Imos por partes
Author Archives: enriqueoubina
Originally posted on Cambados(tk):
Un cambadés residente do centro leva semanas tomando imaxes de persoas que se achegan a un coñecido supermercado ao seu peche. Achéganse na hora á que os empregados da superficie comercial tiran nos contedores da…
Publicado en politica xeral
Deixar un comentario
Dos nacionalismos e do noso proxecto

¿É o mesmo ser nacionalista que ser independentista? As dubidas que xorden a redor desta pregunta aliméntanas certos partidos políticos para crear confusión e converternos a todos os que falamos de nacionalismo en radicais, cando non etarras directamente. Eu penso que con isto do nacionalismo , hai varios niveis, e moita confusión. Eu críeme en Galicia, meus país ensináronme a falar en galego. A maneira que teño de entender a vida, o xeito de falar (esa retranca), as festas, a morte, as relacións entre persoas, mesmo os deportes, o amor pola nosa terra( a nosa morriña), tan diferente á maneira que teñen de entender estas cousas noutras zonas de España ou mesmo do mundo, en definitiva, a miña cultura, e galega. E identifico perfectamente ata onde, xeograficamente falando, chega a miña cultura. Entón non son andaluz nin vasco, son Galego.
Solo con isto xa podo sen vergoña dicir que son nacionalista (os da dereita por unha cuestión política, e marcando diferenzas que solo son políticas, prefiren dicir galeguistas, pero é o mesmo).
Agora entra a cuestión política.
O nacionalismo político, por dicilo dunha maneira sinxela, implica entender Galicia como un pais (precisamente por todo o que acabo de dicir), e polo tanto como un pais que pode perfectamente xestionar os seus recursos sen ter que depender das decisións que veñan de Madrid. O que se di ter autogoberno dentro do estado español. Hai quen di que iso e imposible co sistema autonómico que temos actualmente. Eu penso que o que pasa e que este sistema autonómico debe ser revisado, pois xa ten moitos anos e os tempos cambiaron moito. Ademais o PP esta axudando a desmontar este estado das autonomías, baleirándolle as competencias os gobernos autonómicos, recentralizando e privatizando totalmente todo o que poidan mentres teñan o goberno.
Hai partidos que apostan polo federalismo. E outro sistema, que vai mais aló que o noso sistema actual na independencia interna dos estados federais. O caso mais claro son os E.E.U.U. de América, cuxos estados entre outras cousas promulgan as súas propias leis, a pesares de estar integrados na Unión.
Indo aínda mais aló, están os independentistas, que creen que a única solución para que Galicia prospere como pais e independizándose de España.
Unha postura intermedia é a dos que consideran que os galegos deberiamos ter dereito a autodeterminación, ou o que é o mesmo, o dereito a decidir que facer co noso pais. Isto non significa que os que defendan esta idea crean necesariamente que os galegos deban independizarse de España, ou de Europa, solo que deben ter o dereito a decidir se facelo ou non, ou en que medida. Pero a verdade e que a maioría dos que defenden cegamente o dereito a autodeterminación, se de repente o tiveramos e fixeramos iso que di pretender facer Artur Mas, presentar un referendo para que os galegos decidan se independizarse ou non, , seguramente ían levar un gran chasco, porque os galegos na súa maioría non son independentistas.
Todo este lío de idearios estano usando algúns partidos políticos para marcar diferenzas ou para tentar desprestixiar a outros partidos, como por exemplo a “Alternativa Galega de Esquerdas”. A A.G.E. non é un partido, e unha unión de partidos e persoas para defender un obxectivo común, que é, cun proxecto claro feito con obxectivos e ideas comúns, parar as políticas destrutivas do PP e cambiar a maneira de levar Galicia, e así poder solucionar os problemas que xa todos coñecemos, e que o PP solo esta agravando cada dia que pasa..
¿Estase Anova volvendo españolista por unirse neste proxecto con Esquerda Unida? Non, primeiro porque Esquerda Unida, como forza de carácter federalista, non ten inconvinte en aprobar o dereito a autodeterminación dos pobos. E en segundo lugar polo mais obvio. Esquerda Unida e Anova non son o mesmo partido, son partidos diferentes unidos nun momento necesario. Por certo que moitos dos que sosteñen este argumento, son os que pretenden unirse despois das eleccións co PSOE, partido que ata fai dous días non era nin federalista, e nin agora defende o dereito dos pobos a autodeterminación. Se hai forzas que se están volvendo españolistas, con eses argumentos, o BNG é unha delas.
¿Estase volvendo Esquerda Unida un partido nacionalista?, Pois non, e polos mesmos motivos.
¿Por qué deberían aquelas persoas que non se consideren nacionalistas apoiar a Alternativa Galega de Esquerdas ( http://alternativagalega.com )? Polo proxecto político para Galicia. Un proxecto en primeiro lugar de esquerdas, con ideas reais de esquerda (non o como PSOE, cuxa idea de esquerda consiste en conxelar pensións, subir o I.V.E. ou recortar dereitos laborais). Ademais, defender que os galegos teñamos mais autogoberno, non significa que queiramos a independencia, significa que queremos utilizar as competencias autonómicas que xa temos, eliminando estruturas inútiles como as deputacións, e aumentar esas competencias, para dende Santiago poder xestionar mellor os recursos, e non estar tan atados o que ocorra en Madrid, que xa estamos vendo a onde nos esta levando.
Publicado en Cousas de Ribadumia, politica xeral
Deixar un comentario
Da Billarda

Este verán inicieime no noble e tradicional xogo da Billarda. Fixeno da man dos amigos de O Varal, http://ovaral.blogspot.com.es , da Conferencia das Rias Baixas. http://conferenciariasbaixas.blogspot.com.es , e da Asociación Cultural Herminio Barreiro de Ribadumia, da que son socio, gracias a una colaboración coa organización do Umiarock, Dunha tarde de verán chea de diversión e de golpes o aire (cando foi tomada esta foto), naceu o equipo de Billarda “Os Casilledin do Umia”, radicado en Ribadumia,. E nada máis nacer xa nos convertemos nun dos maiores equipos en número de participantes. Participamos dúas tardes de sábado cada mes, e debo dicir que non solo me atopei xente estupenda neste mundiño, se non que ademais o pasamos de medo con eles. ¿Os resultados? Que mais da.
A Billarda, que é do que vos quero falar, e un deses deportes tradicionais, case condenado a desaparecer se non fose por asociacións como estas que o manteñen non solo vivo, se non en claro rexuvenecemento. Para os que non o coñezades, e un xogo moi simple, consistente en levantar e golpear unha billarda ( pequeno pau de aprox 20cm de longo coas puntas afiadas co fin de poder levantalo no aire) cun varal (pau mais longo, sobre 60cm, anque nalgúns lugares usábase un artiluxo con forma de pa) co obxectivo de cruzar a extensión do terreo de xogo (entre 25 e 50 metros) e traspasar unha meta, no mínimo numero de golpes posibles. Xogase de maneira individual, sen diferenciación por sexos ou idades (mellor exemplo de igualdade no deporte non o ides encontrar) inda que na liga se contabilizan os puntos tamén por equipos.
Pero non e solo un xogo. E unha forma de contacto social. Mentres se desenrola a partida, a necesidade de atención solo a ten quen ten que lanzar, co cal o resto de persoas pode tranquilamente charlar das cousas da vida, compartir unha cervexa, lanzarse desafíos de toda índole….O que ven a ser facer vida social, algo cada vez máis raro de ver nestes tempos de contactos on-line, por twiter, whatsapp, etc. .E resulta moi agradable falar coa xente, inda que solo sexa do tempo. Fainos recordar que somos humanos e animais gregarios, e que necesitamos o contacto entre nos. E mais que ningunha outra raza ou etnia do mundo, a galega, que levamos esa ansia de compartir totalmente fundida nos nosos xenes, como se pode ver a través de costumes como a de axudarnos entre nos nas labores do campo, colocar bancos de pedra no exterior das casas tradicionais para charlar a caída da tarde, as nosas comedelas con esas sobremesas interminables. Por iso me alegra tanto ver que hai moitos nenos e xoves participando. Non é solo que estes xogos sexan unha tradición que debemos conservar porque forman parte da nosa identidade como pobo, se non que son unha forma de que os nenos saian a rúa e compartan xogos e experiencias con outros nenos, e con persoas maiores , que son os espellos onde deben mirarse (e non os produtos televisivos) para medrar como persoas.
Publicado en cousas miñas
Deixar un comentario
Dos actos de campaña

Este mediodía participei activamente no acto de campaña da Alternativa Galega de Esquerda.
Os actos de campaña son unha cousa difícil para os que nos toca falar publicamente neles. A min persoalmente róubanme moitas horas de sono, non solo polos nervios de ter que falar en publico, se non tamén pola responsabilidade de ter que transmitir unhas mensaxes claras e concisas, que non so convenzan (iso case é o de menos), se non que fagan entender as persoas que nos acompañan a situación a que nos enfrontamos e as propostas que nos temos para solucionar todo isto.
Hai dúas maneiras, penso eu sen ser especialista nin moito menos na materia, de conseguir obxectivos cos actos de campaña: unha e cos mitins tradicionais, onde un orador dende un estrado arenga o seu publico, con mensaxes que incitan a risa ou a emoción ou a indignación, ou o aplauso, segundo lle conveña o orador en cada momento. Son actos xeralmente estudados o milímetro. Estudados e controlados, de tal maneira que o publico actúa mais como comparsa que como publico. Na tele vedes anacos así todos os días. E non son, por certo anacos de mitins o azar, pois os partidos informan de cales son eses quince segundos de todo o mitin que queren que se vexa na tele.
A outra maneira é a maneira que a min me gusta. Con actos abertos, sen unha liña predeterminada nin un guión milimetrado, onde o publico participa activamente, se implica e aporta posicións e puntos de vista. Son actos moito mais difíciles de preparar, e certo, pero dende logo son actos moito mais agradecidos e amenos.
Hoxe participei nun acto así. Foi un acto mais longo que o que marcan os canons e as normas impostas por non sei que publicistas ou entendidos en campañas, pero foi así de longo porque o publico asistente fixo que fora desa maneira. Tivemos tempo a rirnos un pouco e a indignarnos moito, e a ver cales son as dubidas que sofren a maioría nosos dos veciños de a pe. E aprendemos moito, porque unha señora que foi emigrante trinta anos nos fixo ver que nos, precisamente nos, os galegos, “que non hai un galego na lúa porque non hai un posto de traballo alí”, estamos tratando os inmigrantes de maneira vergonzosa. Porque un señor de Valencia nos fixo ver a necesidade de ir mais aló nos pactos entre partidos de esquerda, e de forzar chegado o caso a saída do PP do goberno da Xunta, e tamén que é necesario non caer nos erros doutras veces e doutras comunidades, onde os intereses partidistas fixeron que as alianzas foran o final para beneficio dos partido e non do pobo o que dicían representar. Porque un señor dixo en alto algo que é evidente pero que tamén parece que non nos damos conta: que a dereita esta ensinando a súa verdadeira cara, unha cara de ultradereita, de machistas e retrogados, a cara dun partido que busca a escravitude do pobo e da muller, e a diferenciación clara das clases, reducíndonos a maioría a simple man de obra o seu servizo.
Eramos catro persoas a falar hoxe, en principio: Chus, Narda, Moncho e mais eu, e expuxemos, creo, moi ben a nosa alternativa e as nosas solucións, pero eu aprendín mais do que dixeron todas as persoas que non estaba previsto que falaran.
Moitas gracias a todos e a todas. Foi un acto produtivo e un dia redondo.
P.D. Dous Agradecementos especiais. Un bo amigo, moi pouco amigo da política e dos políticos, puxo o espertador, levantouse contra as súas propias costumes e con poucas horas de sono, e acompañounos cun sorriso na cara, e ademais gravounos coa súa super-camara durante todo o acto. E a Tere, miña pobre, que a traio pola rúa das amarguras cada vez que hai campaña electoral. E nunca se queixa (bueno, case nunca).
Publicado en Cousas de Ribadumia, politica xeral
Deixar un comentario
Duas mocións presentadas no concello.Traballando en positivo e cumplindo compromisos
Non sei se vistes algunha vez o que ven a ser unha moción. Inda que cada grupo político ten o seu modelo estándar, máis ou menos solen ser como estas que colgo eu hoxe. Así que déixovos as dúas … Seguir lendo
Publicado en Cousas de Ribadumia
Etiquetado axudas, deportes, mocións, ribadumia
Deixar un comentario
Falemos de libros.
Estou rematando as últimas paxinas de “Festin de Cuervos”, cuarto volumen da inmensa “Canción de hielo y fuego”, de George R.R. Martin. Esta era ademáis unha relectura, en principio rapidilla, o final lentisima, recordatoria para poder poñerme o choio … Seguir lendo
Publicado en libros
Etiquetado 50 sombras de Grey, cancion de huelo y fuego, Las horas oscuras., libros
Deixar un comentario
Los candidatos de AGE acuden al Hospital por ser “la promesa incumplida de Feijóo” – Faro de Vigo
Publicado en politica xeral
Deixar un comentario
Unha nova suba na cola do paro ¿ata cando imos ficar parados?
Unha nova suba na cola do paro ¿ata cando imos ficar parados?
Novamente queda claro que as políticas do PP en materia de emprego (como de todo o demáis) son nefastas. Volve a rematar o verán, e volve a subir o paro. Achegase o inverno, como di o lema dos Stark, e neste país os que nos gobernan non fan nada. E hora de cambiar de gobernantes.
Publicado en politica xeral
Deixar un comentario