Esta maña enviamos a prensa esta nota que vos deixo aqui colgada. O paro no noso concello disparouse ata os 637 parados. A Salomé fai quince dias que lle ofrecemos colaboración neste tema, logo de que no pleno declararan que no PP non sabían que facer nin que medidas tomar (manda carallo con estes gobernantes que temos no concello. Calcadiños os que temos en Madrid). Rexeitaron o noso ofrecemento igual que rexeitaron as nosas propostas. Pero nos insistimos.
ENRIQUE OUBIÑA ESIXE A SALOMÉ PEÑA QUE TOME MEDIDAS A VISTA DO INCREMENTO DO PARO EN RIBADUMIA
Critica que non se tiveran en conta as súas aportacións nese sentido aos Orzamentos, en vez de “despilfarrar” diñeiro.
A vista da publicación dos últimos datos relativos ao paro, concretamente os correspondentes a comarca do Salnés, nos que a porcentaxe de parados situase xa nun 30%, e que no Concello de Ribadumia se disparou ata case os 640 parados, resulta evidente que o desemprego é hoxe o principal problema de moitas familias e veciños, e por iso é unha obriga das administracións facer todo o posible para reactivar a economía e con elo a creación de emprego.
Estas cifras de paro demostran unha realidade moi distinta a que nos queren vender os alcaldes do Partido Popular, e esta claro que o Salnés e o “paraíso terreal” do emprego, e tampouco parece que a acción do “primo de zumosol” da Deputación faga que en Ribadumia a situación sexa distinta aos demais, porque no Concello dos semáforos e das estatuas nas rotondas tamén hai 640 persoas buscando emprego.
Esta situación é a que nos leva a criticar a inoperatividade e falta de iniciativa e capacidade de reacción de Salomé Peña e do seu grupo de goberno para facerlle fronte os problemas que realmente acucian as persoas que viven noso noso Concello. Proba desto foi a “aprobación duns orzamentos que non destinan ningunha partida a políticas de emprego, nin de impulso o consumo, ou que sairá na prensa presumindo e gabándose da cantidade de persoas as que dou axuda Caritas o ano pasado, no canto de lamentarse que haxa persoas que se vexan obrigadas acudir os servizos sociais”.
Lembramos que no debate dos orzamentos, Enrique Oubiña presentou ante esta falta de ideas dos populares, varias propostas destinadas a incentivar a creación de emprego, e o Partido Popular rexeitounas logo sen explicación”. Entre estas propostas estaban por exemplo:
– Recuperar e acondicionar os terreos do polígono que están sen actividade para ofertalos a empresas que queiran instalarse e crear emprego.
– Liña de subvencións para persoas que accedan ao autoemprego – autónomos.
– Creación dun servizo de asesoramento para o emprego nas actividades agrarias – vitivinicolas (alta na agraria, comercialización de productos, novos cultivos, …)
Os cidadáns non entenden como un Concello pode estragar os seus cartos gastando a frioleira de máis de 420.000 euros para mercar terreos urbanizables e destinalos a facer un campo de fútbol totalmente innecesario ou enviando un almanaque a cada domicilio, e logo non plantexe nada, nin unha soa medida para loitar contra o desemprego e por encima nin sequera acepte as ofertas feitas dende o noso grupo para reunirse, traballar e impulsar medidas que tenten dar a volta ou cando menos poñer freo, a situación de paro ascendente que esta a sufrir o noso concello.
O mesmo se pode aplicar a Deputación de Pontevedra, que polo visto prefire gastarse máis de 10 millóns de euros en facer hoteis-pousadas en vez de apoiar medidas destinadas a creación ou mantemento do emprego.
Enrique Oubiña reitéralle ao PP a súa oferta, dada a súa incapacidade, manifesta e declarada no pasado pleno municipal, para sentarse e analizar posibles medidas para axuda a creación de emprego no Concello de Ribadumia, “non nos van caer os aneis por sentarnos co partido que goberna e buscar saídas en común para os problemas dos nosos veciños”.
En Barrantes, a 8 de Febreiro de 2013