Intereses (II) Poñendo puntos os ies.

Onte tiven a desgraza de ler un comunicado colgado polo Bng o fio da nota de prensa que enviamos dias a tras e que podedes ler premendo aqui . Digo desgraza porque me pareceu unha barbaridade maiúscula o que alí lin. Bueno, onte, a pesar de ter unha vena algo inchada, pasei do tema, traballei, corrín uns kilometros cenei e tomeime unha birra cun par de bos amigos e funme durmir. Pero non me gustan as mentiras,

e menos cando se refiren a min. Así eu decidín puntualizar algo ese texto, e poñer temas claros.

Dóeme moito ter que andar con estas historias. Hai a dia de hoxe persoas no BNG as eu quero e respecto moito, coas que manteño unha moi boa relación, e que por suposto están fora de todo  canto vou expoñer, e dóeme tamén por este mesmo motivo, e porque falamos dun partido político no que eu cría e o que apoiei moitos anos co meu voto,  ter que dicir cousas que son cando menos incomodas. Pero non me queda outra. Quero deixar claro que o BNG, como partido, non é inimigo meu. Por iso, e por respecto a esas persoas as que aprecio, o  que non farei será mandar máis comunicados de prensa por este tema, para non facer máis dano, limitareime a deixalo neste meu blog.

Para facelo ordeadamente , o que ides ler en azul, copiado talmente, é o comunicado do BNG, o que esta en negro son as miñas apreciacións persoais.  O final están colgadas as mocións as que se refiren os do BNG, para que poidades sacar as vosas conclusións.

EXPLICACIÓN DOS POSICIONAMENTOS DO BNG NO ÚLTIMO PLENO

Ante as críticas públicas de Enrique Oubiña (un concelleiro que obtivo a súa acta aproveitándose dunha candidatura do BNG)   Pois seguen con iso. Fanse un pouco cansinos xa. Desprezan o traballo de moita xente e esquecen que de momento a lei, a maioría das persoas que formaron parte da lista do Bng ou axudaron na campaña e moitos veciños e veciñas danme a razón, pero bueno.  o BNG por non apoiar as dúas únicas (sí, as únicas) mocións que ese concelleiro presentou ata o día de hoxe, En primeiro lugar isto é MENTIRA.  Un comunicado que mente xa na segunda liña non deixa quedar ben a ningún partido político. Este concelleiro que vos escribe  leva presentadas catro mocións. Ademais desas catro mocións cinco escritos máis, algúns deles con resultados moi positivos, como que se resolvera un problema cun valado nunha escola infantil ou se pagaran unhas facturas que había gardadas nun caixón sen previsión de pago (a pesares do dito por ahí). De todo isto vou deixando conta xeralmente neste blog, así que tampouco vos parecera novo. En calquera caso, é certo que non presentamos tantas mocións como outros partidos da oposición. Iso debese a dúas causas. A primeira é que a nos non nos escriben as mocións dende Santiago, nin nos mandan mocións desas que son as mesmas para todos os concellos, co oco do concello en branco para cubrir  e levar a selar. As nosas mocións céntranse mais no ámbito local que autonómico ou estatal. O segundo motivo é que simplemente non o cremos necesario. Nos non presentamos mocións para cubrir unha cifra, nin para dicir que presentamos máis que os outros, nin nos interesa perder o tempo con cousas inútiles ou que se amañan doutro xeito, como por exemplo presentando escritos, cunha reclamación ou plantexando un problema.   o BNG quere trasladar a explicación dos seus posicionamentos.Pareceme moi ben.

En primeiro lugar, cómpre recordar que o Partido Popular ten a maioría na corporación municipal, co cal sorprende  que un concelleiro da oposición se dedique máis a fiscalizar a un grupo que non ten responsabilidades de Goberno, pero digo eu que terán responsabilidades como  oposición, ¿ou é que solo aportan solucións cando gobernan?. En calquera caso sacamos unha nota de prensa recriminando unha actitude do BNG, recriminando o PP sacamos de media unha cada duas semanas, non sei de onde saca o Bng que os atacamos a eles máis que o PP  que a propoñer alternativas fronte ao desgoberno do PP. Propoñer Alternativas? Vexamos. Alternativas do BNG nos últimos orzamentos: 0. Hubo unha queixa referente a que o PP non lle apoiaba a horta urbana (unha gran idea, que nos si apoiamos), pero iso no pleno dos orzamentos non foi  unha proposta, foi unha queixa. Propostas do grupo deste concelleiro que escribe: 5, tres relacionadas coa loita contra o desemprego, unha relacionada con temas de carácter social e unha destinada a aumentar o control do pleno municipal sobre a distribución dos cartos por parte da alcaldesa.   O obxectivo do BNG na actual lexislatura no Concello de Ribadumia é ben outro, é fiscalizar (non entendo o termo  fiscalizar aplicado a este contexto. Supoño que debo ser un pouco tonto, pero preguntei por ahí e ninguén mo soubo explicar, debemos ser todos algo tontos en Ribadumia) ao Goberno do Partido Popular que encabeza Salomé Peña e propoñer outras políticas, en consonancia con noso programa electoral, alternativas ao despilfarro, ao clielentelismo e á falta de ideas para propoñer solucións anta a crise que caracterizan ao goberno municipal.(Como obxectivo esta ben, por desgracia os feitos mostran outras cousas e outros obxectivos, e case ningunha proposta concreta) En todo caso, o BNG é respetuoso coa tarefa do resto de concelleiros da oposición, e tampouco entra a valorar a labor, nin as posíbeis obsesións, incoherencias ou demagoxias doutros concelleiros Un concelleiro que descoñece cantos grupos municipais hai e que se pasa o dia tratando de ladrón a outro esta lonxe de ser respetuoso, e esta moi preto da obsesión, pero en fin…
Con respecto á posición do BNG ante as mocións que presentou ese concelleiro, nunha delas propoñíase crear unha comisión dentro da comisión de cultura Mentira absoluta, ou erro interpretativo. Mais abaixo deixo as dúas mocións colgadas a ver se alguén lee algo de facer unha comisión dentro de outra. Por certo, o que propoñía esa moción sobre o papel (indo iso si, un pouco máis aló en canto a que todos os grupos políticos  debían tomar parte nesa revisión, para así eliminar dunha vez por todas o criterio político e posibles cacicadas),  era o acordo  que todos respaldamos de revisar todas as cesións e convenios de todo tipo existentes entre concello e entidades. Condición que foi  o  concelleiro do Bng e non outro  quen  lla esixiu o PP para chegar a acordo co reparto de axudas.  Polo visto, entre esa  comisión e este último pleno alguén perdeu a memoria e esqueceu os seus compromisos.  E non solo no PP. Aquí, falando da moción,  os únicos con algo de razón foron os do Psoe que entendían que a redacción da moción debía ser outra, cousa coa que estivemos de acordo) Ante tal absurdo, sobran máis explicacións (si claro, é que non hai explicación posible). A outra pretendía cambiar os criterios das subvencións, esquecéndose de que hai dous meses foron aprobadas por unanimidade por todos, tamén polo concelleiro que agora propoñía modificalas. Dúas mentiras. As bases aprobáronse fai un ano, non fai dous meses, e este concelleiro non participou na votación (e se algúns seguiramos no Bng fai un ano, estas bases  o bloque non as  hubera aprobado) inda que aceptou o resultado. Ademais non se propón cambiar os criterios, iso é unha mentira,repetida ademais  polo PP, solo se propón  axustar a valoración deses criterios, eliminando na medida do posible a posibilidade de que cada partido faga valoracións interesadas ou partidistas.¿ A vos parécevos normal que os políticos fagan demagoxia co reparto das axudas as entidades sociais e deportivas? A min non, e o Bng de Ribadumia ata fai un ano tampouco. As axudas deben darse en función a uns criterios obxectivos e rigorosos, sen dar pe a interpretacións ¿Teño ou non teño razón? Pois para PP e Bng non a teño. Por certo, este concelleiro, que non esquece os seus compromisos, sorprendese de que certos puntos destas bases foran aprobadas polo BNG, pois cheiran a cacicada as leguas. Quen se sae do acordo unánime a cambia de opinión con respecto ao que votou dous meses atrás non é o BNG, obviamente. Eu on me saín de ningún acordo, como xa dixen. O BNG si, obviamente.  Quen vai dando bandazos nas súas posicións será quen ten que explicalos.  Se se refiren a min eu non dou  bandazos, xa lles gustaria, non foi o meu partido o que defendeu a gritos que non se reformara a lei laboral e que habia que pagarlle o despido os traballadores a corenta dias por ano,e despois cando lle tocou aplicou os vinte dias e a plazos,  e explicacións…bueno,  xa as estades a ler. O que ten moi claro o BNG é que hai que desterrar o criterio do amiguismo ¿?. No pleno acusoume de querer cambiar un punto dos criterios das bases en función a un posicionamento de amiguismo. Por favor, lede a moción e decídeme onde fago tal cousa. Por certo, ese punto das bases o que se refería o concelleiro do Bng xa vos adianto eu que non ides topar proposta de cambio. Aparece mencionado pois foi un punto que motivou un debate e criamos necesario falar del, pero non propuxemos nada.. O que pasa é que alguén non le as mocións, pero despois saca comunicados no reparto de subvencións, Se eliminamos os criterios subxectivos e nos limitamos os obxectivos como queremos no meu grupo, nin amiguismos nin ostias quen defenda este criterio como guía das súas actuacións terá que dar as oportunas explicacións de por qué o fai. O BNG reafírmase no acordo unánime na corporación con respecto aos criterios de reparto de subvencións  Nos tamén, polo menos coa maioría deles, co que non estamos de acordo e con “como” se distribúen os puntos, pois o formato actual deixa marxe a aplicar criterios amiguistas, pois o BNG pode por exemplo darlle a máxima ou a mínima puntuación a entidade que lle pareza sen moitos problemas. E quen di o BNG di calquera grupo político. Isto non quita que o BNG non sexa receptivo a valorar calquera proposta que mellore o existente, que obviamente non é o reparto perfecto. Mais que mellore, non que empeore. Lede vos a moción e sacade conclusións, insisto, o que encontre unha sola proposta que pretenda apoiar a algunha entidade concreta por riba das outras como insinúa este concellal do Bng que por certo non leu a moción,  ou me demostre que a nosa proposta empeora as bases, convido eu a cear Por iso, somos receptivos a calquera asociación que queira contrastar con nós o actual resultado, e que queira achegarnos melloras para avanzar nun reparto de subvencións máis transparente. E xa remata. Solo me quedan dúas apreciacións con esto de ser receptivos. Non debería dicir isto pero estou algo canso xa. Este concelleiro que vos escribe  no seu dia propuxo o Bng reunirse coas asociacións e entidades de distintos eidos no nosos concello. O actual concelleiro do Bng  sostivo e sostén a teoría de que deben ser as entidades as que deben acudir o Bng cando lles pareza convinte. É un criterio, moi respectable, inda que eu non o comparto. Para min, os grupos políticos, gobernen ou non, deben buscar e manter o contacto e participar (sen politizar) no posible  con todo o tecido social do concello, e non estar esperando como o cacique de turno a que nos veñan os presidentes das entidades a pedir favores ou intercesións. Nin moito menos non mover unha uña coa escusa de que non gobernamos. Por outro lado, pero na mesma liña,  se o Bng nas pasadas eleccións se reuniu cos clubes deportivos foi gracias a insistencia deste concellal agora non adscrito e o apoio doutras persoas do Bng, algunhas agora fora dese partido, outras aínda dentro. Por iso podo entender  que agora o Bng non comparta  o posicionamento do meu grupo. Pero naquel momento asumíronse uns compromisos coas entidades coas que  nos reunimos, o Bng poderá dicir que eses eran os meus compromisos e non os do seu partido se quere e actuar en consecuencia como mellor lle pareza,  pero o que eu teño claro e que ninguén dirá de min que vou contra deses compromisos.

En calquera caso, o que o meu grupo recriminou o Bng e o PP, non foi votar en contra das mocións, foi votar en contra duns acordos os que  se había chegado anteriormente, que nos levamos a pleno vía moción, e que en todo caso podían ser discutidos no detalle.

10-03 mocion grupo convenios

10-03mocion bases entidades

Sobre as bases, desgraciadamente volverei máis adiante. Pero hoxe solo quería centrarme neste comunicado. Un saúdo.

.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Cousas de Ribadumia, cousas miñas, Uncategorized. Ligazón permanente.

2 Responses to Intereses (II) Poñendo puntos os ies.

  1. Pingback: Temas “serios” nos plenos. | ENRIQUEoubiña

  2. Pingback: Axudas a entidades 2013. | ENRIQUEoubiña

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s