WERTGOÑA

wert-sesion-control-644x3621

LOMCE=WERTGOÑA

Cando esa vergoña de ministro de educación que nos puxo Rajoy se sacou do caixón ese de “Leyes del Opus”  que parece ter no despacho a nova lei educativa, o primeiro que pasou foi que os cataláns e o vascos ( e tamén os galegos, inda que non sei porque nos medios non se notou tanto) puxeron o grito no ceo, máis aínda cando o ministro se lle ocorreu aquilo de “españolizar a los catalanes”. Así, os medios de comunicación  déronnos a impresión de que o único problema da lei era un problema dos nacionalistas e de cantas horas ou materias se impartían en galego. Pero non era solo iso. Nin moito menos.

Eu a dia de hoxe non teño fillos, pero teño interes en saber como se educan as persoas deste país (por se algún dia se me ocorre ser pai).  Pois ben, durante a pasada campaña electoral autonómica, participando dos mitins  tiven o pracer de compartir mesa e actos, entre outras grandes persoas, con Narda, que  é mestra, e insistía moito cada vez que falaba en publico do gran problema da LOMCE e do que ia significar para o futuro dos nenos.  Interesoume o asunto,  puxenme o choio, e busquei a información que agora comparto con vos.

Para empezar está o problema das linguas.  Ata agora o galego e o castelán tiñan o mesmo peso no ensino, algo por certo recollido  na constitución española:

( Artículo 3.2. Las demás lenguas españolas serán también oficiales en las respectivas Comunidades Autónomas de acuerdo con sus Estatutos..3. La riqueza de las distintas modalidades lingüísticas de España es un patrimonio cultural que será objeto de especial respeto y protección.).

A partires de agora o galego deixara de ser una materia “troncal” e pasara a ser “de especialidad”, o cal significa redución de horas de ensino.

Este é o primeiro problema, grave para a nosa cultura (inda que a realidade é que por  moito galego que se ensine nas escolas, se os pais non queren que os seus fillos falen a diario a lingua do seu pobo, e se encirran  en educalos en castelán, pouco se pode facer). Pero a lei agocha máis cousas, e moito máis graves:

O  contrario que ata o de agora, a relixión será avaliable e contara para facer a media das notas. Este punto da lei bate de fronte coa constitución española, que di o seguinte:

Artículo 16.3. Ninguna confesión tendrá carácter estatal. Los poderes públicos tendrán en cuenta las creencias religiosas de la sociedad española y mantendrán las consiguientes relaciones de cooperación con la Iglesia Católica y las demás confesiones.

Artículo 27. 3.-Los poderes públicos garantizan el derecho que asiste a los padres para que sus hijos reciban la formación religiosa y moral que esté de acuerdo con sus propias convicciones.

Para comezar, se unha relixión non ten carácter estatal (nun estado ademais declarado laico) non se pode ensinar nos colexios estatais, e menos aínda pasando por riba das outras relixións, que non se van ensinar. Ademais, iso de que a relixión sexa un punto de valoración para as notas dos nenos significa que aqueles que non se saiban  os mandamentos e o credo e todas esas cousas van ter menos nivel que outros compañeiros por moito que no resto de materias estean o mesmo nivel ou incluso por enriba. Vamos, que ou facedes monaguillos ós nenos ou levádelo claro.

Porque  o seguinte punto son as revalidas.  Eu contei cinco:

  1. Proba en 3º de Primaria. Que Se non se aproba pódese repetir curso
  2. Proba en 6º de Primaria. De carácter informativo.
  3. Proba en 3º de ESO.  De carácter informativo.
  4. Proba en 4º. Hai que aprobala para obter o título de graduado en ESO e tamén para acceder ao Bacharelato e a FP de Grao Medio.
  5. Reválida ao acabar o bacharelato. Hai que aprobala para ter o título

Mirade a cantidade de probas as que van someter os vosos fillos.  A infancia acabase aquí  para pasar a ser éxame detras de éxame, proba detras de proba… e pobriño do que non estea a altura. Os vosos fillos van deixar xa  dende nenos de ser precisamente eso: nenos,  e de ter todos as mesmas oportunidades.

Todas estas probas veñen dende Madrid, o cal sumado os cambios aplicados as linguas cooficiais e que a porcentaxe de materias que queda a elección das autonomías baixa , dun 45% a un 35%, significa que se recentraliza o sistema educativo, deixando de lado as competencias que ata o de agora tiñan as autonomías (e que lle correspondería por iso que chamamos estado das autonomias) toda unha alegría para o vago de  Feijoo que así terá que traballar aínda menos,  para o conselleiro de educación, ese tal Jesús Vázquez (o da tele non, outro, o que non fai nada)  polo mesmo, e para esa manda de impresentables de Galicia Bilingüe, porque eses queren ser de Madrid  y chic sen saír de Sanjenjo, e así pensan que o van conseguir.

Hai máis cousas. No segundo ciclo métenlles os alumnos un cuarto curso preparatorio, de tal maneira que xa dende nenos deben escoller se van facer unha FP ou un bacharelato.

Isto que parece unha tonteria por si mesmo,  non o é. Recapitulemos:

– en primeiro lugar hai que ser bo católico para ter boas notas (se non para o grupo b),

– en segundo aprobar as revalidas(se non para o grupo b),

– en terceiro valorar se valemos para un bacharelato ou se somos uns burros e temos que irnos a unha F.P.  (a F.P. non ten nada de malo, todo o contrario, é unha opción de labrarse un futuro moi válida, pero o  meu entender esa decisión a debería tomar o neno cando tomase conciencia do que se lle da mellor ou peor, ou do que lle gustaría chegar a ser na súa vida, e non cando anda aínda pintando os trompos de colores co rotula,  ).

O que se consegue con todo isto e que dende nenos nos están dividindo os fillos en dúas categorías: os bos e los malos (ou listos e tontos se o preferides).

E por se era pouco aparece a posibilidade de crear centros de excelencia, para os alumnos avantaxados, co cal se van a crear guetos e centros educativos de segunda categoría (e favorecer claramente os centros privados). Unha barbaridade en toda regra.

Pero por se non chegara, ademais os directores van pasar a ser amos e señores dos centros educativos, podendo escoller eles o profesorado según o seu propio criterio.

Xa sabedes en que país vivimos, o clientelismo que existe…pois agora imaxinade simplemente que no colexio dos vosos fillos vos cae un director do  “Opus Dei”,  e este director escolle os mestres do centro según o seu criterio, ou senon  pensade un director que é cerrado o franquismo, dos que lle celebran o cabo de ano o Generalisimo ( que os hai), ou simplemente un fillo ou irman do cacique de turno. Vos imaxinadeo…

Admítese a segregación por sexos nos centros concertados, algo que ata agora non estaba permitido, a pesar de facerse.

Isto así en resume foi o máis gordo que eu saquei  de navegar, preguntar e  e buscarme a vida por ahí.

Se vos fixades toda esta reforma educativa non ten que  ver apenas coas materias impartidas. Non se fala en ningún  momento de mellorar a calidade do ensino, nin por suposto propón nada nese sentido (aprender relixión non nos prepara para ningún futuro salvo o de curas ou monxas) . Nada diso, falase de segregar, de dividir os alumnos en función das súas supostas cualidades eliminando o dereito a igualdade de oportunidades,  falase de catolizar os nenos, de españolizalos..

Esta non e unha reforma educativa.

É UNHA REFORMA IDEOLOXICA,  que nos leva de volta os anos cincuenta, o ultradereitismo mais duro e rancio. O próximo avance educativo a este paso para os nenos será cantar o cara el sol polas mañas o entrar no cole, porque o de rezar xa lles vai tocar.

Déixovos un enlace que encontrei cunha comparativa entre a lei actual e a que nos quere impoñer o PP. Por se vos interesa saber que educación van recibir os vosos fillos máis polo miúdo. E xa vos digo eu que vos interesa e moito.

http://www2.fe.ccoo.es/andalucia/docu/p5sd9631.pdf

Esta entrada foi publicada en politica xeral. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s