os cartos pola súa cara bonita ou para facer unha obra de caridade …
A corrupción ademais ten moitas caras, e algunhas delas ben cerca.
Corrupción son os contratos a dedo de militantes de partidos, membros das listas ou familiares en institucións sen ningún tipo de oposición, a deputación de Ourense, por nomear a unha que agora esta no ollo do furacán, con Baltar pai no banquillo, é un exemplo claro. Vos seguro que coñecedes máis.
Corrupción tamén é utilizar o cargo para beneficiar a empresas amigas, como se ve que esta a pasar en Santiago.
Corrupción tamén é lucrarse dun cargo público, inda que solo sexa cargándolle ao Concello facturas ou gastos persoais ou do partido (estes días falábase en Cambados de que o seu alcalde pagou algunha comida do seu partido, con Soralla de convidada cos cartos de todos os veciños), ou tamén que o Concello contrate servizos con algún socio ou familiar ou amizade dalgún concelleiro.
Ou que se modifiquen, por exemplo, as ordenanzas ou normas urbanísticas para beneficiar a particulares ou a amigos. Para ver exemplos disto non fai falla nin saír do concello. E eu teño moi claro que cando se usan as institucións para favorecer a intereses particulares ou a amigos, poderá ser todo moi legal, pero non por iso deixa de ser unha corrupción do sistema en beneficio duns poucos.
Si me apurades corrupción tamén é presentarse a unhas eleccións prometendo unhas cousas e logo facer o contrario. Iso e enganar a cidadanía, e polo tanto e corrupción. Cando dixen isto último enfadáronseme de raio, incluso o do Bng. Polo visto para algúns, o correcto para un político é permanecer dentro dun partido político pase o que pase, e non defender as ideas e o beneficio da cidadanía por riba dunhas siglas.
Algúns inda confunden pertencer a un partido político con ser seareiro dun club de fútbol. Non imaxino nada máis alonxado da democracia. Solo ter esta idea para min significa de por si defender a corrupción, pois NUNCA UN PARTIDO PODE ESTAR POR RIBA DAS PERSOAS.
O final, logo dunha explicación mais que clariña, díxenlles que estaba disposto a rectificar as miñas verbas, dado que eles facían aparentemente unha interpretación algo diferente do sentido da nosa carta. Ramón Mouriño estaba disposto a rectificar tamén. Claro que para iso habería que firmar un documento conxunto para que a todos os veciños e veciñas tiverades claro cal é a postura dos políticos deste concello con respecto a corrupción. O documento dicía o seguinte;
1.- A corporación municipal de Ribadumia comprende a indignación dos cidadáns diante dos casos de corrupción nas institucións e condena os mesmos así como as actitudes dos partidos políticos e cargos dos mesmos que os amparan ou xustifican.
2.- O pleno de Ribadumia acorda dirixirse as direccións nacionais e a nivel galego dos partidos con representación no Concello, para solicitar que de xeito inmediato se aparten do partido e de cargos orgánicos a todos aqueles concelleiros e cargos públicos do partido que esteán imputados en casos de corrupción política, tramitando a súa inmediata expulsión no caso de ser procesados e que se preste a máxima colaboración coa xustiza para que se condenen estas actitudes.
3.- Os Concelleiros de Ribadumia reafirman o seu compromiso emitido no xuramento do cargo de cumprir e facer cumprir as leis e, polo tanto, denunciar a aqueles concelleiros ou cargos públicos que non actúen con arreglo as mesmas ou que utilicen o cargo en beneficio propio ou de achegados.
4.- Os concelleiros da corporación municipal de Ribadumia comprométense a dimitir no caso de que se evidencie que tanto eles mesmos, como familiares ou achegados, obtiveron algún tipo de beneficio por figurar nas listas do partido político , ter cargo político ou ser concelleiro na corporación municipal (por ex. Contratos a dedo ou adxudicacións de servizos).
5.- Os concelleiros de Ribadumia comprométense a solicitar a baixa na súa organización política si se demostra que esta organización tivo financiamento irregular froito de actuacións ilícitas ou da corrupción.
Eu penso que era unha gran oportunidade para dar un exemplo de claridade, e de compromiso político. Eu xa tiña o bolígrafo na man para firmar, pero a súa reacción foi a que vos podedes imaxinar. De ningunha das maneiras. Polo visto, din eu interpretado da súa resposta, que foi longa, nun ton máis ben elevado e cheo de golpes na mesa, eles non teñen que firmar nada nin facer ningún tipo de declaración de nada. Iso é evidente, non lles puxen unha pistola na cabeza, facelo era voluntario. E tampouco eu teño porque rectificar de ningunha das miñas opinións, salvo que alguén me demostre que estou errado. E esa era precisamente a súa oportunidade de demostrar que eu estaba nun erro coas miñas opinións … pero non aceptaron. Sacade vos as vosas conclusións desto.
A votación foi a esperada, a moción aprobouna o PP en solitario. Así que reprobáronme (o cal na practica neste caso equivale a dicirme que para eles fun malo, pero nada máis), e pedíronme a dimisión como concelleiro e a rectificación das miñas palabras. Non conseguiron nada diso. Agora polo visto van acudir a vía xudicial. Para o caso desto último, poñéndome na situación máis negativa para min, poderán por esta via facerme cambiar as miñas verbas, pero se pensan que vou cambiar as miñas ideas tan facilmente están moi errados. Agora mesmo, en política, e gracias a moitos políticos que actúan como actúan e a outros moitos que os defenden, tapan e protexen, a HONRADEZ E A HONORABILIDADE TEMOS QUE DEMOSTRALA.
Eles a tempo inda están.