Este xoves debatemos os orzamentos no pleno, entre outras cousas das que xa vos falarei.
O de “debate” digo por dicir algo, pois Salome nun alarde de (anti)cultura democrática, non nos permitiu máis que unha rolda de palabra, así que xa vos podedes imaxinar que debate máis ben pouco. Polo tanto, o que vou facer vai ser contarvos un pouco como se posicionaron os outros grupos (psoe e bng), o noso posicionamento, as nosas propostas que o PP nin sequera valorou, e vos concluídes. Non é o mesmo que estar alí e escoitar as burradas que di algún e algunha en directo, pero daravos unha idea de como foi.
O final deste artigo, como estou seguro de que moitos de vos na vosa vida mirachedes uns orzamentos municipais, déixovos unha copia do borrador aprobado onte. Explica moito mellor que ningunha nota de prensa en que se van gastar os cartos.
Isto sempre comeza igual. primeiro a alcaldesa presenta e fai propaganda dos orzamentos. Logo falamos os da oposición. Como son concelleiro non adscrito tócame falar de último. O normal é que para cando me dan a palabra, os outros grupos, Psoe e Bng, haxan expresado moitas ideas coas que eu, sendo de esquerdas, obviamente concordo, e me aforren discurso, pois non son amigo de repetirme salvo cando o vexo necesario. Cousas que se aprenden da cultura asemblearia.
Neste caso, a verdade é que os outros dous grupos limitáronse a facer unha valoración simplista, máis ideolóxica que practica, insistindo no de sempre (os orzamentos tamén son o de sempre) pero sen aportar nada practico, nin moito menos propostas. . Bueno, o Bng a falta de propostas propias (salvo a “horta urbana”, idea que no seu dia nos apoiamos pero que como proposta orzamentaria quedou o meu parecer algo sosa), votou de menos as propostas do PP.
Esta maneira de proceder do Psoe e do Bng supoño eu que esta algo motivada polo canso que resulta debater cun partido que se nega a aceptar calquera tipo de razoamento que non sexa o propio.
En resumo, os dous grupos están de acordo (e nos tamén) en que o gasto corrente esta descontrolado, e que se aplican poucos fondos a temas sociais.
E con estas poucas verbas que o din todo chegamos a miña quenda de palabra.
O primeiro foi chamar a atención pola diminución nos ingresos procedentes da Xunta de Galicia para cuestións sociais :
-20.000 € menos para o Fondo de Cooperación Local.
-Plan Concertado de Serv. Sociais que pasa de 30.000 a 15.012 €, que non chegan nin para abonar a metade do soldo da Traballadora Social (A Deputación, na liña que ven mantendo ultimamente de gobernalo todo, aporta outros 13.000 euros, pero senón non sei como tería Salomé pensado sacar isto adiante.).
O final, o mais sorprendente é que a nosa alcaldesa traga cos recortes da Xunta de Galicia sen dicir nin mu, esa mesma alcaldesa que cando gobernaba o bipartito se fartaba a facer pancartismo e a protestar.
Convén que vos, en especial os que votades o PP, fagades unha reflexión seria, porque estades apoiando a un partido que da cartos a banca a mansalva, mentres a vós vos recortan os vosos dereitos, levándovos camiño da caridade.
¿De verdade queredes ver os vosos fillos pedindo para comer na porta do concello?
Entrando nos gastos puxemos de relevancia varias cousas:
-prevense 85.000 euros de gastos da gardería que ten a xestión privatizada. Estes cartos van destinados a pagar o porcentaxe que se lle rebaixa a algunhas familias na factura da gardería. Isto deixa en evidencia algo que nos xa habíamos dito, que privatizar a gardería era tirar cartos dos veciños. Porque o final o concello faise cargo economicamente de case todos os gastos, ben sexa porque obriga a lei ben sexa porque o contrato coa empresa que leva a gardería o marca así, mentres que a empresa adxudicataria se limita a cobrar..
Aquí volvinlle insistir, xa que falabamos de orzamentos, en que unha boa xestión pasa por non privatizar servizos que dende o concello se poden asumir aforrando cartos, e pasa por nos casos de privatización facer as cousas ben e non sacar contratos que protexen a empresa adxudicataria en lugar de protexer os intereses dos veciños.
-Prevense 10.000 € de gastos de empresas alleas (modificación puntual e informes) . Na comisión informarón que era para a modificación puntual do PXOM feita o ano pasado, mais outra que se vai facer.
O final o que estamos comprobando é que en lugar de facer o prometido en campaña (elaborar un PXOM novo), o PP estase dedicando a facer reformas puntuais onde lle parece e seguindo criterios nalgúns casos máis que discutibles, favorecendo moitas veces a amigotes seus claro, gastando cartos un ano detrás do outro, que o final acabaran supoñendo un gasto moito maior que si se fixera un novo PXOM dunha sola vez.
Se isto e o que o PP chama boa xestión a min dáme a risa.
OS GASTOS CORRENTES DO CONCELLO VOLTAN A SUBIR 173.000 € , DE 1.078.000 A 1.251.245.
Isto é o que o PP chama “contención do gasto”. Alguén debería explicarlle (eu intenteino, pero non me escoitan), que a contención do gasto significa gastar menos, e falando duns orzamentos, gastar menos en facturas e dedicar cartos as inversións.
Puxen de relevancia algúns puntos.
– Gastos de protocolo pasan do ano pasado a este, de 1000€ a 3000€, e a min gustaríame saber cal e o motivo, pois este é dende o noso punto de vista un concello moi pequeno para ter que asumir moito gasto protocolario. A resposta estamos aínda agardando por ela, pero como Salome comece a gastarse modelitos como os da redeira esa que goberna Sanxenxo, ou a pagarse a perruquería a conta de todos os veciños, de verdade que non saberei como reaccionar, se rindo ou chorando..seguramente enfurecéndome. En calquera caso pediremos contas de en que se gasta ata o ultimo céntimo.
– O gasto en enerxía eléctrica no seu conxunto suma 185.000 euros, mais de trinta millóns de pesetas. Os que hai que sumar os 25000€ de gastos de mantemento. En total 210.000€.
Pagamos máis de luz que todas as políticas sociais culturais e deportivas xuntas.
Entendemos que temos moitas instalacións, e entendemos que algunhas delas se levan moita luz, e que gracias o PP que foi quen creou o sistema de tarificación a luz cada ano sube un mundo, pero eu deixeillo claro:
temos moitas dubidas de que as medidas de aforro enerxético que se están aplicando e que nos costan cartos estean dando un resultado óptimo.
A nos parécenos que a xestión neste sentido non esta sendo correcta, máis logo de comprobar que o PP non ten datos concretos do resultado das medidas de aforro, e xa llo dixen na comisión e repetinllo no pleno, este concello debe poñer atención neste tema e ver que esta ocorrendo, se nos compensan as medidas que estamos tomando ou se son necesarias tomar outras medidas. Pero claro, faládelle vos o PP de traballar. De ir de fúranchos si, pero de traballar….
– Tamén chama moito a atención o gasto en telefonía. Falamos de mais de 20.000€. A ese respecto vou solicitar o concello unha relación da facturación do ano pasado antes de entrar en mais discusión, pero expresei o mesmo que dixen co asunto da enerxía eléctrica. Hai gastos que deben ser revisados a conciencia.
– Polo que corresponde a deporte e cultura. Vinme obrigado a expresar que é unha obriga do concello promover adecuadamente ambas cousas, e ademais indo moito máis aló de darlle axudas a asociacións e entidades. (Había por certo unha moción que camiñaba un pouco nese sentido presentada por nos, pero xa falarei deso)
E en calquera caso dende o noso punto de vista un concello que gasta mais en promover os deportes que a cultura, e un concello moi mal xestionado.
– A partida de investimentos globais baixa en 30.000 € (según o PP, isto é “contención do gasto”, pa morrer coa risa), unha mostra máis do mal que se están a facer as cousas, pois o final temos uns orzamentos que calquera administrativo con medio titulo,cego dun ollo e cun brazo atado as costas podería redactar, porque este documento non son uns orzamentos , son unha listaxe de facturas.
O pago de facturas por certo e máis da metade do orzamento. Inaceptable.
Isto en canto a valoración dos orzamentos.
Pero nos non nos limitamos a valorar o documento. Nos, que ademais fomos o único grupo que o fixo, tamén aportamos propostas. Cinco concretamente. Tres na comisión, que non foron tidas en conta e que volvín propoñer no pleno porque nos parecían imprescindibles para o concello, e dúas mais, logo de recoller un par de datos (para que logo digan que non aportamos nada).
Na comisión deixei constancia de que non había nestes orzamentos, o igual que nos do anos pasado, unha sola partida para a loita contra o paro.
Neste sentido, nos propuxemos que se incluíran partidas para aplicar políticas de loita contra o desemprego e para impulsar o arranque da economía no noso concello. En concreto fixemos tres propostas:
– PARTIDA DE INVESTIMENTO PARA ACONDICIONAR AS PARCELAS DO POLÍGINO VACIAS E POÑELAS A DISPOSICIÓN DE EMPRESAS.
A contestación do PP na comisión foi que o concello non ten parcelas no polígono. E cando lles preguntei se non era posible recuperar parecelas valeiras ou sen uso (que sabemos de sobra que si o é porque o propio contrato de venda das parcelas así o estipula) , a contestación de Salomé foi que iso xa estaba facendo coas parcelas de Núñez Reboredo.
Paréceme moi ben.
Pero a realidade e que nese polígono hai mais parcelas sen uso que o concello podería recuperar, por poñer unicamente un exemplo, as de Obexcar que están valeiras. Claro, hai que querer.
Xa dixen isto o ano pasado, pero no PP seguen sen mover un dedo. E sen un goberno competente, que saiba facer as cousas, que facilite terreos a empresas para que se instalen e creen postos de traballo, vai ser moi difícil que as persoas que viven aquí e que o están pasando mal encontren unha saída laboral os seus problemas.
– PARTIDA PARA O FOMENTO AO AUTOEMPREGO (AUTONOMOS).
Hai moitas maneiras de fomentar o autoemprego.
O do PP, que gobernan Ribadumia, preguntáronme a min como facelo.Descojoneime da risa literalmente.
E incrible que un equipo de goberno non teña nin idea de cómo fomentar o autoemprego no concello, nin de que medidas tomar para axudar as persoas que o desexen a crear a súa empresa.
Se iso non e ser incompetentes non imaxino que pode ser.
O que lles dixen, e vos diredes se teño razón , e que eles, con toda a estrutura que teñen detrás, incluído un presidente de dunha deputación, se non saben facer o seu traballo ó mando do concello, e lles vou ter que dicir eu que facer, entón mellor é que se vaian para a casa e me deixen de alcalde a min que esta claro, visto que non teñen nin idea, que valgo máis que todos eles xuntos, que polo menos sei o que hai que facer. Na comisión ríanse moito, non sei de que, onte tiveron algo mais de vergoña. Pero solo iso, vergoña e vista no papel, solución, ningunha.
O que fai falta antes de nada e vontade. E nos aportamos a nosa. Propuxémoslles que nos orzamentos crearan unha partida para este tema sen especificar mais, da mesma maneira que poñen unha partida de 185.000€ para varias obras que non saben canto van custar, e propuxemoslles que se despois non sabían como facer non pasaba nada, o noso grupo estaría disposto a traballar nese asunto con eles. Creábase unha comisión (eu incluso propuxen sen cobrar, igual foi ese o fallo), e estudamos as opcións e solucións a tomar. Pero non hai vontade.
-PARTIDA PARA AXUDA E ASESORAMENTO AO TRABALLO NO RURAL (HORTA E VIÑO).
Na comisión puxen de exemplo accións formativas, pero hai máis cousas que se poden facer. Aquí visto o percal, si lles puxen un exemplo. E expliqueilles que simplemente poñendo no concello un asesor que mostrara, a quen estivera interesado, as posibilidades que hai de novas vías de negocio relacionadas co agro, asesorase en temas cooperativistas, organizase visitas a empresas existentes para que as persoas viran as posibilidades, etc, … solo con iso, xa estariamos abrindo portas a moitas persoas que están casa, sen traballo, mirando para un anaco de terra pero sen saber que facer con el.
Explicar expliqueino….pero perdín o tempo. Se non falamos de campos de fútbol ou farolas, ou algo que leve cemento, estes non queren saber nada.
Tamén fixemos unha proposta en asuntos sociais.
O grupo de goberno local do PP prevé manter os servizos sociais nos niveis do ano pasado. O que parece ignorar é o aumento da demanda destes servizos, en especial no que respecta a emerxencia social, e que este ano vai seguir aumentando.
Este concello, repito continuamente, non pode dar as costas os seus veciños, e menos en tempos difíciles. A nos non nos parece de recibo que un concello que ten o morro de gastarse 426.000 de todos nos en comprar unha pouca terra para cumprir o capricho dun club de fútbol, non sexa capaz no eido social de estar a altura é aumentar a inversión dedicada a atender das persoas que están pasando momentos difíciles. Por certo, atender non é solo dar de comer, é moito máis que iso.
Dende logo, cando comezamos a gobernar para clubs de fútbol en lugar de para os cidadáns, dámoslle a razón os que din que os políticos son todos iguais e solo queren o beneficio propio, e aguantar o sillón quente.
En calquera caso, xa na comisión tiña unha proposta neste sentido, que non presentei a espera dun dato, que era saber canto había aumentado o numero de persoas que piden asistencia social, e resulta que se duplicou, e segue aumentando cada semana que pasa.
A proposta era que se aumenten os gastos en asuntos sociais para poder garantir que todos os veciños e veciñas teñan as súas necesidades básicas cubertas, e non ter de paso que pasar a vergoña allea de ver a nosa alcaldesa saíndo nos medios pedindo mantas. Volvemos perder o tempo, para o PP iso dos asuntos sociais e mandar os pobres a caritas e pouco máis, e con esa mentalidade estreita non hai que facer.
A última proposta era relativa a base 8 dos orzamentos.. (algo un pouco tecnico)
Nun dos puntos da base oitava di en referencia a autorización e disposición ou compromiso de gastos que lle corresponden a alcaldía:
– Os que sexan destinados para contratación de obras, servizos e suministros, no cal a duración non exceda o periodo dun ano nin precisen créditos superiores ós consignados no presuposto.
Isto na practica significa, e explícoo cun exemplo, que se tomamos unha partida existente de 185.000€ para varias obras, e a Salome lle parece ben gastalo todo nunha obra soamente, podería sen problema nin ter que pasar polo pleno, ou incluso podería usar eses 185000€ en outra cousa, sen necesidade de que pasara por pleno municipal. De feito podería darlle a volta as inversións en calquera momento sen dar explicación ningunha (no do campo de fútbol no lle quedou mais remedio porque se saia do orzamentado).
Efectivamente, o luns aclaráronme que isto viña estipulado por lei, o que se lles esqueceu dicirme e que o pleno esta capacitado para meter limites neste punto, como os que tiña un par de lexislaturas atrás.
A nosa proposta foi que neste punto se metera unha cláusula para que esas capacidades da alcaldesa tiveran un limite de 6000€. Isto o PP non lle suporía nada, pois goberna coa maioría absoluta, solo que as obras ou gastos maiores desa cifra terían que pasar polo pleno, de tal xeito que todos nos enterariamos e a claridade do que se esta facendo cos cartos de todos os veciños sería maior. Outra perda de tempo. A Salomé cando anos atrás lle tocou render contas do que facía non lle debeu gustar, que non quere nin oír falar do asunto.
Esta foi a miña exposición no pleno. A contestación da alcaldesa foi obviar as nosa propostas, volver a pedirme que lle explicase eu a ela que medidas tomar para apoiar o autoemprego, criticar que non se fixeran propostas (as miñas cinco non contan porque eran propostas serias) e pouco máis. Claro, pedir pediu moito, e falar falou moito tamén, pero logo non deixou contestar, así que tivemos eu conformarnos con votar. Por suposto opuxémonos por que apoiar estes orzamentos seria darlle a razón a un partido que gasta millóns en terra pero non gasta un euro en axudar as persoas deste concello e os están pasando mal, mais aló da esmola.