Non chega con andar de paseo .

   Esta semana miramos na prensa a nova de que o candidato local do Partido Popular, foi de visita a xunto o Conselleiro de Medio Rural. Parece ser que foi alá a contarlle o que o Conselleiro xa sabe, que o proceso de concentración parcelaria  de Lois- Montes de Ribadumia vai moi lento. Ata aquí todo normal. Tamén foi bastante normal, para a nosa desgracia,  a resposta que recibiu o señor Vázquez, que ven a ser a que outros recibiron antes e volveran recibir, e que se resume nunha celebre frase do señor Aznar: “estamos trabajando en ello”. Ou sexa: todo sigue e vai seguir igual.

   O PP local insiste en querer facerse o interesante, e tenta aparentar que é a vía para solventar as nosas problemáticas pero, como no caso dos problemas do noso centro de saúde cando a antecesora do señor Vázquez foi correndo a facerse unha foto co xerente do EOXI do Salnés-Pontevedra,  obvia o máis evidente, que é aportar as solucións aos problemas.

    Benquerido Martín, non chega con ir de paseo e facerse unha foto chula nun despacho. Hai que solucionar.

  E a realidade é que vos, que presumides de ter o apoio do voso partido, resulta que conseguides a foto e moita boa predisposición, pero ningunha solución. Pois para iso non nos facedes falta, e sería bo que se non sodes capaces de lograr resultados, cando menos non fixerades perder o tempo á xente e que deixarades de mentir,  enganar e asumir compromisos que non podedes cumprir.

   Tamén podiades ser políticos competentes, mostrar algo de interese real polos problemas da nosa veciñanza, e asumir que este tipo de cuestións solo se solucionan sumando forzas, e exercendo presión conxunta. Seguramente se en lugar de pasear e facer fotos pola vosa conta, optarades por traballar en conxunto con outras forzas, entre todos poderiamos conseguir bastante máis. Neste aspecto, a miña porta sempre estivo e estará aberta.

Esta entrada foi publicada en Cousas de Ribadumia. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s