Intereses

Onte mandamos os medios de prensa a nota que vos deixo aqui abaixo. Penso que non precisa máis comentarios. O final   estamos comprobando  que por un lado os intereses dos veciños non son os mesmos que os dos politicuchos que temos por aquí, que buscan vender favores e someter as entidades o seu control , manexo e intereses partidistas, en lugar de facer o seu traballo que é axudar a promoción da cultura e do deporte no noso concello, e por outro que algúns con tal de desmarcarse de min son capaces incluso de poñerse do lado do PP (en cousas nas que claramente alguen sde esquerdas non pode estar de acorodo), inda que iso signifique non solo deixar de lado os compromisos eleitorais propios, se non incluso as súas propias propostas  e os acordos acadados…. . Algúns seguen  sen saber a que andan. Terei que mandarlle unha copia do seu propio programa electoral. E outra  o PP. Se se van poñer de acordo polo menos que sepan a que andan, e o que se opoñen.

 

 

ENRIQUE OUBIÑA CRITICA A ACTITUDE DE PP E BNG DE REXEITAR AS SÚAS MOCIÓNS SOBRE AS AXUDAS A ENTIDADES E CLUBES DEPORTIVOS

As mocións tiñan por obxectivo garantir unha maior equidade e control no reparto das axudas do Concello e o PP e BNG votaron en contra das mesmas no último pleno.

 

O concelleiro non adscrito do Concello de Ribadumia, Enrique Oubiña, quere criticar a posición que adoptaron no último pleno celebrado, tanto o PP como o concelleiro do BNG, ao unir argumentos e votos para rexeitar dúas mocións presentadas por el relacionadas coas axudas que o concello concede as asociacións, entidades culturais e clubes deportivos.

 

O obxectivo que se pretendía con estas mocións eran, no caso da primeira, a modificación das bases de concesión das axudas, buscando unha maior concreción, sen deixar tanto marxe a “libre interpretación”. E no caso da outra a constitución dunha comisión integrada por todos os grupos municipais e por representantes dos clubes afectados a efectos de revisar e, de ser o caso, modificar os acordos e convenios de colaboración existentes entre os clubes e o Concello; esta moción buscaba aportar luz e taquígrafos a uns convenios que están a causar diferenzas de interpretación entre os clubes – asociacións e o propio Concello.

 

Non deixa de ser curioso comprobar como no último ano non se puideron aplicar as bases, por “por non estar adaptadas a realidade”, chegando a un acordo entre todos os grupos para o reparto das subvencións aos clubes coa condición de que se revisarían estas bases e agora non queiran cumprilo, será que prefiren que as axudas as entidades sexan vistas “como un favor que lle fan os concelleiros” e non como unha adxudicación perfectamente reglada e equitativa.

 

Por outra banda, tampouco se entende porque se rexeita unha moción que solicita unha maior participación e transparencia neste eido, coa participación dos representantes dos clubes e asociacións na toma das decisións que lles atinxen, sobre todo por parte dun grupo político que entre as propostas do seu programa eleitoral tiñan a da constitución dun consello local do deporte con presenza dos propios clubes, será que ao marchar algúns tamén se levaron con eles as ideas e propostas….

 

Enrique Oubiña non entende porque se rexeitan cuestións como que se teñan en conta para o reparto das axudas o número de fichas federativas dos clubes ou se teñen adestradores titulados, ou que se establezan puntuacións concretas en función da duración das accións ou o numero de participantes nas mesmas e non un “ábanico de 0 a 10 puntos”  a “libre eleición” dos que outorgan as axudas.

 

En palabras de Enrique Oubiña  “está visto que a algúns partidos e concelleiros molestalles que outros fagan o traballo que debían ou quedaron de facer eles e por eso unen intereses en contra…”. Nada vai impedir que este concelleiro continúe a defender unha maior equidade e transparencia no reparto das axudas do concello de Ribadumia.

 

En Ribadumia, 1 de febreiro de 2013.

 

Esta entrada foi publicada en Cousas de Ribadumia. Ligazón permanente.

1 Response to Intereses

  1. Pingback: Axudas a entidades 2013. | ENRIQUEoubiña

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s