Hoxe entreguei no concello o escrito que vos deixo máis abaixo.
Nel faise referencia a unha situación que se esta dando que é unha vergoña descomunal para o noso concello.
Non consigo entender como un equipo de goberno organiza un concurso con premios económicos, ademais de comprometer unhas cantidades a parte para animar a que os grupos montasen a carrozas, sen saber se vai poder pagar as cantidades que compromete.
Pero se vos digo a verdade neste caso dubido moito que sexa un problema de fondos, menos nun concello como o noso, que según Salome Peña é un concello rico e tamén según ela, inda que nesto quedase bastante sola, estupendamente xestionado.
O que si é un problema de deixadez, de incompetencia, e de desprezo da nosa alcaldesa cara os seus veciños e veciñas, pois o normal en calquera concello ou entidade organizadora minimamente decente é pagar os premios no momento da entrega, ou no caso de ter que facelo vía transferencia bancaria, no dia seguinte.
E o feito que nunha das carrozas participase unha das concelleiras do Partido Popular, obviando inda por riba esa norma básica que di que quen participa no pago ou organización dun concurso non debería participar, máis que ridículo e avergóñante, é xa digno dun dos esperpentos que tanto lle gustaban escribir a Valle-Inclan.
¿Pero sabedes o máis triste? Os pais que prepararon algunha das carrozas premiadas habíanlle prometido os seus nenos gastar eses cartos nalgunha actividade para eles. E os nenos evidentemente estaban ilusionados. Pero iso a nosa alcaldesa evidentemente non lle importa, e a concelleira polo visto tampouco.
En fin, déixovos o enlace a paxina do concello onde se anunciou o concurso e os premios, xunto o escrito que presentamos no concello.
http://www.ribadumia.org/index.php?idMenu=5&int1=1655