Andan os peperos cabreados

COHERENCIA

Estiven uns días sen ordenador e atendendo a asuntos de familia. E neses días pasaron unhas cantas cousas moi interesantes.

O sábado pasado (23 de febreiro) saía na prensa unha carta aberta dirixida os membros do PP de Ribadumia, firmada por min e por Ramón Mouriño. Esta carta déixovola aquí abaixo.

As reaccións  do PP son dignas dunha película de humor absurdo.

En resumo, en dita carta o que fixemos eu e Mouriño foi instar os membros do PP local a deixar de gardar silencio diante dos escándalos que se están producindo no seu partido, que condenaran calquera tipo de corrupción e de actitudes, que en política son moito máis vergonzosas que en calquera outro ámbito, e que son ademais as responsables en gran medida, da mala imaxe da política no noso país. E tamén os animaba a tomarse o asunto en serio, pedirlle explicacións os seus dirixentes e, visto como esta o panorama, a alonxarse de toda esa vergoña deixando o partido e mostrando que eles o que están é a traballar polos veciños, e non para atender a intereses de partido ou persoais, e moito menos para mezclarse con personaxes como Barcenas. Ferramentas democráticas teñen.

O que non se fai nesa carta en ningún momento,  é acusar de corruptos os membros do PP de Ribadumia.

Cal foi a nosa sorpresa cando, en lugar de facer o normal nestes casos (que é evidente que non ia ser deixar o partido. En Ribadumia a ver quen é o valente que deixa o PP sen permiso), sacar unha nota condenando a corrupción, apelando a presunción de inocencia (que temos todos os españois, inda que a algúns ninguén llo crea xa) e insultándonos dalgún xeito politicamente correcto,  o que fixeron foi sacar unha contestación onde lonxe de condenar a corrupción, se mostraron ofendidos polo noso escrito  e nos prometeron, entre faltas de respecto varias,  poñernos unha quérella por inxurias.

E digo eu:

É tan mala cousa pedirlle os políticos locais  que se posicionen  con claridade absoluta a favor ou en contra da corrupción política sexa cal sexa o partido implicado, e que esixan responsabilidades e tomen medidas , con máis razón se o partido afectado é o seu?

É ilóxico dicirlle os peperos que se defenden a posibles corruptos se arriscan a ser metidos no mesmo saco por moi inocentes que sexan?

Que lle pasa o PP local que esta tan interesado en non falar de corrupción, que cando alguén saca o tema, se soben polas paredes?

E tan ilóxico pedirlles DECENCIA, HONRADEZ e  COHERENCIA os nosos políticos locais?

Pois puxéronse feitos unhas feras. En especial un individuo que utiliza un nome falso no seu perfil do facebook (un político que se oculta dos seus veciños, para que vexades o que tedes en Ribadumia) e que a parte de insultarme no seu muro e tratarme con apelativos tan lindos como “peludo” (por favor..”Peludo” non home: “melenas” ou “ricitos” ), e de declarar que el non pertence o PP (¿…? E o secretario local ou algo deso, a parte de concelleiro pepero, pero xa parece S.Pedro negando a Xesús), non foi capaz a facer máis nada.

Bueno, corrixo. O PP de Ribadumia, polo visto (a min oficialmente non me chegou nada de momento) púxonos  unha quérella nos xulgados a min e a Moncho. Isto polo visto.

Porque onte descubrín que o que si fixeron foi presentar unha moción para reprobarme no pleno municipal deste próximo xoves e pedirme a miña dimisión (se non a retiran antes).

Ten carallo a cousa.

O seu partido, o Partido Popular,  esta cheo de persoas imputadas por mil e unha corruptelas (A Gürtell, o caso Baltar, a Pokemon, que agora xa é Manga e a este ritmo sera pronto xenesis…). Os seus ministros minten todos os días (xa sabedes, que Barcenas non blanqueara a pasta coa amnistía do PP, que Barcenas non tiña relación ningunha co PP salvo un coche con chofer, unha secretaria e un despacho onde polo visto entraron os propios peperos a roubar, que Barcenas non traballaba po PP, salvo un contrato en “diferido” millonario … dos sobres e dos millóns en Suiza xa  non falo…). E cantas cousas máis que xa non poño por non estenderme que teñen o Partido Popular no ollo do furacán.

E estes pretenden que dimita eu.

A min ninguén me dou un posto de traballo na deputación a dedo. Eu non teño familiares próximos en ningunha das oficinas de colocación da deputación. Non estou acusado de nada, nin imputado por nada. O meu partido non esta inmerso en ningún caso de corrupción. A min ninguén pode acusarme nin de recibir nin de repartir sobres con cartos, nin sequera de ser sospeitoso.

Serei mellor ou peor político, e sei tan ben como calquera que ladróns hainos en todos lados, pero dende logo eu nin defendo nin defenderei a ningún partido político acusado de corrupción, e menos na medida na que esta sendo acusado o Partido Popular. Por min poden ser todos inocentes (oxalá, inda eu o dubido, demasiado ruído hai), pero o dano  que están facendo a este país é case  irreparable.

Pero pretenden que dimita eu.

A primeira moción que leva o PP o pleno en anos (a parte de unha conxunta de todos  os grupos que logo non respectaron) é unha moción para reprobar a un concelleiro. Non é unha moción para tomar medidas de loita contra o paro, nin de apoio as persoas  con poucos recursos. Nin de  apoio as mulleres de Alfageme ou os afectados das preferentes ….Nada deso. A primeiro moción do PP de Ribadumia é unha destinada a  reprobarme e pedirme que dimita por esixirlles que mostraran a súa decencia e compromiso cos veciños claramente e sen ambaxes (algo tan sinxelo como lóxico).. Incrible.

Vou buscar na nube, pero creo que nunca tal pasou, que o partido que goberna con maioría absoluta, reprobe a un concelleiro da oposición por algo así.

Xa vos contarei un pouco máis deste despropósito.

carta aberta os membros do PP de Ribadumia

Esta entrada foi publicada en Cousas de Ribadumia, cousas miñas, politica xeral. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s